Aos 77 anos de idade, finou no día de onte este veciño de Carreiras nº 30. O velorio vai ser instalado esta tarde no Tanatorio Iria Flavia de Padrón. A misa funeral será mañá 6 de marzo, ás 17 horas, na Igrexa de Pontecesures. De seguido os restos mortais recibirán sepultura no camposanto parroquial de San Xulián.
Descanse en paz.
Sin Categoria
Morreu María Josefa Eiras Laseiras.
Aos 92 anos de idade morreu esta veciña de Carreiras nº 14 que estaba viúva de Manuel Batalla García. O velorio está instalado no Tanatorio Iria Flavia de Padrón.
Mañá 12 de xaneiro, ás 17:00 horas, terá lugar a misa funeral na Igrexa de Pontecesures. Os restos mortais recibirán logo sepultura no camposanto parroquial de San Xulián.
Sin Categoria
A ACP solicita ao concello a inclusión de varios investimentos no Plan aprobado pola Deputación.
Presentouse no concello o seguinte escrito:
«SR. ALCALDE DE PONTECESURES
No día de hoxe, a Deputación de Pontevedra aprobou un plan de investimentos para os concellos da provincia, no que sabemos que se van a investir en Pontecesures algo máis de 150.000 euros por parte do ente provincial. As actuación débenas elixir os concellos aínda que tamén pode destinarse esta cantidade a gastos correntes.
A ACP, que está na oposición, na súa obriga de realizar popostas en función das necesidades municipais, comunica unha serie de investimentos, solicitando que se teña en conta a relación á hora de realizar a petición. Son os seguintes:
-Ampliación lateral do pavillón polideportivo ocupando un terreo municipal totalmente inutilizado e abandonado do antigo patio escolar. O pavillón úsase moito e precísase un maior espazo.
-Pavimentado do lateral do campo de fútbol «Ramón Diéguez» dende a entrada ata a tribuna. Esta é unha actuación moi demandada por deportistas e directivos dos clubes.
-Acondicionamento do semisoto da biblioteca muncipal para arquivo e outros usos. Este local foi recuperado polo goberno anterior pero necesítase agora a realización das obras interiores.
-Subministro de aparellos ximnásticos para o local anexo ao pavillón, construido polo goberno anterior, con dotación de canastras de mini basket para o recinto escolar da zona.
-Recollida de augas pluviais na intersección da pista da Barosa co acceso ao lugar de Carreiras con mellora do pavimento e colocación doutra marquesina na zona para o transporte escolar dos nenos de Toxa/Carreiras.
-Arranxo do saneamento que vai ao descoberto en Condide e que parte da pista do Regadío ata a rúa Torrelavega polo interior.
-Reparación da pista das Cortinallas en Infesta, sobre todo na intersección desta coa estrada autonómica Pontecesures-Baloira.
-Acondicionamento da contorna da zona de esparcemento no Camiño dos Acevedos de San Xulián construído polo goberno anterior e colocación dos xogos.
-Saneamento e acondicionamento do pavimento en Porto unindo a rúa Caldeirón de Abaixo coa rúa dos Mariñeiros e completando as actuacións que tiveron lugar no pasado.
-Ancheamento e pavimentación da rúa Miguéns Parrado, preto do adro da igrexa parroquial e do parque infantil Vicente Moure. ? unha zona moi concorrida que precisa unha actuación por razóns de seguridade para as persoas.
Pontecesures, 29/09/12
Luis Ángel Sabariz Rolán
Concelleiro da ACP de Ponteceures»
Sociedade
Morreu Carmen Blanco Oliveira.
Aos 69 anos de idade morreu esta veciña domiciliada en Carreiras nº 10. O velorío é no Tanatorio Iria Flavia de Padrón. Mañá, 17 de agosto, ás 18 horas, terá lugar a misa funeral na Igrexa Parroquial de Pontecesures. Logo os restos mortais recibirán sepultura no camposanto parroquial de San Xulián.
Descanse en paz.
Concello
Proxectos solicitados polo Concello á Axencia Galega de Desenvolvemento Rural para o ano 2012
O Concello de Pontecesures ven de solicitar á Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (AGADER), ao abeiro da liña de subvencións que xestiona este organismo para proxectos dinamizadores de áreas rurais de Galicia, un total de cinco proxectos por un importe total de 136.311,75 ?.
Os proxectos para os cales se solicitan as subvencións son os seguintes:
1. Proxecto de Instalación de PANEIS SOLARES DE ENERXÍA SOLAR T?RMICA PARA AQS NAS INSTALACI?NS DO CAMPO DE F?TBOL MUNICIPAL RAM?N DI?GUEZ. Por importe de 23.222,70 ?.
2. Proxecto de Instalación de PANEIS SOLARES DE ENERXÍA SOLAR T?RMICA PARA AQS NAS INSTALACI?NS DO CLUBE NA?TICO DE PONTECESURES. Por importe de 17.774,84 ?.
Con estas dúas primeiras actuacións preténdese aforrar costes enerxéticos nestas dúas instalacións que contan actualmente con sistemas de caldeira de gasoil e propano respectivamente.
3. Proxecto para a REFORMA A ADECUACI?N DO PARQUE INFANTIL DE SAN XULIÁN na rúa Camiño dos Acevedos. Por importe de 25.773,57 ?.
Este proxecto contempla a dotación de xogos novos para este parque e a reforma integral do mesmo.
4. Proxecto para a MELLORA DE 5 PARQUES INFANTIS (COLACACI?N DE AREA BLANCA NO SOLO DESTOS PARQUES). Por importe de 24.482,64 ?.
Neste proxecto pretendese mellorar a estética e a seguridade para os rapaces/as, ca colocación dunha capa de 20 cm. de espesor de area branca para que o solo sexa máis brando. Os cinco parques que contempla este proxecto son: O parque do muelle, o parque da Praza dos Valeiros, o parque de Infesta, o parque de Carreiras e o parque da Rúa do Campo (a carón do campo de fútbol).
5. Proxecto integral de SALA MULTIUSOS DIXITAL (AULA TIC). Por importe de 45.088 ?.
Por último, a sala multiusos dixital que dotará á aula do semisoto da Casa do Concello de mobiliario, equipamentos informáticos e novas tecnoloxías para ter unha aula permanente para cursos dirixidos a diferentes colectivos.
No día de onte, martes 26 de xuño, técnicos de AGADER estiveron en Pontecesures, acompañados polo concelleiro de Obras e Servizos Angel Souto, para ver de primeira man o estado inicial destos cinco proxectos.
Sociedade
Procesións do Santo Encontro hoxe en Pontecesures.
A procesión coa imaxe da Virxe das Dores sairá de Porto ás 11:00 horas. A de Xesús Nazareno sairá de Carreiras ás 10:30 horas. A dos xoves coa Cruz sairá ás 11:30 horas da Capela do Pilar en San Xulián.
O Santo Encontro será ás 12:00 horas na Plazuela onde terá lugar o «Sermón das sete palabras» a cargo de Francisco Castro Miramontes (franciscano).