Cun investimento de 1.803.653 Euros, planea promover e mellorar a calidade das áreas de Xogo para nenos.
As principais liñas estratéxicas son:
* Promover a mellora da seguridade e calidade das áreas de xogo públicas
* Potenciar o desenvolvemento de ludotecas como espazos accesibles destinados ao xogo
* Promover programas de ocio para a infancia, en especial para a infancia nos concellos rurais
* Impulsar os dereitos da infancia en relación cos medios audiovisuais, de comunicación e novas tecnoloxías
O concello de Pontecesures está dentro da lista de concellos que terán actuacións de mellora e adaptación.
Máis información: Documento Plan Galecer 2007-2008 (Formato PDF)