O Cafetería Sol y Mar amplía a vantaxe sobre os seus perseguidores na Liga de Valga.

As xornadas pasan e o Cafetería Sol y Mar aproxímase cada vez máis ao título do Campionato de Futbito de Valga. O líder voltou a sumar un novo trunfo na decimoitava xornada ligueira, nesta ocasión por 0-2 sobre o terceiro clasificado, o A Cacharela/Karymo. Este marcador, xunto co descanso do A Palmeira, eleva de 5 a 8 puntos o colchón do Sol y Mar sobre este último equipo, aínda que cun partido máis para o líder.
O resto da xornada valguesa deparou os seguintes resultados: Desigual 3-1 Extrugasa; Elite Electricidad 4-1 Bar Muelle; Trans. Veiga/Bar O Belén 2-0 A Casa Vella; A Redonda 1-0 Joyería Riveiro; e Valdeza/Bar Juan 2-5 Benjamín Ramos.
A falta de oito xornadas para a conclusión do torneo, a clasificación aparece do seguinte xeito: 1º Cafetería Sol y Mar (45 puntos, un partido máis), 2º A Palmeira (37), 3º A Cacharela/Karymo (36), 4º A Redonda (34, un partido máis), 5º Benjamín Ramos (34, un partido máis), 6º Desigual (25, un partido máis), 7º Trans. Veiga/Bar O Belén (21, un partido máis), 8º Valdeza/Bar Juan (18 puntos), 9º A Casa Vella (14), 10º Elite Electricidad (13, un partido máis), 11º Extrugasa (10, un partido máis), 12º Bar Muelle (10, un partido máis), e 13º Joyería Riveiro (9).

LA VOZ DE GALICIA, 13/03/09

O Cafetería Sol y Mar cede o seu terceiro empate da tempada ante o Trans. Veiga.

Sen novidades á fronte da liga de Futbito Veterán de Valga. O Cafetería Sol y Mar segue sen atopar un rival quen de superalo despois de quince xornadas de campionato. Mais o Trans. Veiga/Bar O Belén pode sentirse satisfeito, logo de arrincarlle ao líder invicto o seu terceiro empate no que vai de tempada. O resultado, 1-1.
Pola súa banda, o A Palmeira aproveitou a segunda e derradeira xornada de descanso do A Cacharela/Karymo para situarse na segunda praza da clasificación, mercede á súa goleada sobre o colista, o Extrugasa, 0-6. O resto da xornada ofreceu os seguintes marcadores: Bar Muelle 1-2 A Redonda; Benjamín Ramos 1-0 Desigual; Valdeza/Bar Juan 2-0 Elite Electricidad; e A Casa Vella 1-2 Joyería Riveiro.
Deste xeito, a clasificación provisional queda da seguinte maneira: 1º Cafetería Sol y Mar (36 puntos); 2º A Palmeira (31); 3º A Cacharela/Karymo (30 e un partido menos); 4º A Redonda (28); 5º Benjamín Ramos (28); 6º Desigual (19); 7º Valdeza/Bar Juan (18); 8º Trans. Veiga (14); 9º A Casa Vella (11 puntos e un encontro menos); 10º Elite Electricidad (10), 11º Bar Muelle (10); 12º Joyería Riveiro (9); e 13º Extrugasa (9).
A xornada deste domingo inclúe os partidos Desigual-Cafetería Sol y Mar; A Palmeira-A Casa Vella; e A Cacharela-Valdeza.

LA VOZ DE GALICIA, 25/02/09

El Sol y Mar mantiene el primer lugar en el torneo de fútbol 7 de veteranos de Valga.

