O Campionato de Futbito Veterán de Valga disfrutou o pasado domingo dunha derradeira xornada de Liga soñada. Unha xornada na que os dous candidatos ao título, o A Palmeira e o Cafetería Sol y Mar, se enfrontaban entre si. O resultado, un empate a uns que lle deu o primeiro posto final ao A Palmeira por un único punto, 57 fronte a 56.
O resto da xornada deixou os seguintes marcadores: A Redonda 3-2 Benjamín Ramos; Trans. Veiga/Bar O Belén 4-2 Valdeza/Bar Juan; Joyería Riveiro 0-0 Bar Muelle; Desigual 2-3 A Cacharela/Karymo; e A Casa Vella 2-0 Extrugasa. O Elite Electricidad descansou.
Á marxe do campión e do subcampión, a clasificación final quedou así: 3º A Cacharela (49 puntos), 4º A Redonda (47), 5º Bejamín Ramos (44), 6º Trans. Veiga (34), 7º Valdeza (33), 8º Desigual (28), 9º A Casa Vella (23), 10º E. Electricidad (22), 11º Bar Muelle (17), 12º J. Riveiro (16), e 13º Extrugasa (16).
Francisco Javier Vázquez Taibo, do Benjamín Ramos, rematou o campionato como máximo goleador con 32 dianas, e Carlos González González, do A Palmeira, como porteiro menos goleado logo de encaixar 18 tantos. O A Redonda, cunha ducia de amonestacións, levouse o trofeo á deportividade.
LA VOZ DE GALICIA, 20/05/09