A Deputación de Pontevedra vén de aprobar dúas liñas de axuda para os Servizos Sociais do Concello de Pontecesures: 35.038,58€ do Plan de Confinanciamento dos Servizos Sociais Comunitarios Municipais 2024 (que inclúen o SAF e gastos de persoal) e 9.300 euros das Axudas Básicas de Emerxencia Social 2024 (6.000 para gasto corrente e 3.300 euros para investimento).
Na mañá de onte tivo lugar a entrega de premios do Certame de Relato Curto realizado polo Concello de Pontecesures no marco do Día das Letras Galegas deste ano.
Formando o xurado, contamos coa presenza de Mª Belén Senín Santiago e Ana Lorenzo Blanco, filólogas galegas e premiadas en certames de diferente índole literaria. Agradecer a súa colaboración altruista e profesionalidade para valorar os traballos realizados polos participantes.
A Alcaldesa Maite Tocino deu a benvida a participantes e familias, agradecendo a presenza e destacando o valor cultural e literario destas iniciativas. Posteriormente o Concelleiro de Educación, Deportes e Mocidade, Alberto Rivas, fixo entrega xunto co xurado dos premios aos gañadores do certame, que presentaron os seus relatos de forma anónima e firmados con seudónimo para garantir a transaparencia do mesmo.
O primeiro premio foi para o relato «Ata sempre, Jules» asinado por Sra. Bigotes e realizado por Helena García.
O segundo premio foi para o relato «Flor Amarilis» asinado por Froggy e realizado por Itxaso Illarramendi.
O terceiro premio foi para o relato «Luces Azuis» asinado por Pitán e realizado por Nicolás Calvo.
Parabenizar ás persoas gañadoras e animalas a seguir cultivando o talento literario en galego, de vital importancia para o futuro. Vémonos na próxima edición!
Os novos cursos comenzarán a impartirse en setembro, todos na modaliade de FP Dual
Ovindeiro curso, o IES de Valga vai ver medrar a súa oferta formativa. Actualmente, o centro imparte ciclos de dúas familias profesionais: a de fabricación mecánica —co básico de Fabricación e montaxe, o medio de Soldadura e caldeiraría e o superior de Construcións metálicas— e a familia agraria —co ciclo básico de Agroxardinaría e composicións florais—. Esta última medrará o vindeiro curso, cando se porá en marcha un novo ciclo medio de Xardinería e florería. «É unha formación que non se imparte en moitos quilómetros á redonda, se ben hai moitísimas empresas que teñen necesidade de persoal cualificado. Por iso pensamos que este novo ciclo representa unha oportunidade inmensa para o alumnado da zona e tamén para as empresas», explicou o director do instituto, Eliseu Mera.
Non é a única novidade do próximo curso. A partir de setembro, dixo, «imos incorporar unha terceira familia profesional, a de instalacións e mantemento, a través dos ciclos de Mantemento electromecánico e de Mecatrónica industrial, que teñen unha gran demanda».
Para coñecer as instalacións que ten o centro e as posibles necesidades cara o vindeiro curso, a directora xeral de Formación Profesional, Eugenia Pérez, visitou este xoves o IES. No percorrido, no que estivo acompañada polo alcalde, José María Bello Maneiro, e a concelleira de Educación, Carmen Gómez, Eugenia Pérez indicou que «este centro vai ter un gran impulso, con novos proxectos de formación dual, especialmente relacionados coa fabricación mecánica, un ámbito empresarial moi potente en Valga e arredores» e, como xa quedou dito, coa agroxardinería. «Haberá un incremento importantísimo da oferta que responde a unha demanda de profesionais cualificados por parte das empresas da zona», indicou.
Os novos ciclos impartiranse en modalidade dual, de forma que o alumnado recibirá formación tanto no IES coma en empresas da contorna, recibindo unha remuneración económica.
Bello Maneiro lembrou que o IES de Valga foi pioneiro, no seu día, na posta en marcha da formación dual e afirmou que o Concello que preside «seguirá estando ao lado do equipo directivo do instituto para seguir ampliando a oferta formativa para beneficio tanto do alumnado como das empresas que precisan persoal cualificado».
O Concello de Pontecesures realiza un obradoiro de solo pélvico este 22 de maio no Centro Social de 16:00 a 19:00 horas.
CONTIDOS XERAIS:• Anatomía do solo pélvico. Situación.Localización.• Exercicios prácticos para recoñecer a musculatura do solo pélvico.• Funcións do solo pélvico.• Repercusións do embarazo e do parto sobre o solo pélvico.• Debilidade da musculatura do solo pélvico.• Debilidade da faixa abdominal.Repercusións do exercicio e dos abdominais sobre o solo pélvico.• Test de programación abdominal.Exercicios prácticos.• Técnicas de tratamento.Sesión práctica.
OBXECTIVOS:• Mellorar a información e comprensión dos cambios evolutivos na muller.Previr enfemidades propias do colectivo feminino.Haberá prazas limitadas! Imprescindible esterilla!