Una apurada victoria sobre el A Redonda (0-1) permite al Cafetería Sol y Mar mantener su confortable ventaja al frente de la clasificación del campeonato de fútbol 7 de veteranos de Valga. El A Cacharela, segundo clasificado, tampoco falló. El líder se enfrentará este domingo al Transportes Veiga/ Bar O Belén en el partido que abrirá la jornada dominical.
Resultados, 14.ª jornada:
A Redonda 0-Cafetería Sol y Mar 1, Trans Veiga/ Bar O Belén 2-Benjamín Ramos 3, A Palmeira 3-Bar Muelle 0, Desigual 0-Valdeza / Bar Juan 3, Joyería Riveiro 1-Extrugasa 0 y A Cacharela 3-Elite Electricidad 2. Clasificación: Cafetería Sol y Mar, 35 puntos; A Cacharela /Karymo, 30; A Palmeira, 28; A Redonda, 25; Benjamín Ramos, 25; Desigual, 19; Valdeza/ Bar Juan, 15; Trans Veiga / Bar O Belén, 13; A Casa Vella, 11; Elite Electricidad, 10; Bar Muelle, 10; Extrugasa, 9 y Joyería Riveira, 6 puntos.

LA VOZ DE GALICIA, 20/02/09

O «Sol y Mar» segue intratable á fronte da Liga de Futbito de Valga trala 1ª volta.

A Liga de Futbito Veterán de Valga xa tiña campión de inverno a falta dunha xornada para o ecuador do torneo. Pero o Cafetería Sol y Mar non quixo deixar lugar a dúbidas, e o pasado domingo pechou a primeira volta ligueira cun novo trunfo. Nesta ocasión, por 2-0 sobre outro dos equipos importantes do campionato, o A Palmeira.
A Cacharela Karymo P. queda como segundo clasificado en solitario mercede ao seu 2-1 ante o Desigual e ao empate a uns do A Redonda fronte ao Benjamín Ramos. Completan a xornada os seguintes marcadores: Valdeza Bar Juan 6-0 Trans. Veiga Bar O Belén; Bar Muelle 2-1 Joyería Riveiro; e Extrugasa 1-1 A Casa Vella. O Elite Electricidad descansou.
A clasificación queda así despois de doce xornadas: 1º Cafetería Sol y Mar (32 puntos); 2º A Cacharela Karymo P. (27); 3º A Redonda (25); 4º A Palmeira (25); 5º Benjamín Ramos (22); 6º Desigual (19); 7º Trans. Veiga Bar O Belén (13); 8º Valdeza Bar Juan (12); 9º A Casa Vella (11), 10º Elite Electricidad (10); 11º Bar Muelle (10); 12º Extrugasa (9); e 13º Joyería Riveiro (3).
Javier Vázquez Taibo, do Benjamín Ramos, encabeza a táboa de máximos goleadores con 20 tantos, o dobre co segundo clasificado, o xogador do Elite Electricidad José Rodríguez Pérez.

LA VOZ DE GALICIA, 11/02/09

El Sol y Mar de Pontecesures sigue de líder en el torneo de futbito de Valga.

El Cafetería Sol y Mar mantiene el liderato en el campeonato de fútbol 7 de Valga tras vencer en la pasada jornada al Joyería Riveiro (1-2). El primer clasificado aventaja en cuatro puntos al A Palmeira y en cinco al A Redonda y al Cacharela.
Resultados, 12.ª jornada: Benjamín Ramos 2-A Palmeira 0, A Redonda 5-Valdeza Bar Juan 0, Joyería Riveiro 1-Cafetería Sol y Mar 2, Transportes Veiga Bar O Belén 0-A Cacharela Karymo 2, A Casa Vella 1-Bar Muelle 2 y Desigual 4-Elite Tradicional 0. Al Extrugasa le correspondió descansar.

LA VOZ DE GALICIA, 04/02/09

A Cafetería Sol y Mar de Pontecesures, manténse firme no Fútbol 7 de Valga.

Volver A Cafetería Sol y Mar mantén o seu punto de vantaxe sobre o A Palmeira á fronte da Liga de Fútbol 7 de Veteráns de Valga, despois de superar o pasado domingo 5-1 o A Casa Vella. O A Palmeira, pola súa banda, venceu 3-0 o Valdeza/Bar Juan, mentres que o terceiro clasificado, o A Redonda, queda a 5 puntos do primeiro posto ao empatar a 2 co A Cacharela/Karymo.
Completaron a xornada os seguintes resultados: Joyería Riveiro 1-2 Benjamín Ramos; Elite Electricidad 1-1 Trans. Veiga/Bar O Belén; e Bar Muelle 1-2 Extrugasa. O Desigual descansou.

LA VOZ DE GALICIA, 29/01/09