Angueira leva o orzamento ao pleno sen apoios da oposición

O alcalde recoñece que «ten pouca fe» sobre a súa aprobación. As contas ascenden a 1,6 millóns de euros e preséntase á corporación con medio ano de atraso

O goberno local de Pontecesures non quere acabar o ano sen tentalo. Este sábado somete a votación plenaria o orzamento do 2006 aínda sabendo que só un milagre podería salvar o punto. O bipartito (BNG-IP) está en minoría e precisa a lo menos dun voto máis para aprobar o documento. A alianza natural sería atopar este apoio no PSOE de Gerpe ou na ACP de Sabariz, pero a situación política que se vive en Pontecesures non favorece ningún tipo de acordo neste sentido.
(más…)

Hoxe pleno ordinario de novembro.

Hoxe martes ás 20,30 horas, celébrase o pleno ordinario de novembro no Salón de Sesións na Casa do Concello de Pontecesures coa seguinte Orde do Día: 1-Actas anteriores; 2-Resolucións da Alcaldía. Dar conta; 3-Informacións da Presidencia; 4-Rogos e preguntas.
Faise un chamamento aos veciños para que acodan ao pleno pois vanse facer varias preguntas ao goberno local sobre a xestión municipal e posiblemente se presentarán mocións por urxencia. Esperemos que o alcalde nesta ocasión resposte ás preguntas e nos deixe falar neste turno.

Nota da ACP sobre a selección de personal do obradoiro de emprego. Hoxe reúnese o grupo de traballo mixto.

NOTA DA AGRUPACI?N CIDADÁ DE PONTECESURES (ACP)

A pesar de habelo solicitado hai máis de 10 días e de que están no concello dende hai unha semana, o alcalde de Pontecesures aínda non facilitou e este concelleiro as listas de traballadores desempregados enviados pola Oficina de Emprego de Vilagarcía (máis de 100) para seleccionar entre eles os 36 alumnos do obradoiro de emprego.

(más…)