Aos 92 anos morreu a veciña de Carreiras, María del Carmen Pérez García, viuva de Jesús Refojo Loureiro. O velorio está instalado no Tanatorio Iria Flavia de Padrón. O sábado 29 de decembro, ás 16:30 horas, terá lugar o funeral na Igrexa de Pontecesures. Logo os restos mortais recibirán sepultura no Cemiterio Municipal de Condide.
Descanse en paz.
Sin Categoria
RESULTADOS DO II Concurso de decoración NADAL EN PONTECESURES e II Concurso de decoración NAVIDEÑA DOS ESTABLECEMENTOS COMERCIAIS.
Onte xoves 27 de decembro o xurado do II Concurso de decoración NADAL EN PONTECESURES E CONCURSO DE DECORACIÓN NAVIDEÑA DOS ESTABLECEMENTOS COMERCIAIS visitou os distintos establecementos e asociacións participantes nesta segunda edición.
O xurado estivo composto por tres membros con coñecementos en distintas áreas como deseño gráfico, decoración, escaparatismo, etc.
O xurado estivo composto por:
- Ramón Dominguez.- Profesor de música.
- Xosé Mª Lomba Martínez – Titulado Superior en Conservación e Restauración de Bens Culturais.
- Eva Gerpe Limeres – Estudante de último curso de Inxeñería de deseño industrial.
Os gañadores do II Concurso de decoración NADAL EN PONTECESURES E CONCURSO DE DECORACIÓN NAVIDEÑA DOS ESTABLECEMENTOS COMERCIAIS proclamados por este xurado son os seguintes:
Asociacións e particulares
1º premio: GEDA – PRAZA DOS VALEIROS.
2º premio: GRUPO VECIÑOS DA TOXA CARREIRAS.
3º premio: ASOC. CULTURAL SANTA LUCIA DE INFESTA
ASOCIACIÓN SANTA LUCÍA DE INFESTA
ASOCIACIÓN SANTA LUCÍA DE INFESTA
Establecementos comerciais
1º premio: ELECTRODOMESTICOS FROIS
2º premio: ESTANCO PONTECESURES
3º premio: A CASA DOS NENOS
A ENTREGA DOS PREMIOS FARASE O VINDEIRO VENRES 11 DE XANEIRO AS 13 H. NA CASA DO CONCELLO.
Sin Categoria
RECEPCIÓN DE PAPÁ NOEL NA PLAZUELA DE PONTECESURES.
O luns 24 de decembro Papá Noel percorrerá Pontecesures. Saída da nave de de obras municipal ás 11.00 co seguinte percorrido:
- Grobas-Fenteira.
- A Toxa-Carreiras-Condide.
- Redondo-Praza de Pontevedra.
- Avenida de Arousa-Avenida dos Namorados.
- Praza dos Valeiros-Porto.
- Rúas do centro urbán.
- Final na Plazuela aproximadamente ás 13.00 horas.
Papa Noel recollerá as cartas de tódol@s nen@as na Plazuela a partir das 13.00 horas.
Sin Categoria
XIX CARREIRA POPULAR DE PONTECESURES.
O Concello de Pontecesures organiza a XIX edición da súa carreira popular o sábado 29 de decembro de 2018 a partir das 16:15 hras.
A proba absoluta terá un percorrido de 9.000 metros. Poderán participar atletas federados e non federados; haberá unha soa clasificación conxunta. O control técnico das carreiras estará a cargo do Comité Galego de Xuices da Federación Galega de Atletismo. A saída e chegada de tódalas probas será na Praza do Coche de Pedra, no centro urbán de Pontecesures. A inscrición deberá realizarse nas webs www.carreirasgalegas.com e www.atletismo.gal con data límite o xoves 27 de decembro ás 23.59 horas. Non se admitirán inscricións fóra do prazo establecido nin se admitirán inscricións o día da proba. Teléfonos de información xeral da proba: 986 564 410 / 986 564 403 (Concello de Pontecesures) Camiseta para os 400 PRIMEIROS atletas chegados a meta na proba absoluta. Repartiranse tamén camisetas de regalo para os atletas das categorías escolares. Trofeos ós 3 primeiros/as clasificados/as da proba absoluta (9 km aprox.) (premios NON acumulativos). Medallas ós/ás 3 primeiros/as de cada categoría establecida no regulamento da proba, agás na categoría biberóns onde non haberá clasificación (entregarase medalla a tódolos participantes). Trofeo o/a participante máis veterano/a que logre concluir a proba. Como novidade, este ano haberá premios para os clubes na proba absoluta (9 km): PREMIOS A CLUBES FEDERADOS
A clasificación de clubes establecerase a través dos 8 primeirosclasificados do mesmo pola suma dos seus postos na clasificación xeral da proba absoluta. Os clubes federados deberán estar compostos alo menos por 8 compoñentes, sexan homes ou mulleres, con licencia federativa en vigor que logren cruzar a liña de meta. A entrega de dorsais terá como tempo límite 30 minutos antes de cada proba e realizarase no Centro Social de Pontecesures [no día da proba –xoves 27 de decembro de 2017– de 15.00 a 16.15 horas], a carón da saída das probas. A entrega de premios será na Praza do Coche de Pedra ou, en caso de mal tempo, no Centro Social. |
||||||||
Concello
REMATE DA OBRA DE MELLORA DO CAMIÑO TOXA – CARREIRAS
A obra foi executada pola empresa C”analizaciones y Construcciones Salnes SL” por un importe de 32.782,13€ dos que 30.033,55€ foron aportados pola Deputación de Pontevedra con cargo ás baixas de dúas obras do Plan Concellos (P.O.S.) 2016 e 2.748,58€ con cargo a fondos propios do Concello de Pontecesures.
A actuación consistiu en demoler o anterior pavimento de asfalto, para dispoñer un novo pavimento de formigón armado, nun cor ocre e cun acabado superficial raiado.
O novo pavimento foi confinado con bordos transversais de formigón envellecido, separados entre sí unha distancia media de 6,5 metros.
Tamén foi preciso facer novas arquetas para as acometidas da rede de abastecemento de auga. Estas arquetas contaron con tapas pavimentables, rematadas co mesmo formigón.
Sin Categoria
Morreu Antonio Fernández Pena «O americano».
O pasado mércores finou aos 75 anos este veciño de Carreiras que estaba casado con María Lafuente Bodaño. O enterro tivo lugar onte e os restos mortais foron depositados no cemiterio parroquial de San Xulián.