Choiva de Estrelas

radioAdicado a dona Margarita Carolina, Concelleira de Cultura, con quen bebería un par de grolos, sólo que teño moita verjonsa en desirllo,… eu son da Aldea. (Espero que se entere desta adicatoria tan cutre)

Algúns que compartimos «autorictas» neste tema sabémolo, outros deste pobo supoño que non, para o coñecemento da xente da nosa SMALLVILLE que é PONTECESURES (xente á que de momento lle quero moito) e para que non esquezamos que sempre hai algo máis alá, para o coñecemento de todos, vai este pequeno artigo.

O meteor scatter ou reflexión (dispersión) meteórica fíxose nalgún tempo dende as «Cortinallas» ou dende o «Pozo da Cornelia» ou dende o Caldeirón, ou dende Condide, ou vaian vostedes a saber dende onde….ó mellor tamén dende Enfesta.

(más…)

Manuel Luis Álvarez: ‘Non podo deixar a Pontecesures nas mans destes personaxes tan curiosos da oposición’

p(centrado). altoparlante.jpg

O nacionalista Manuel Luis Álvarez Angueira afronta a recta final da súa segunda lexislatura á fronte do Concello de Pontecesures; un mandato duro no que a ruptura do goberno tripartito que compartía cos independentes Luis Ángel Sabariz e Maribel Castro – que aínda segue a ser a súa socia – deu un xiro a situación municipal. En minoría, a gobernabilidade complicouse pero Angueira está satisfeito das cousas logradas «a pesar da oposición», á que acusa de «acosarme permanentemente». Segue a ter ilusión por traballar polo municipio e, por iso, avanza que optará de novo á reelección nos comicios de maio de 2007 cun obxectivo claro: acadar a maioría absoluta.

(más…)

Novas inundacións en Pontecesures.

chuviaSobre ás 15,30 horas do día de hoxe, e como o día 22 de outubro pasado houbo, inundacións no noso municipio. Ao desbordarse pola estrada nacional N-550 un pequeno regato que separa en Redondo, polo marxe esquerdo indo en dirección Pontevedra, os termos municipais de Valga e Pontecesures, ía gran cantidade de auga que entrou na vivenda de Ramón Seone «Budiño» en Redondo 85 (xa sofreu o asolagamento o domingo 22 de outubro). Este rego pasa por baixo da estrada nacional, a altura da vivenda situada en Redondo 96, e ao estar obstruído motivou que entrara tamén auga no soto da vivenda en Tarroeira de Juan J. Barreiro Gómez. Hai que salientar que este regato, que segue para A Charca, foi estreitado no seu cauce por recheos en dúas fincas (unha no comentado marxe esquerdo indo para Valga) e outra no marxe dereito onde se veñen depositando escombros hai tempo. No derradeiro pleno xa denunciou este concelleiro que son obras sen autorización e causan agora estos problemas porque o cauce é insuficiente para trasladar tanto auga. Non tiven contestación e o problema segue a ser moi grave.

Tamén acumulouse moito auga, coma sempre, na intersección da estrada nacional coa rúa Doutor Mosquera en Condide e isto motivou a entrada de auga no soto dunha vivenda unifamiliar de Rosana Vicente construída hai pouco tempo.

Tanto Protección civil como a Policía Local tiveron que empregarse a fondo para levantar as tapas dos sumidoiros facilitando a evacuación do auga e para indicar o perigo aos automobilistas.

Para rematar dicir, que coma noutras ocasións saltaron as tapas da beirarrúa fronte aos conxelados Neixon e gran cantidade de auga ía pola rúa San Lois ata a intersección coa rúa Carlos Maside aparentemente sin que houbera danos.

Luis Angel Sabariz Rolán

Deficiencias en la carretera que va del cementerio al Galiñeiro y en el lavadero de Infesta.

En el día de la fecha se presentó el siguiente escrito:

ACP PONTECESURES

El tramo de carretera que va desde el Cementerio Municipal de Condide hasta el mirador del Galiñeiro por el monte municipal ??Salgueiras-Lagoa? esta en condiciones lamentables desde que las fuertes lluvias del 22 de octubre arrastraran tierras y piedras que permanecen depositadas en el firme transmitiendo una completa sensación de abandono. A causa del agua también hay huecos en alguna cuneta con peligro de que algún vehículo introduzca alguna rueda en los mismos. Estas deficiencias motivaron bastantes quejas de vecinos ante este concejal.
(más…)