
CONCELLO DE PONTECESURES
En 2023 o recibo ascendeu a 3.552,45 € pero para 2024 o recibo do IBI é de 71.048,92 €. Caducou o ano pasado a bonificación do 95 % da cota que tiña a AP-9.
Foi fundamental tamén que en 2009 o goberno tripartito que estaba á fronte do Concello de Pontecesures propuxo modificar a ordenanza do IBI elevando o tipo impositivo do IBI dos bens de características especiais como son as autopistas. Aprobouse a proposta no pleno e fixouse como tipo de gravame o 1,3 que é o máximo legal e que se aplica ata o día de hoxe.
O Concello de Pontecesures recibeu ós palistas do Club Naútico que participaron a finais de setembro no Campionato do Mundo de Maratón celebrado en Croacia.
O traballo e resultados de Nerea Novo [C1] , Roque Araujo [° C2] e Candela Romero [5°C1] foron recoñecidos no acto organizado pola Concellería de Deportes, no que estiveron acompañados pola Alcaldesa, Maite Tocino Barreiro, o Tenente da Alcaldesa Roque Araujo e compañeiras e directiva do Naútico.




CONCELLO DE PONTECESURES
PRAZO DE SOLICITUDE DO 16 DE OUTUBRO ATA O 6 DE NOVEMBRO.

BANDO INFORMATIVO AXUDAS Á ESCOLARIZACIÓN CURSO 2024/2025
BASES COMPLETAS AXUDAS Á ESCOLARIZACIÓN CURSO 2024/2025
FORMULARIO DE SOLICITUDE AXUDAS Á ESCOLARIZACIÓN CURSO 2024/2025
A alcaldesa do noso concello asinou no mes de febreiro de este ano un decreto no que solicitaba os fondos que Augas de Galicia poñía a disposición dos concellos para elaborar auditorías destinadas a minimizar as perdas de auga.
A Pontecesures concedéuselle unha subvención de 6.000€ para dita auditoría, que se leva a cabo durante este ano 2024 e que presenta resultados o 10 de setembro.
A auditoría conclúe que, na estación de tratamento de auga potable (ETAP) de Condide, o 47% da auga que sae dos depósitos pérdese en fugas que non están controladas, nada máis e nada menos que 227 millóns de litros de auga!
Dí tamén a auditoría que o Concello ten 4 anos para reducir esas perdas e acadar un rendemento do 80% na rede de subministro.
O actual goberno, ao contrario que o anterior, non investiu nin un só euro na mellora dos nosos sistemas de abastecemento e saneamento.
Celebramos o arranxo da perda de auga que dende semanas se localizaba no camiño a Carreiras contribuíndo a esos millóns de litros de auga que se perden irremediablemente todos os anos e que tras avisarmos ao Concello non conseguimos que se lle prestase atención ata que se comunicou pola aplicación que a Diputación de Pontevedra puxo a disposición dos concellos da provincia para a comunicación de incidencias coma estas.
A política medioambiental non debe reducirse nicamente a espallar muráis polo pobo, que tamén está moi ben; preservar e optimizar os recursos naturais estaría, coidamos, moito mellor.
POPULARES DE PONTECESURES
La alcaldesa de Pontecesures, Maite Tocino, se reunió con el Director General de Carreteras do Estado, para buscar una solución a la situación en la que actualmente se encuentran los márgenes este y oeste de la carretera N-550 a su paso por este municipio.
El objetivo de la alcaldesa es mejorar la seguridad del tramo de la Rúa Redondo con la instalación de pasos de peatones, semáforos y paradas de transporte escolar.
Además solicita reformar las aceras – que actualmente se encuentran en muy mal estado – , mejorar la accesibilidad de los peones y, además, adecentar el acceso a la zona dotacional del Concello mediante una rampa de acceso que conecte con la Senda Verde ya existente.
Diario de Arousa