A planta de residuos de construción e o punto limpo de Valga reabren en abril.

O Concello de Valga reabrirá o vindeiro 3 de abril o Punto Limpo e a planta de residuos da construción, unha vez rematado o proceso de baleirado e limpeza levado a cabo en colaboración coa Consellería de Medio Ambiente. As instalacións serán xestionadas pola administración municipal, co seguinte horario: os luns de oito a tres a os xoves de dúas a nove.

La Voz de Galicia

Fran Devesa lidera a candidatura coa que o BNG volverá dar a batalla pola alcaldía de Valga

Encabeza unha lista completamente renovada que pretende «devolver a ilusión» á veciñanza ante o «agotamento» do goberno de Bello Maneiro

No ano 2015, o BNG desapareceu da vida política de Valga. A agrupación local do Bloque quedara tocada por unha serie de problemas internos e, cando aínda non tivera tempo de se recuperar, a crise que ameazou con esnaquizar á formación acabou desencantando a moitos militantes, que no caso de Valga decidiron marchar para as súas casas. Un daqueles militantes foi Fran Devesa, que durante todo este tempo seguiu sendo militante do BNG, malia que non puidera exercer como tal na súa vila. Ata hai aproximadamente un ano, cando «apareceu un grupo de xente nova» e con gañas de reactivar a agrupación. Daquel primeiro movemento ven de nacer a que será a candidatura coa que o BNG se presentará ás eleccións de maio en Valga. Á fronte estará Fran Devesa, empresario do sector do turismo e veciño da parroquia de San Miguel.

Explica Devesa que se aceptou asumir este reto e embarcarse nesta aventura foi porque ten a certeza de que non está so: segundo afirma, o Bloque foi quen de artellar unha candidatura formada por xente chea de ideas, de ilusión e de gañas de traballar. «É unha candidatura moi renovada, temos moitísima xente nova», sinala. A lista non está cerrada completamente, e a intención é incorporar á mesma «a referentes do BNG en Valga», simbolizando dese xeito o renacemento na vila do proxecto nacionalista.

A hora de debullar o programa electoral do BNG de Valga está por chegar. De momento, Fran Devesa explica que no Concello hai máis traballo por facer que nunca. «Estes últimos mandatos do actual goberno [presidido por Bello Maneiro (PP)] están a ser un desastre. Non hai proxecto, non hai ideas e non hai ganas, o que se pode comprobar botándolle un ollo a como está todo. Valga está abandonada». Conseguir ilusionar á veciñanza desta localidade con ideas e iniciativas é o reto que se ten marcado o BNG, unha formación que parece ter logrado recompoñerse nesta vila e que arrinca «con humildade» pero disposta a ir «a por todas».

Diario de Arousa

Plantan 400 exemplares de árbores autóctonas nos montes de Valga.

Case 40 Trinta estudantes de sexto de Primaria do CEIP Plurilingüe Baño-Xanza participaron na colocación con motivo do Día Forestal Mundial

Trinta e oito estudantes de sexto de Primaria do CEIP Plurilingüe Baño-Xanza participaron nunha plantación de árbores con motivo do Día Forestal Mundial, organizada pola Comunidade de Montes de San Miguel e o Servizo Provincial de Montes e que contou, amais, coa colaboración do Concello de Valga e da empresa Norfor. A actividade tivo lugar na zona de Laceiras, no bordo dunha pista forestal na que, conforme á lexislación, se eliminaron piñeiros e eucaliptos para substituílos por especies autóctonas frondosas coma carballos, castiñeiros, cerdeiras, freixos e sobreiras, que en caso de incendio forestal contribúen a frear o avance do lume. Plantáronse preto de catrocentas árbores.

Os rapaces contaron coa axuda dunha brigada de bombeiros forestais do Distrito Caldas-Salnés. Cavaron os buratos empregando sachos e aixadas, explicáronlles a que profundidade deben plantarse as árbores e como cubrilas coa terra para que enraícen e broten. «Durante os primeiros anos necesitarán coidados e nun prazo aproximado de dúas décadas isto converterase nunha zona de monte xa bastante pechado», explicou o xefe do distrito, Pedro López, que se desprazou a Laceiras para comprobar o desenvolvemento da actividade.

«Hai anos que traballamos en colaboración coa Comunidade de Montes de San Miguel e os resultados das primeiras plantacións que realizamos xa se empezan a ver», destacou. «Este tipo de actividades divulgativas son moi gratificantes porque os rapaces pásano ben e entran en contacto coa natureza e o monte agradéceo», rematou o xefe do distrito.

La Voz de Galicia

Pontecesures vai celebrar o Día da Muller o domingo na Plazuela cun photocall.

O Concello convocará a Mesa Local pola Igualdade para o mesmo oito de marzo

Concello de Pontecesures.

