Detienen a cuatro cesureños por robo con violencia y venta de cocaína adulterada

La Policía Nacional de Vilagarcía detuvo a cuatro vecinos de Pontecesures, dos hombres y dos mujeres. A tres de ellos los acusan de un presunto robo con violencia o intimidación, mientras que a la cuarta de las arrestadas se le imputa un supuesto delito contra la salud pública. Una de las detenidas, L.M.I.L., de 37 años de edad, denunció el pasado martes en la Comisaría de Vilagarcía un robo del que fuera víctima la noche anterior en un conocido bar de la capital arousana. Según relató, cuando estaba en el interior del cuarto de baño fue asaltada por otra mujer que, tras amenazarla con una navaja a la altura del vientre, le sustrajo el bolso en el que guardaba una cantidad considerable de dinero y diversos efectos personales.

(máis…)

O sábado día 12 de xaneiro, Festa da Virxe Raíña dos Anxos en Carreiras.

O programa é o seguinte:

-Polá mañá gran disparo de bombas de palenque.
-A continuación alborada a cargo do grupo de gaitas “O Pedrón” de Padrón.
-Ás 12,30 horas, Misa Solemne na Igrexa de Pontecesures, cantada polo coro “A Barcarola”.
-A continuación Poxa de Ramos no Campo da Festa e Sesión Vermouth a cargo da orquestra “Marbella”.
-Ás 21,30 horas no Campo da Festa de Carreiras, gran verbena coas orquestras “Marbella” e “Jerusalén”.

Haberá unha carpa no campo da festa e será servido, a media noite, un chocolate con churros para todos/as.
A Comisión de Festas Veciñal organizadora dos actos agradece a colaboración dos veciños e das casas comerciais.

Na tarde de hoxe bótase a zahorra no campo da festa de Carreiras.

Os traballos de extendido e compactado da zahorra realízanse esta tarde neste campo da festa situado nas proximidades da pista da Barosa. Lémbrase que nesta zona tamén para o autobús do transporte escolar e leva ós nenos de Toxa e Carreiras que asisten ás clases no CPI Pontecesures (parada conquerida para este curso 2007/2008)
Esta actuación lévase a cabo, logo da petición da Comisión de Festas de Carreiras xa que o día 12 de xaneiro celébrase a festa do lugar e preténdese que o o terreo estea nas mellores condicións posibles.
Este firme é provisional, pois está previsto o pavimentado con asfalto do espazo, por parte da maquinaria da Deputación Provincial de Pontevedra.