Hoxe luns, 31 de xullo, pleno extraordinario en Pontecesures

Será as 20 horas no salón de plenos da Casa do Concello coa seguinte orde do día:

  1. Aprobación de actas anteriores (17/06/23 e 10/07/23).
  2. Aprobación Conta Xeral de 2022.
  3. Crédito extraordinario con cargo ao remanente líquido de tesourería nº 01/2023.
  4. Recoñecemento extraxudicial nº02/2023.
  5. Dación de conta de resolucións da alcaldía.
  6. Dación de conta do período medio de pago correspondente ao 2º trimestre de 2023.
  7. Dación de conta da composición das Comisións Informativas Permanentes.
  8. Dación de conta da composición e delegacións na Xunta de Goberno Local.
  9. Dación de conta solicitude e convenio Plan Integrado de Emprego.
  10. Dación de conta Plan Concellos 2021.
  11. Rogos e preguntas.

El Concello y el PSOE piden la retirada del sistema de citas del nombre del médico de Padrón acusado de abusos.

La asociación feminista Mulleres de Padrón detectó que la aplicación del Sergas incluía el nombre del facultativo

El Concello de Padrón y el grupo parlamentario del PSOE han solicitado al Sergas que retire de la aplicación de reserva de cita previa para el centro médico del municipio el nombre del médico que está siendo investigado por, presuntamente, abuso sexual a varias de sus pacientes, unos hechos que provocaron un proceso judicial que sigue abierto.

La asociación feminista Mulleres de Padrón alertó de que el nombre del facultativo aparecía en la aplicación del Sergas para pasar consulta desde el pasado día 17, generando gran alarma y malestar entre muchas mujeres que acuden al ambulatorio, aunque el PSOE señala que este médico no está pasando consulta en el centro.

«O Concello de Padrón non pode mirar cara a outro lado ante uns feitos desta magnitude. Ningunha usuaria do noso centro de saúde pode sentirse atemorizada nin desprotexida cando pide unha cita médica», afirma el alcalde socialista Anxo Arca. Además de solicitar al Sergas que suprima de la aplicación el nombre del médico denunciado, el Concello pide que se garantice que el facultativo no está ejerciendo.

El PSOE ha presentado en el Parlamento una proposición no de ley con las mismas demandas que el gobierno local.

La Voz de Galicia.

O CIM ofrece servizos gratuítos de atención psicolóxica e asistencia xurídica na casa do concello de Pontecesures.

   

O Concello de Pontecesures informa de que o Centro de Información á Muller (CIM) ofrece dous tipos de servizos gratuítos ás veciñas de Pontecesures: atención psicolóxica e asistencia xurídica. O servizo de atención psicolóxica estará dispoñible todos os mércores en horario de 12:00 a 14:00 horas, mentres que o de asistencia xurídica terá lugar todos os venres, de 9:30 a 11:30 horas.

A atención prestarase nas oficinas emprazadas no baixo da casa consistorial. Máis información: 986 557 125 ou 986 564 409.
 

O Santiaguiño enche Padrón durante unha semana de espectáculos para todos os públicos.

Leilía, Ruxe Ruxe e versións dos anos 80 e 90 de Chroma e Somoza Trío, entre os concertos programados

As actuacións de Xoán Curiel e de Uxía Lambona son dous dos atractivos para a cativada, que terá a súa festa o 24 pola tarde

O martes 25 celébrase a tradicional romaría no monte Santiaguiño, tras subir o santo en procesión

Sardiñada da romaría do Santiaguiño

Sardiñada da romaría do Santiaguiño

As festas do Santiaguiño encherán Padrón de actividades para todos os públicos dende este luns, día 17, ata o 25 de xullo, cando se celebrará a tradicional procesión do santo e a romaría no monte San Gregorio. As actuacións de Xoán Curiel e Uxía Lambona son dous dos espectáculos pensandos para a cativada, que terá a súa festa o luns 24 pola tarde. Os amantes dos concertos poderán gozar cos de Ruxe RuxeLeilía e as vesións dos anos 80 e 90 de Chroma e Somoza Trío. O amplo programa inclúe tamén a entrega do premio Peregrino de Honra a José Antonio de la Riera, o venres 21.

A maxia terá un papel destacado no programa do Santiaguiño 2023, cos espectáculos Rock’n’Magic do Mago Teo (luns 17, 21.30 horas) e o do Mago Antón Mil maxias máis (venres 21). O Mago Antón vai ofrecer cinco actuacións na travesía do Campo da Feira (detrás do campo de fútbol) ás 11.00, 12.00, 19.00, 20.00 e 21.00 horas con aforo limitado, polo que é preciso retirar entrada no centro social.

