Pontecesures aborda la restauración del Cruceiro de Carreiras.

Esta semana comenzarán en Pontecesures los trabajos orientados a conservar y restaurar el cruceiro de Carreiras. La obra, que será abordada por el restaurador Xosé María Lomba Martínez supondrá el desembolso de 6.957 €, una cantidad de la que la mayoría (5.757 €) será sufragada por la Diputación a través de subvenciones para a “rehabilitación del patrimonio- histórico cultural dirixidas aos concellos da provincia de Pontevedra para o ano 2019”. El resto del dinero será aportado por el Concello de Pontecesures.

La obra, explican desde el concello cesureño “consiste en recuperar dentro do posible o estado orixinal do cruceiro e sobre todo eliminar elementos que están a provocar danos ou deterioros deste importante ben cultural de Pontecesures”, situado en la parroquia de San Xulián, en el Camino Portugués. Para poder abordar el trabajo con seguridad y eficiencia, explican desde el gobierno, será necesario “a retirada da cruz”, una pieza de granito del siglo XVIII, para o seu tratamento e a súa posterior colocación” en lo alto del conjunto. En el naciente del mismo figura la imagen de la Reina de los Ángeles, patrona del lugar.

La Voz de Galicia

COMEZO DAS OBRAS “ACTUACIÓN DE CONSERVACIÓN E RESTAURACIÓN DO CRUCEIRO DE CARREIRAS”

Esta semana darán comezo as obras de “Actuación de conservación e restauración do cruceiro de Carreiras”

Esta obra foi adxudicada ó restaurador Xosé María Lomba Martínez por un importe de 6.957,50€ financiando a Deputación de Pontevedra 5.757,71€ a través da Subvención para a rehabilitación e a sinalización do patrimonio histórico-cultural dirixidas aos Concellos da Provincia de Pontevedra para o ano 2019 e os restantes 1.199,79€ con fondos propios do Concello de Pontecesures.

A obra consiste en recuperar dentro do posible o estado orixinal do cruceiro e sobre todo eliminar elementos que están a provocar danos ou deterioros deste importante ben cultural de Pontecesures. Está obra require a retirada da cruz para o seu tratamento e a posterior colocación.

O árbitro Enrique Ramos, veciño de Pontecesures, participa nas actividades docentes.

O CEIP Plurilingüe Baño-Xanza celebrou esta mañá á cuarta edición das Xornadas Deportivas, unha actividade organizada pola ANPA en colaboración coa dirección do colexio e o Concello.

Nas competicións deportivas participaron os 310 alumnos do centro, tanto os nenos de Educación Infantil como os rapaces de Primaria. Houbo carreiras de relevos, partidos de baloncesto e torneo de fútbol que contou coa participación dos árbitros asistentes Alfonso Costoya, valgués que arbitra dende hai anos en Primeira División, e Enrique Ramos, veciño de Pontecesures e agora na Segunda División.

Ao remate das actividades, tivo lugar o acto de entrega de diplomas e medallas, aportadas polo Concello. Ademais, a ANPA sorteou diversos regalos –tazas, gorras, camisetas, balóns…– entre os rapaces.

Os centros educativos de Valga están xa inmersos nas actividades e celebracións de fin de curso. No CEIP Baño-Xanza mañá pola mañá terá lugar un festival con inchables e unha xincana no patio do colexio e, pola tarde, o pavillón municipal albergará unha festa da ANPA con colchonetas, xogos e, a partir das 20 horas, pinchos para todas as persoas que queiran asistir e actuación dun dúo musical.

O CEP Xesús Ferro Couselo de Cordeiro tamén celebra mañá o seu festival de fin de curso. Será no Auditorio Municipal a partir das 16:30 horas.

El Correo Gallego

SERVIZO MUNICIPAL DE AUGAS: AVISO DE CORTE NO SUBMINISTRO DE AUGA PARA A XORNADA DO SÁBADO 8 DE XUÑO.

SERVIZO MUNICIPAL DE AUGAS

AVISO DE CORTE NO SUBMINISTRO DE AUGA

Debido a unha reparación na rede de abastecemento de auga, procederáse a un corte no subministro de auga potable na xornada do SÁBADO 8 DE XUÑO DE 2019. As zonas afectadas serán a Rúa Ullán, Rúa Infesta, Rúa do Rial e Camiño a Carreiras, o  horario deste corte será dende ás 8.30 ata ás 13.30 da mañán aproximadamente.

Por parte do Servizo Municipal de Obras, intentaráse rematar esta actuación o antes posible.

Morreu Fina “A Ferreira”.

Aos 90 anos de idade finou hoxe a veciña de Carreiras, Josefa Codesido Cascallar, viúva de Cándido González Vieites. O velorio está instalado no Tanatorio Iria Flavia de Padrón. Mañá luns 4 de marzo, ás 17:30 horas, sairá a comitiva fúnebre para a Igrexa de Pontecesures onde terá lugar o funeral. Os restos mortais recibirán sepultura no Cemiterio Parroquial de San Xulián.

Descanse en paz.