O Concello de Pontecesures anunciou o remate destas obras en Condide. Os traballos consistiron na reurbanización da beirarrúa dereita, nunha lonxitude de 360 metros, coa renovación das redes de abastecemento, pluviais e das luminarias existentes por outras de maior eficiencia enerxética.
Sin Categoria
CORTE DE AUGA NA XORNADA DO XOVES 24 DE XUÑO (ZONA DE CONDIDE).

SERVIZO MUNICIPAL DE AUGAS
AVISO DE CORTE DE AUGA
Na xornada do XOVES 24 DE XUÑO, debido a obras de mellora na rede de abastecemento de auga, procederáse a un corte no subministro que afectará ás seguintes rúas:
- Rúa do Ensanche.
- Rúa do Couto.
- Pista do Regadío (dende o cruce da Paxareira ata Condide).
- Barrio de Condide.
O tempo aproximado do corte no subministro de auga será dende as 08.30 ata ás 13.00 horas. Recoméndase a tódolos veciños que fagan acopio de auga para dispoñer da mesma no devandito horario.
Sin Categoria
EXCELENTES RESULTADOS NA CAMPAÑA DE TRAMPEO CONTRA A VESPA VELUTINA NO CONCELLO DE PONTECESURES.
O pasado 15 de Marzo dou inicio unha campaña de trampeo para o control da vespa velutina.
Dividido o termino municipal en 4 zonas colocáronse un total de 70 trampas distribuídas uniformemente e nos lugares axeitados para unha maior eficacia nas capturas das raíñas.
ZONA 1: Condide-Paxareira-Carreiras
ZONA 2: Toxa-Grobas-Fenteira-O Castro-San Xulián
ZONA 3: Centro da vila-Zona peirao
ZONA 4: Sur e Norte de Porto-Redondo
Na primeira recollida das trampas correspondente ao período Marzo-Abril capturáronse 280 raíñas velutinas.
Dita cifra incrementouse na segunda revisión correspondente ao período Maio-Xuño no que xa se levan capturadas 325 raíñas velutinas.
Son unhas excelentes cifras de capturas, xa que superan a día de hoxe os 600 exemplares que, doutro xeito, darían lugar a máis de 600 niños primarios no noso concello.
O número de chamadas ao concello reduciuse considerablemente este ano coa implantación de estes trampeos, aínda así, tan importante coma o trampeo primaveral é a retirada dos posibles niños que xurdan ata o mes de outubro para evitar a fin do ciclo biolóxico da especie.
Para elo lembramos que a comunicación de niños de velutina farase a través do teléfono 012 do servizo de recollida de avisos de niños de vespa velutina ou no teléfono do Concello 986-557125




Sin Categoria
Falleció Manuela Amparo Taibo Jamardo «Villamarina».
A los 73 años falleció esta vecina de Pontecesures, viuda de Ramón Vázquez Jamardo. Mañana lunes 3 de mayo, a las 11 horas,tendrá lugar el funeral en la Iglesia de Pontecesures. Al fnalizar los restos mortales recibirán sepultura en el Cementerio Municipal de Condide.
Descanse en paz.
Sin Categoria
Finou Delmira «A Costureira»
Aos 92 años de idade, finou a veciña de Carreiras, Delmira Portela Pardal, viúva de Guillermo Martínez Vázquez. O velorio está instalado no Tanatorio Iria Flavia de Padrón. Hoxe sábado 27 de marzo, ás 16:30 horas, terá lugar o funeral na Igrexa de Pontecesures. Os restos mortais recibirán logo sepultura no Cemiterio Municipal de Condide.
Descanse en paz.
Sin Categoria
Falleció Manuel Lorenzo Guimarey.
A los 93 años de edad, falleció este vecino de A Toxa, viudo de Mª Luisa Míguez Candal. El velatorio está instalado en el Tanatorio Iria Flavia de Padrón. Hoy sábado 27 de marzo, a las 12 horas, tendrá lugar el funeral en la Iglesia de Pontecesures. Los restos mortales recibirán luego sepultura en el Cementerio Municipal de Condide.
Descanse en paz.