Por María Segunda Llerena
Moitas veces os humanos necesitamos amosar públicamente que descendemos dunhas persoas das que nos podemos sentir orgullosos por formar parte da nosa historia persoal e colectiva e que temos unhas raíces. ? por todo eso que quixera expresar a través destas poucas liñas o simbolismo desta bandeira, cousa que eu non chegaba a entender de todo debido á miña curta idade, pero que co paso dos anos sei valorar doutro xeito. E agora, que estamos a piques de que se cumpran os cincuenta anos da publicación do artigo xornalístico que dá pé a este relato, é polo que eu me decidín a contar o que ven a continuación.