Contratación de 3 postos de traballo dos Programas de cooperación 2013

A Consellería de Traballo, a través dos Programas de ??Cooperación? 2013, ven de conceder unha subvención por importe de 27.249,48 ? ao Concello de Pontecesures para a contratación de 3 persoas desempregadas.

En concreto, os postos concedidos son os de 2 auxiliares de xardinería, cunha duración de 4 ½ meses de contrato, e unha xornada a tempo parcial de 5 h. ½ horas de traballo diario. Realizarán labores de limpeza de camiños, xardíns e regatos municipais.

O outro posto concedido é o de Técnico de Protección Civil, para realizar labores de reforzo da seguridade no concello, tendo especial conta da Ruta portuguesa do Camiño de Santiago e da Ruta Fluvial. Tamén ten unha xornada de 5 ½ h, e unha duración de 12 meses.

A selección dos candidatos será a través do INEM, e iniciarase nos vindeiros días, para o cal aquelas persoas interesadas deberán figurar anotados para estes postos nas súas bases de datos. Os códigos das ocupacións son, o CNO: 95121019 no caso dos auxiliares de xardiñeria; e o 59991036 no caso do técnico de protección civil. A data de inicio dos contratos é do 15/10/2013 como data tope.

Independientes de Pontecesures se unen en contra de la suciedad y los recortes en la villa

Alertan de la imagen de abandono en las calles de la localidad durante el presente mandato

Independientes de Pontecesures (IP), la formación que lidera María Isabel Castro Barreiro, y la Agrupación Cidadá de Pontecesures (ACP), capitaneada por el edil Luis Ángel Sabariz Rolán, unen fuerzas y críticas para referirse a la situación de “abandono” y la creciente suciedad que, a su juicio, caracteriza el estado de las calles y vías de la localidad ribereña. “El abandono y la suciedad es la tónica general del mandato del actual gobierno, y solo nos faltaba esto para constatar lo poco que le importa que la villa esté en malas condiciones“, coinciden en señalar los portavoces de IP y ACP.

“Récords de ineficacia”

A juicio de estos dos grupos, el tripartito que forman BNG, Terra Galega y PSOE “sigue batiendo récords de ineficacia”. Y a modo de ejemplo en la oposición municipal destacan que “por primera vez en la historia no pasa el barredor por las calles centrales para recoger la basura a diario, como se hizo siempre”.

En el pleno celebrado anteayer María Isabel Castro Barreiro preguntó por esta situación. La respuesta de Cecilia Tarela, edil del BNG, fue que por vacaciones del personal resultó imposible prestar el servicio de limpieza demandado los lunes, durante todo el mes de septiembre.

Subida de impuestos

El problema de esto, replican IP y ACP, es que “no se buscan soluciones de ningún tipo, pero las tasas e impuestos suben mientras que la limpieza de las calles va cada vez a peor”.

Siguiendo esta línea argumental, y para incidir en sus críticas a los grupos del ejecutivo, especialmente en lo que se refiere a BNG y PSOE, los independientes espetan que “es muy sencillo censurar y presentar mociones en contra de los recortes en otras Administraciones, cuando son de otro signo político, mientras que en el propio Concello se aplican esos recortes en los servicios como el que más”.

:: Faro de Vigo :: 02/10/13

Hoxe, 30 de setembro, pleno ordinario en Pontecesures

Sera ás 21 horas no salón de sesións do Casa do Concello, coa seguinte Orde do día:

1. Acta anterior.
2. Moción do grupo municipal do PP sobre rexeitamento e condena ao terrorismo.
3. Conta Xeral exercicio 2012. Aprobación.
4. Aprobación inicial da ordenanza fiscal reguladora da taxa por aproveitamento especial ou privativo do dominio público local (solo, vóo, subsolo) por empresas explotadoras de servizos de subministro.
5. Informe de morosidade, 2º trimestre de 2013. Dar conta.
6. Resolución da alcaldía sobre ampliación do prazo de exposición pública do inventario municipal. Dar conta.
7. Moción do equipo de goberno do Concello de Pontecesures en apoio ás persoas que reciben pensións de estados estranxeiros.
8. Resolucións da alcaldía. Dar conta.
9. Informes da presidencia.
10. Rogos e preguntas

2º Plan de Emprego 2013 da Deputación de Pontevedra.

logo.depo

 

O Concello de Pontecesures vai solicitar á Deputación de Pontevedra, a través do 2º Plan de emprego 2013 dese organismo, destinado ós concellos da provincia, unha subvención para a contratación de 10 peons desempregadas a tempo parcial (5 horas/dia) durante 6 meses (dende o 01/11/2013 ate o 30/04/2014), e o salario bruto mensual é de 502,15 ?.

En concreto, a distribución dos peóns que este concello vai facer, xunto cos códigos do INEM nos que hai que estar inscritos é a seguinte:

– 6 peóns de obra pública, CNAE: 96.011.029

– 2 axudantes de xardinería, CNAE: 95.121.019

– 2 persoal de limpeza ou limpador/a en  xeral, CNAE: 92.101.050.

A selección dos candidatos/as será a través do INEM, a onde remitirá este concello as correspondentes ofertas de emprego unha vez aprobada a subvención. As contratacións faranse a finais de outubro entre todos os candidatos/as enviados  dende a oficina de emprego.

PRESENTACI?N DE “MEDRANDO Á PAR” EN PONTECESURES PARA O ANO 2013. SERVIZO INTEGRAL EDUCATIVO DE APOIO ÁS FAMILIAS CON NENOS DE 0 A 6 ANOS.

cartel medrando a par 2013REDUX

O vindeiro martes, 24 de setembro a Asociación Medrando á Par presentará o programa educativo que está a prestar esta entidade e da que poden beneficiarse todos os veciños de Pontecesures que queiran participar, o acto terá lugar no local do club xuvenil, situado ao lado da Biblioteca Municipal, e nel explicarase o proxecto ás familias interesadas en asistir ao novo curso 2013/2014 que agora da comezo.

O obxectivo de Medrando á Par é fomentar a competencia educativa das familias coa creación dos espazos das familias, con reunións de apoio, nas que se desenvolverán actividades educativas nas que participarán conxuntamente nenos e pais.

As xuntanzas celebraranse cunha periodicidade quincenal dende outubro a xuño do vindeiro ano.

Un ano máis, coa firma do convenio de colaboración o Concello de Pontecesures, desde sempre preocupado polo apoio á familia, aposta por darlle continuidade a un servizo de asesoramento e atención educativo ás familias da nosa vila que tendes nenos e nenas con idades comprendidas entre os 0 e 6 anos, consideramos que esta primeira etapa e fundamental no desenvolvemento da persoa.

Dende o Concello estamos convencidos da necesidade de contribuir con toda a axuda que sexa posible para facilitar recursos que den apoio ós pais e nais na difícil tarefa de educar ós nosos nenos e nenas.

Invitámosvos e animamos a que participedes.

Díptico informativo desta actividade:

http://pontecesures.org/recursos/d%C3%ADptico_medrando_a_par.pdf