Procesión do santo no monte San Gregorio

Procesión do santo no monte San Gregorio.

Nenos e nenas tamén poderán gozar cos espectáculos para público familiar de Xoán Curiel e a Banda do Verán (martes 18) e co de Uxía Lambona e a Banda Molona (xoves 20), os dous ás 21.30 horas na praza de Macías.

O venres comezan os grandes concertos do Santiaguiño coa actuación de Leilía (22.30) e Quinkillada (medianoite), ambos no Campo do Souto, e o do DJ Traffic House (01.30) no Espolón. O sábado actuarán Chroma, coas súas versións dos anos 80 e 90 (23.00) e o DJ César Sánchez (01.00) e o domingo será o turno da banda folk Os D’Abaixo (21.30).

O fundador da Fraternidad Internacional del Camino de Santiago (FICS) e da Asociación Galega de Amigos do Camiño de Santiago (AGACS), José Antonio de la Riera Autrán, foi distinguido este ano do premio Peregrino de Honra. O alcalde, Anxo Arca, entregaralle o venres o galardón Padrón, Berce do Xacobeo, durante o acto oficial que se celebrará na igrexa de Santiago a partir das 12.00 horas.ç

Festa infantil o luns 24

A cativada ten reservada a súa festa para o luns 24, coa celebración do parque de lecer infantil. Entre as seis e as nove da tarde poderá gozar cos inchables, pista militar, a selva, guay paut con piscina, tobogán de auga, búfalo mecánico e moitas atraccións máis.

O grupo folclórico Rosalía de Castro actuará ás 18.00 no paseo do Espolón, e as 19.00 celébrase un desfile e concurso asnal, antes de que o espectáculo de acrobacias O burro Marcial faga as delicias de todos os que se atopen na praza de Macías ás oito da tarde. Ao rematar (20.30) o Circo Krasnovarak pediralle a pequenos e maiores polas rúas de Padrón que axuden a Nika a atopar os animais perdidos do circo.

Os concertos de Somoza Trío, coas súas versións pop rock dos anos oitenta e noventa (22.30 horas) e o DJ Carlos López (00.30) pecharán o programa do luns 24.

Romaría no monte San Gregorio

Romaría no monte San Gregorio.

Día do Santiaguiño

O día grande do Santiaguiño, 25 de xullo, os actos comezarán ás 10.30 horas coa tradicional procesión coa imaxe do santo dende a igrexa parroquial ata o monte San Gregorio. A comitiva irá acompañada polos grupos de gaitas O Pedrón, Rosalía de Castro, San Pedro de Carcacía, A Arreixeira, Xoldra e Os Mersenarios. Ao mediodía celebrarase a misa no monte Santiaguiño, e a solemne será ás 13.00 horas, cantada pola Coral Polifónica Padronesa.

O Concello ten habilitado un servizo de transporte gratuíto para que persoas con mobilidade reducida podar participar na romaría. Haberá saídas dende o Campo do Souto cada media hora de 11.30 a 15.00 e de 17.00 a 20.00 horas. As baixadas dende o Santiaguiño serán, tamén cada media hora, de 11.45 a 15.15 e dende ás 17.15 ata as 20.15 horas.

O romaría do Santiaguiño comezará ás 12.30 horas coa tradicional sardiñada, e o reparto gratuíto de pan de millo e dos bolos preñados.

As actividades divertidas para os máis pequenos comezarán ás 16.30 horas, con animación, inchables de auga e moitas máis sorpresas.

A baixada en procesión do santo dende o monte Santiaguiño (19.30 horas) dará paso pouco despois ao concerto de Ruxe Ruxe (21.30 horas no paseo do Espolón), que pecharás as festas do Santiaguiño de Padrón deste ano.

El Correo Gallego 

Nerea Novo subcampiona de Europa junior de piragüismo (Marathón).


O Concello de Pontecesures felicita a Nerea Novo, deportista do Náutico Pontecesures, que vén de proclamarse subcampiona de Europa junior de piragüismo nos Campionatos Europeos de Marathón Canoe Europe, que se desputan en Slavonski Brod (Croacia).

Tras completar 3 voltas e 2 porteos, Nerea logrou a segunda posición cun tempo de 1: 11:18,19, quedando por detrás da húngara Imola Batka, cun tempo de 1:10:06.12. O terceiro posto foi para Iringo Batka, tamén de Hungría.

Despois, a deportista cesureña competiu na final de maratón curto, onde acadou un meritorio sétimo posto.

Parabéns.


Concello de Pontecesures