
El “apagón” en Pontecesures.
En el balance de incidencias, la alcaldesa Maite Tocino informa de que ADIF mantuvo las barreras bajadas en los tres pasos a nivel que hay en la localidad por motivos de seguridad ante la falta de señalización sonora y semafórica. El martes a las nueve de la mañana, el de San Xulián, ubicado en zona de paso del Camino de Santiago, seguía con las barreras bajadas. En el centro urbano fue necesario reordenar la circulación del tráfico hasta las 7 horas del martes debido a la alteración que implica el cierre de los pasos a nivel. El Concello mantuvo abierta la escuela infantil para facilitar la conciliación laboral a las familias.
La Voz de Galicia
O BNG de Valga acusa ao goberno local de «agochar» información.

«Contestásenos cun informe de dez páxinas asinado polo secretario municipal que, simplemente, é unha interpretación restritiva que vulnera o dereito fundamental de acceso á información», sinala a formación
OBloque Nacionalista Galego de Valga denuncia a negativa do goberno local a facilitarlle información relevante sobre a xestión municipal. «No canto de dar resposta, contestásenos cun informe de dez páxinas asinado polo secretario municipal que, baixo unha aparente cobertura legal, simplemente é unha interpretación restritiva que vulnera o dereito fundamental de acceso á información», sinala a formación.
O BNG solicitou nos últimos meses por rexistro información sobre o Servizo de Axuda no Fogar, as referencias catastrais das parcelas de titularidade municipal, o polígono industrial da Medela, a xestión da escola infantil ou o servizo de limpeza dos edificios municipais. «En ningún caso recibimos resposta, e por ese motivo tivemos que volver a solicitalo por escrito o 2 de abril de 2025 ante o silencio absoluto do goberno municipal do Partido Popular. O 9 de abril de 2025, José Manuel Salguero del Valle, secretario do Concello de Valga, emitiu un informe que, baixo unha aparencia moi técnica e cheo de referencias legais, non fai máis que servir de escusa para xustificar a falta de respostas ás nosas preguntas. Estamos ante un intento evidente de agochar, detrás da burocracia, a decisión política do alcalde de Valga para non responder», abonda o grupo da oposición.
O Bloque recorre á solicitude por escrito ao non poder obter información nos plenos onde «non se nos dá resposta real ao que preguntamos, nin se nos permite argumentar as nosas cuestións, nin intervir para aclarar o seu contido».
Para Fran Devesa, voceiro municipal do BNG de Valga, «o que está en xogo non é un debate técnico ou legal, senón algo moito máis fondo, que é o dereito dos veciños e veciñas a saber que se está facendo no seu concello cos cartos de todos e todas. Seguiremos reclamando que se nos entregue a documentación pedida, que nos contesten por escrito como corresponde e que se respecte o noso dereito a saber o que fai o goberno municipal».
La Voz de Galicia
O Concello de Pontecesures tamén impulsa a concentración e rafting contra Altri e a mina de Touro na defensa do río Ulla.
Será o vindeiro 4 de maio, impulsada por varias organización e colectivos. O punto de encontro é o Campo da Insua.

O vindeiro 4 de maio haberá unha nova concentración contra o proxecto de Altri para Palas de Rei (A Ulloa) e a reapertura da mina de Touro. Desta volta será en Padrón (O Sar) e non se limitará a unha simple concentración. Vén da man dunha baixa de rafting polas aulas do Ulla, o río que pode sufrir os efectos e consecuencias da instalación da pasteira.
O punto de encontro é o Campo da Insua, en Padrón, ás 9.30 horas. Alá dará inicio o rafting e as persoas interesadas deberán inscribirse previamente. Sobre as 13.30 horas está prevista a chegada das balsas participantes nesta iniciativa ao mesmo punto. Procederase á leitura do manifesto e unha concentración en rexeitamento ao proxecto da multinacional lusa e á reapertura da min
Esta actividade está impulsada pola Plataforma en defensa da ría de Arousa (PDRA), Ulloa Viva, a plataforma Mina Touro-O Pino non, Adega, Greenpeace, Baixo Ulla Vivo, Ecoloxistas en Acción e tamén fan parte os concellos de Padrón e Pontecesures, así como Caiac Extremo Galiza.
O río Ulla é un dos espazos naturais que se verían afectados por esta gran fábrica, deseñada para producir até 400.000 toneladas de celulosa solúbel e 200.000 de lyocell, ademais doutros subprodutos, como biomasa e xeso. Verterá ao río até 30 millóns de litros de augas residuais contaminadas cada día. O megaproxecto (denominado proxecto Gama) ameaza directamente a exigua Rede Natura 2000 galega
Tamén afectarían a esas augas a mina de Touro-O Pino, advirten colectivos e veciñanza, cos riscos e perigo que iso implica, non só para o río, senón tamén para o lugar onde vai dar: a ría de Arousa.
nósdiario
Exposición Chicas Nuevas 24 horas.

A𝙩𝙖 𝙤 30 𝙙𝙚 𝙖𝙗𝙧𝙞𝙡, podes visitar a exposición 𝘊𝘩𝘪𝘤𝘢𝘴 𝘕𝘶𝘦𝘷𝘢𝘴 24 𝘩𝘰𝘳𝘢𝘴, organizada pola 𝐒𝐞𝐜𝐫𝐞𝐭𝐚𝐫í𝐚 𝐗𝐞𝐫𝐚𝐥 𝐝𝐞 𝐈𝐠𝐮𝐚𝐥𝐝𝐚𝐝𝐞 𝐞 𝐨 𝐂𝐨𝐧𝐜𝐞𝐥𝐥𝐨 𝐝𝐞 𝐏𝐨𝐧𝐭𝐞𝐜𝐞𝐬𝐮𝐫𝐞𝐬, baseada no documental do mesmo nome da directora e documentalista Mabel Lozano.
O obxectivo é buscar a sensibilización, implicación e compromiso da poboación nunha exposición que denuncia o negocio que xera a explotación sexual de mulleres e nenas.
Concello de Pontecesures
09:00 a 14:00 de luns a venres
Do 15 ó 30 de abril