Nota íntegra da ACP sobre a actuación no parque infantil “Vicente Moure”.

O goberno municipal de Pontecesures decideu incluir a obra do arranxo do parque infantil “Vicente Moure” (a carón da Casa do Concello) no Plan de Obras e Servicios da Deputación de Pontevedra que é o organismo que vai financiar ao 100% a actuación:

Como nada se tratou coa oposición sobre este investimento, a ACP desexa comunicar aos veciños o seguinte:

1. ? unha mágoa, pero parecer que non está previsto incluir na actuación o reconstrución da parte danada do muro de contención do parque infantil. Nun dos laterais o muro está danado como se pode apreciar dende as escaleiras do paso que hai entre o edificio da Casa do Concello e o propio parque.

2. Esta agrupación desexa que a actuación no seu conxunto non dane ás árbores antigas que temos no parque. ? un patrimonio de todos, o activo máis importante do recinto, e deben quedar a salvo de calquera actuación que prexudique ás mesmas.

En canto ao muro, solicítase que se acometa á reparación en canto sexa posible e sobre ás árbores dicimos, con bastante antelación, que debe estarse moi atento ás actuacións a realizar para evitar os danos e non levarnos logo sorpresas desagradables con feitos consumados.

Pontecesures, 09/09/13

Luis Ángel Sabariz Rolán
Concelleiro da ACP Pontecesures

Concesión dunha subención para a Reparación do Mercado de Abastos Municipal

Dentro da Orde do 30 de abril de 2013 na que se regulaban as subvencións a Concellos de Galicia para revitalizar o comercio de proximidade e potenciar unha rede galega de mercado de abastos excelente, o Conselleiro de economía e Industria ven de concederlle ó Concello de Pontecesures unha subvención para ??Reparación no Mercado de Abastos Municipal? por un importe de 11.616? dos que o 75% serán aportados pola Consellería (8.712?) e o restante 25% polo Concello (2.904?).

Descripción das obras previstas:

Previo apuntalamento das cerchas interiores, procederase a substituir os tirante metálicos por cables de aceiro de 20 mm con reguladores que permitan controlar a súa tensión tanto no momento da instalación como nas revisións periódicas que se deberán realizar. Renovaranse tamén os elementos auxiliares de unión (placas, ganchos,?)

Para reparar e asegurar a cercha exterior de madeira prevese colocar un pilar metálico (doble U) no seu extremo norte, e un casquillo de aceiro para reforzar a viga deteriorada.

Solicitude do equipo de goberno de asfaltados de Rúas e Camiños Municipais.

Vista a Orde de 8 de agosto de 2013 de Vicepresidencia e Consellería da Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, no D.O.G. nº 152 de 9 de agosto de 2013, pola que se establecen as bases reguladoras e se convocan subvencións para a execución de infraestruturas de uso público destinadas aos concellos de Galicia, de forma individual e mediante o sistema de xestión compartida, cofinanciadas polo FEDER, o equipo de goberno de Pontecesures decidiu adherirse xunto cos concellos de Caldas de Reis, Moraña e Portas, e presentar un proxecto global no que se recollan diversas actuacións en cada concello, pois os proxectos mancomunados de varios concellos acadan máis valoración segundo a orde.

 

A solicitude que presenta o equipo de goberno de Pontecesures refírese ao asfaltado de 12 rúas e camiños municipais por un valor de 57.500? dos que o Concello deberá aportar un 20% (11.500?), segundo  a seguinte memoria elaborada polo arquitecto municipal:

 

 

Actuación

Lonxitude

Anchura media

01. Rúa do Campo (lateral campo de fútbol) A. 60 mB. 73 m A. 5 mB. 6 m
02. Telleiro – paso baixo vía 41 m 4,50 m
03. Rúa Cantillo 14 m 5,50 m
04. Rúa Forneiras 55 m 4,50 m
05. Camiño en Rúa Mimosas 43 m 3,50 m
06. Rúa Mimosas 137 m 4 m
07. Pista entre Ullán e Barosa 37 m 3 m
08. Rúa do Ensanche 160 m 6 m
09. Travesía Ensanche – Regadío 47 m 4 m
10. Camiño Condide – cementerio A. 19 mB. 16 m A. 3 mB. 5 m
11. Cortinallas 50 m 4 m
12. Rúa Otero Acevedo 62 m 6,5 m