O Concello de Pontecesures conmemorará este 8M, Día da Muller, cun amplo programa de actividades baixo a lenda Pontecesures pola igualdade, unha iniciativa que se fará con cargo ao Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero do Ministerio de Igualdade. A primeira desas actividades terá lugar este mesmo domingo, cinco de marzo: un photocall na Plazuela en horario de 11.00 a 14.00 horas.

O programa foi presentado pola concelleira de Muller e Igualdade, Laura Villar, que explica que “todas as persoas que o desexen poderán facerse unha fotografía pola igualdade nese photocall e, con todas elas, elaboraremos un mosaico. Despois, cada veciño e veciña que participe poderá levar unha réplica dese mosaico”. Un photocall que o martes sete de marzo estará no colexio de Pontecesures, de 11.00 a 13.00 horas, polo que as familias que desexen que as súas crianzas participen na mencionada actividade deberán asinar unha autorización.

Finalmente, o mércores 8 de marzo haberá unha terceira sesión do photocall pola igualdade, nesta ocasión na Plazuela, en horario de 11.00 a 14.00 horas. A maiores, durante os tres días haberá unha mesa informativa que acompañará o photocall e repartirá material conmemorativo entre a veciñanza para concienciar á sociedade en igualdade.

Por outra banda, o propio 8 de marzo, ás 10.00 horas, terá lugar unha nova reunión da Mesa Local de Igualdade, na que están representados o Concello, as asociacións e clubs deportivos, os grupos políticos municipais e a ANPA, baixo a presidencia do propio alcalde do Concello de Pontecesures, Juan Manuel Vidal Seage.

El Correo Gallego

Pontecesures pone en marcha el plan de limpieza y saneamiento de las calles del casco urbano.

Los trabajos dieron comienzo esta mañana en las calles del municipio.

El Concello de Pontecesures inició esta mañana el plan de limpieza y saneamiento de las calles del casco urbano del municipio, sumando un área de actuación superior a los dos kilómetros.


La limpieza se acometerá en las principales calles de la localidad, desde Portarraxoi hasta la Rúa Víctor García, pasando por las calles Lois y Sagasta. Además, se extenderá a zonas adyacentes, como las travesías de A Bandeira, de la Feira do Automóbil y del Muelle o las vías Patifas, Otero Acevedo, San Lázaro, Nova, Rosalía de Castro, Castelao y Carlos Bóveda. Asimismo, se completará la actuación con la limpieza de la calle de Correos y detrás de la piscina del Náutico, hasta sumar un total de 2.069 metros de aceras.


El alcalde, Manuel Vidal Seage, explica que “nesta primeira fase imos actuar sobre as rúas con máis intensidade de tránsito de peóns e sobre aquelas que teñen un carácter máis comercial. Despois iremos limpando o resto das rúas adxacentes”.


Durante la ejecución de los trabajos, el Concello recomienda no estacionar los vehículos en los tramos de las calles en los que se señalice, debido a que el agua presión puede causar daños en los coches aparcados al arrancar materiales que llevan años adheridos a las aceras. La señalización se irá desplazando por los distintos tramos de la calle central entre Portarraxoi y Víctor García de acuerdo al avance de los trabajos.

Diario de Arousa

Zafarrancho de limpieza en las calles de Pontecesures.

Rematados los trabajos, el Concello pondrá en marcha una campaña de sensibilización

El Concello de Pontecesures ha puesto en marcha este jueves un plan especial de «limpeza e saneamento viario» en el casco urbano. El alcalde, Juan Manuel Vidal Seage, explica que «nesta primeira fase imos actuar sobre as rúas con máis intensidade de tránsito de peóns e sobre aquelas que teñen un carácter máis comercial. Despois iremos limpando o resto das rúas adxacentes». Para empezar, los trabajos se concentran en el eje central de la villa, desde Portarraxoi hasta Víctor García, (un total de 1.040 metros). Luego llegarán a las travesías de A Bandeira, Feira do Automóbil y muelle; y a las calles Patifas, Otero Acevedo, San Lázaro, Nova, Rosalía de Castro, Castelao y Carlos Bóveda. «Completarase a actuación coa limpeza da rúa a carón de Correos e detrás da piscina do Náutico, ata sumar un total de 2.069 metros de beirarrúas».

Los trabajos se están realizando con medios manuales y mecánicos. «Farase especial fincapé na eliminación do verdín para evitar esvaróns e mellorarase de forma significativa a hixiene das rúas do casco urbano de Pontecesures», señala Vidal Seage. Informa, además, de que «despois poremos en marcha unha campaña especial de sensibilización entre a veciñanza para que nos axuden a manter limpas as rúas, tanto de lixo como de deposicións dos animais».

La Voz de Galicia