JUAN SABORIDO «NENO» IMPONSE EN FERROL

O ciclista cesureño, Juan Saborido «Neno», impúxose este domingo no 5º Trofeo de Ciclocroos de Ferrol na que era a 3ª proba da Copa Galícia de Ciclocroos logo dunha carreira moi igualada onde a experiencia do cesureño, que corre na categoria de mais nível da copa Galícia, a master 40, resultou decisiva.
Unha magoa a avería na primeira proba da tempada en Marín cando lideraba a carreira, pois ca victoria do domingo e o 4° posto na 2ª proba da Copa celebrada no Valle de Esmelle, tamén en Ferrol, estaría entre os mellores da xeral da Copa Galícia, xeral por suposto que non está descartada pois restan todavía 13 carreiras.

Sinalar tamén o bo papel de Pepe Barreiro «Picafolla», lembremos top 10 en varios campeonatos de España, que tras unha mala saída, tivo que remontar e correr a remolque toda a carreira e que dou entrado entre os 20 primeiros nunha carreira na que participan 70 ciclistas.
Por outra banda dicir que rematou a tempada de carretera ca proba organazida polo Club Ciclista Padronés onde J. Luis Liñares «Gulli» quedou a nada do podium ao rematar na 4ª posición.

 

CORTE NO SUBMINISTRO DE AUGA PARA MA?ÁN 27 DE SETEMBRO NA ZONA DE CARREIRAS.

SERVIZO MUNICIPAL DE AUGAS

AVISO

Mañán M?RCORES 27 DE SETEMBRO procederáse a un corte no subministro de auga potable, debido a obras de mellora na rede de abastecemento. As zonas afectadas polo corte serán as seguintes:

  • CARREIRAS (So a área do lavadoiro).
  • O COUTO.

O tempo aproximado do corte no suministro de auga será dende as 9.00 ás 12.30 horas. Recomendase aos veciños destas zonas que fagan acopio de auga para dispoñer da mesma no devandito horario.

Reordenación dos accesos ó colexio CPI DE PONTECESURES

No día de hoxe comezaron as ??Obras de mellora da seguridade viaria en diversos viais municipais?. O Concello de Pontecesures pretende levar a cabo unha actuación integral de mellora da seguridade viaria en un número importante de camiños e rúas municipais (Regadío, Ensanche, Barosa, San Lois, Rial, Carreiras, Carlos Maside e Calera),  así como a reordenación do tráfico no entorno do colexio (Rúa Borobó e Rúa Avelino Pousa Antelo), coa finalidade de mellorar tanto a seguridade como a fluidez do tráfico en horario de entrada e saída do colexio.

Estas obras foron adxudicadas á empresa N.O.S.A. cun presuposto de 48.805,03? financiado polo Plan Concellos 2017 da Deputación de Pontevedra.

A actuación integral trátase dunha actuación sinxela, na que únicamente se prevé executar uns redutores de velocidade realizados con aglomerado asfáltico (previo fresado parcial da zona de actuación), coñecidos como lombos de asno, de 1,80 metros de largo, sinalizados con pintura viaria e sinalización vertical ao inicio das rúas ou camiños.

A reordenación na zona do colexio que se realizará nunhas rúas urbanas (Rúa Borobó e Rúa Avelino Pousa Antelo) que actualmente contan con dobre sentido e pouco aparcamento, consistirá en  reordenar o tráfico deixando o tramo no que se actúa (desde a biblioteca ata a rúa Ullán) dun único sentido, aumentando as prazas de aparcamento que darán servizo tanto ao colexio como ao centro de saúde, a biblioteca e o club xuvenil, reservando zonas para parcamente de persoas con mobilidade reducida, ambulancias e buses, todo isto mediante sinalización horizontal e vertical, e mediante a instalación de bolardos flexibles para protexer a circulación de peóns nas zonas de plataforma única. Tamén se reformará un paso de peóns existente fronte ao colexio, para elevalo e facelo accesible, ao tempo que funcione como redutor de velocidade, e se substituirá un tramo de 43 x 2,60 metros de pavimento en mal estado na zona de aparcamento diante da escola infantil.

Ante a realización destas obras e as conseguintes dificultades iniciais dos conductores para a adaptación ós novos sentidos das rúas, o equipo de goberno solicita a máxima comprensión polas molestias xeradas.

PLANO DESTA REORDENACI?N EN ARQUIVO PDF

CORTE NO SUBMINISTRO DE AUGA EN CARREIRAS E NO COUTO PARA O XOVES 7 DE SETEMBRO.

SERVIZO MUNICIPAL DE AUGAS

AVISO

Mañán XOVES 7 DE SETEMBRO procederáse a un corte no subministro de auga potable, debido a obras de mellora na rede de abastecemento. As zonas afectadas polo corte serán as seguintes:

  • CARREIRAS (So a área do lavadoiro).
  • O COUTO.

O tempo aproximado do corte no suministro de auga será dende as 9.00 ás 12.30 horas. Recomendase aos veciños destas zonas que fagan acopio de auga para dispoñer da mesma no devandito horario.

CORTE NO SUBMINISTRO DE AUGAS.

SERVIZO MUNICIPAL DE AUGAS

AVISO

Mañán martes 22 de agosto procederáse a un corte no subministro de auga potable, debido a obras de mellora na rede de abastecemento. As zonas afectadas polo corte serán as seguintes:

  • PISTA DA BAROSA.
  • CARREIRAS.
  • A TOXA.
  • ZONA DO CRUCEIRO DE CARREIRAS.

O tempo aproximado do corte no suministro de auga será dende as 9.00 ás 13.30 horas. Recomendase aos veciños destas zonas que fagan acopio de auga para dispoñer da mesma no devandito horario.

El Concello de Pontecesures reforma Carreiras y el sistema de depuración de aguas.

Esta semana han comenzado las obras de remodelación en Pontecesures. Se están reurbanizando dos tramos del camino de Carreiras: está en marcha una renovación del pavimento y la rehabilitación del lavadero. Asimismo, se mejorará el sistema de depuración de la red de abastecimiento del agua potable. El coste de ambas obras es de 160.000 euros y son financiadas por la diputación.

La Voz de Galicia