Acta de puntuacións do tribunal de selección de traballador/a social.

ACTA DO TRIBUNAL DE AVALIACI?N DOS ASPIRANTES A CUBRIR POR INTERINIDADE O POSTO DE TRABALLADOR/A SOCIAL DO CONCELLO DE PONTECESURES

En Pontecesures, sendo as 14 h. do día 12 de novembro de 2007, constitúese o órgano de selección para cubrir a baixa por excedencia da traballadora social do Concello de Pontecesures, formado pola Secretaria do Concello Dª Mª. Trinidad Rodríguez Suárez, que actuará como Presidenta, a representante do Colexio Oficial de Traballadores/as Sociais de Galicia, Dna. Mª José Thómas Berbén, que actuará como vogal; e D. José Rodríguez Fructuoso, Técnico de Emprego, que actuará como vogal e secretario. Vistas as reclamacións presentadas, este tribunal tomou as seguintes consideracións:

(máis…)

CARREIRAS CLANDESTINAS

Creo que poucos quedamos en Cesures que devoremos todas e cada unha das noites de fin de semana deste pobo desde fai case tres lustros e, a pesar diso todo o que oio, leo ou escoito estes días paréceme totalmente surrealista. Opinar grazas a deus é libre, o difícil é acertar.

Desde aquí a miña particular visión deste problema, tomándome a liberdade, xa que equivocarse, tampouco parece delito.

Totalmente en desacordo en primeiro lugar cos que desde aquí intentaron atacar a determinados sectores políticos, en particular a Luis Angel Sabariz Rolán, á presenza da garda civil ou a case todo do que se dixo.

Incidentes e problemas hóuboos, hainos e haberaos, pero sempre causados por unha minoría.

Desgraciadamente estas minorías, por ruidosas que son, fanse notar máis que a xente que sae tranquilamente a disfrutar no noso pobo, e hai quen que se serven deles para, gratuitamente, perxudicar negocios, postos de traballo,e a dignidade dos que vivimos dun sector que axudou a que moitos se puidesen gañar a vida neste pobo. Penso que falo con coñecemento de causa.

Os danos que a hostalería poida ocasionar ao descanso dos veciños, deben de ser solucionados con premura, pero primeiro analizando entre todos, hostaleiros, representantes políticos e todos aqueles que teñan algo que achegar o que sucede, e logo buscarlle unha solución.

Sempre existen formas para conciliar descanso e diversión.

En Pontecesures, carreiras clandestinas, NADA DE NADA, e de existir, perfectamente organizadas de forma que ninguén pode dar probas da súa existencia. Si que algún que outro incontrolado, ruidoso é verdade, pero nunca merecedor do despregamento policial que vivimos sobre todo o Venres, custeado co diñeiro de todos os contribuíntes, (que isto tamén é de todos como o mobiliario urbano), nin dos titulares de prensa que non fan máis que danar a imaxe deste pobo e crear unha moi equivocada. Isto só axuda a empeorar a crise que o sector está sufrindo desde fai anos.

A presenza policial é existente e necesaria, en contra dos que moitos opinan, pero para atacar os problema de raiz, de forma estudiada, non para facer un despliegue un venres á noite, superando o número de efectivos de tráfico ao número de visitantes no concello, buscando unhas carreiras clandestinas que non existen.

Quédome coas declaracións que recolle a prensa de hoxe da garda civil, moi acertadas :«Non hai carreiras; un par de descontrolados con coches baratos, iso si, un Panda, pero non podemos deixar que vaia a máis». Estas son as declaracións de quen coñece a realidade do noso pobo.

O resto é falar a treo, e desde aquí a miña particular versión para quen queira axudar a eliminar os problemas existentes, se é que a miña experiencia durante quince anos no foco do problema pode axudar máis que os que din que lle dixeron que escoitaran.

Chamemos ás cousa polo seu nome e actuemos consecuentes coa noticia e cos prexudicados.

Un saúdo.

Acta da selección do monitor de piragüismo.

En Pontecesures, a 12 de novembro de 2007, sendo as 11 h. reunido na Casa do Concello de Pontecesures o órgano de selección para o posto de monitor de piragüismo, formado pola Secretaria do Concello, Dª Mª Trinidad Rodríguez Suárez, que actuará como Presidenta, o administrativo D. Ricardo Campos Saborido que actuará como vogal; e D. José Rodríguez Fructuoso, Técnico de Emprego, que actuará como vogal e secretario.
Vista a documentación achegada polos dous aspirantes, para a súa baremación, este tribunal entende que á vista dos méritos e experiencia que acreditan ámbolos dous candidatos, o candidato máis idóneo para o posto de monitor de piragüismo e: D. Vicente Jesús Acuña Vecino, polo que propoñemos que sexa a persoa seleccionada.
De todo o cal exténdese a presente acta que en mostra da súa conformidade asinan os membros do tribunal.

Asinado: Mª Trinidad Rodríguez Suárez, Ricardo Campos Saborido e José Rodríguez Fructuoso.

Contestación dos concelleiros non adscritos ó Sr. Alvarez Angueira sobre subvencións deportivas.

NOTA DOS CONCELLEIROS NON ADSCRITOS DE PONTECESURES.

Despois de denunciar a perda dunha subvención de 3.000 ? para instalar un pequeno pantalán no peirao en 2006 para facilitar ó acceso dos piragüistas do Club Náutico ó río Ulla, e que en 2007 non se solicitaron subvencións ó abeiro da orde que convocaban axudas para os concellos en materia de instalacións deportivas, o alcalde anterior, Sr. Alvarez Angueira, arremete contra nós cualificándonos de incompetentes e ineptos.

(máis…)

Pontecesures: Programa de termalismo social 2008.

O Instituto de Maiores e Servizos Sociais (IMSERSO) ven de convocar as prazas do programa de referencia, dirixido a pensionistas da seguridade social maiores de 60 anos e/ou seus cónxuxes ou parellas aos que lles estean recomendados este tipo de tratamentos e se valan por se mesmos.
As quendas son de 12 días (11 noites).
Os prazos rematan o 13 de decembro de 2007 para os meses de xaneiro-febreiro, o 16 de xaneiro de 2008 para os meses de marzo a agosto e o 16 de maio para os meses de setembro a decembro.
Os prezos, dependendo do balneario e o mes escollido, van dende os 229,70 ? ós 396,20 ?.
Para máis información poden dirixirse ó Servizo Social de Atención Primaria deste concello.