Mañá Xunta Xeral Ordinaria da Confraría da Virxe das Dores.

A presidenta da desta confraría, María Elena Vidal Vidal, convocou para o sábado día 11 de febreiro ás 19 horas a Xunta Xeral Ordinaria.
Será na Igrexa Parroquial de Pontecesures ás 19 horas (despois da misa), coa seguinte Orde do Día:
1. Aprobación, se procede, da acta anterior.
2. Estado de contas a 31/12/16.
3. Informes da presidencia.
4. Rogos e preguntas.

O Fondo Galego combate a vaga de frío que afecta ás persoas refuxiadas na ruta dos Balcáns.

– A asociación de concellos e deputacións achega 10.000 euros a Acnur para dotar de roupa, mantas e estufas ás e aos solicitantes de asilo en centros de Serbia

– Calquera persoa ou entidade pode contribuír coas súas doazóns a través da conta de emerxencia aberta polo Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade

 

Pontevedra, 27 de xaneiro de 2017. As persoas refuxiadas que seguen a ruta dos Balcáns levan semanas soportando temperaturas baixo cero a causa da vaga de frío siberiano en Europa. Ante esta situación, o Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade vén de achegar 10.000 euros ao Alto Comisionado das Nacións Unidas para os Refuxiados (Acnur), que dotará así de artigos coma roupa, mantas e estufas ás e aos solicitantes de asilo en centros de acollida de Serbia, en coordinación co goberno do país e cos seus parceiros locais.

As deputacións e concellos socios do Fondo Galego contribúen deste xeito a paliar as duras condicións de vida das persoas refuxiadas. No entanto, as distintas administracións locais poden sumar a esta doazón a súa propia achega específica a través da conta ES78 2080 0559 2630 4000 4276 de Abanca, indicando como concepto a palabra ??refuxiados?. Esta conta de emerxencia está dispoñible tamén para persoas individuais, grupos ou calquera tipo de entidade que desexe canalizar así a súa solidariedade coas e cos afectados.

Calquera contía, por pequena que sexa, resulta valiosa ao engadirse ao conxunto. No entanto, o Fondo Galego de Cooperación é consciente de que este tipo de axudas non son a solución, que debe chegar desde as altas instancias políticas. Así o esixía hai un ano con declaracións institucionis nas que reclamaba substituír as medidas restritivas por accións que atallen as causas do problema, en cuxo cerne están os intereses xeopolíticos dos países máis poderosos, ao tempo que chamaba rexeitar os movementos xenófobos.

Co empeoramento das condicións climatolóxicas, o número de solicitudes de asilo en Serbia non deixa de aumentar. Trátase principalmente de persoas afgás, iraquís e sirias que foxen dos conflitos nos seus lugares de orixe á procura dunha vida mellor. A maioría áchanse en aloxamentos improvisados que están ao límite da súa capacidade e onde deben agardar arredor de medio ano para poder cruzar a fronteira.

Por outra parte, Acnur está a acondicionar un refuxio temporal para aloxar a quen se achan malvivindo nas rúas de Belgrado, cidade na que ademais se está a levar a cabo a identificación de centos de menores non acompañados para proporcionarlles asistencia especializada. Ás mortes no Mediterráneo, súmanse no que vai de 2017 cando menos outros cinco falecementos por hipotermia de refuxiados que se adentran a pé na ruta dos Balcáns.

Estes e outros datos serán ofrecidos pola persoa representante de Acnur que, dentro duns meses, visitará Galicia para render contas dos investimentos executados co diñeiro canalizado a través do Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade. Mentres tanto, a cidadanía pode seguir informada do que está a acontencer na zona a través da web e das redes sociais de ambas as dúas entidades, así como das tarefas que se están a levar a cabo perante a situación de emerxencia.

O Fondo Galego

O Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade está formado por 88 concellos e as deputacións da Coruña e Lugo, que concentran a través desta rede os seus esforzos no eido da cooperación ao desenvolvemento. Garántese deste xeito unha xestión profesional e transparente, así como a realización de proxectos con impacto nos países do Sur e a sensibilización da sociedade galega a prol da solidariedade internacional. Desde a súa fundación en 1997, o Fondo Galego ten desenvolvido máis de 150 proxectos en 25 países e promove numerosas actividades e materiais en relación aos desequilibrios Norte-Sur.

El interventor de Valga deja su cargo tras conocerse la investigación sobre el alcalde y su equipo de gobierno.

Los socialistas vinculan ambos acontecimientos debido al informe que el extrabajador municipal tuvo que presentar al juzgado, donde tendrá que declarar como testigo.

El interventor municipal de Valga abandona su cargo tras un año de dedicación. Su marcha, sobre la cual se desconocen los motivos, sorprende al PSdeG-PSOE por su cercanía con la providencia del Juzgado de Instrucción Número 1 de Caldas de Reis en la que se llama a declarar como investigados por un posible delito de prevaricación administrativa al alcalde de la localidad, José María Bello Maneiro, seis concejales de su equipo de gobierno y dos exconcejales también populares. «Que ambas noticias se produzan a escasos días non sabemos se é pura coincidencia ou agocha algo máis que descoñecemos?, señala la oposición en un comunicado.

La convicción de los socialistas de que pueda existir una vinculación entre ambos acontecimientos se debe al informe que el interventor municipal tuvo que enviar al Juzgado, a requerimiento de la magistrada, sobre las comisiones de coordinación que lleva celebrando el PP desde 1992 y que la oposición tacha de «ilegales». Reescriben, es un comunicado, una parte de dicho informe: «Las citadas comisiones de coordinación fueron creadas al margen de la legalidad y no en sustitución de las comisiones informativas reglamentariamente previstas». Aluden también a las cifras que ahí se recogen y que coinciden con sus estimaciones al hablar de 215.000 euros cobrados por los populares entre los años 2003 y 2016.

Además, el Juzgado del Caldas solicitó también al interventor y al secretario que realizasen un nuevo informe con el nombre de las personas que percibieron ingresos por asistir a esas comisiones entre los años 1992 y 2003, así como las cantidades percibidas, y que aporten datos identificativos de que personas ocupaban los cargos de alcalde, secretario e interventor en el momento de creación de las comisiones. También tendrán que declarar como testigos el cinco de abril.

Preocupación

«O que resulta evidente, á vista dos vaivéns de chegadas e marchas de secretarios e interventores municipais, é que algo acontece no Concello de Valga», señalan los socialistas en alusión a «os catro secretarios municipais e os tres interventores que fiscalizaron as contas públicas, chegando a unha situación preocupante para a xestión diaria da propia administración local». El último de los interventores, señalan los socialistas, se incorporó en el puesto esta semana. Se trata de un interventor accidental, con competencias limitadas. «So pode realizar actos de trámite, resultando imposible a aprobación dos orzamentos nos próximos meses», señalan.

El problema más importante lo ubican en «o concepto que algúns políticos teñen sobre os funcionarios públicos». «Algúns alcaldes pretenden que os funcionarios públicos sexan subordinados da alcaldía, e impiden a través de presións, ameazas, acoso laboral… a independencia dos mesmos», añade el PSdeG-PSOE.

La Voz de Galicia

Touriño encamiña o título da Copa de España de Canicrós.

A catoirense Mónica Touriño deu un golpe practicamente definitivo na pelexa polo principal título en xogo do canicrós hispano. Gañando a segunda das catro probas que compoñen o calendario da Copa de España na categoría sénior feminina. O pasado domingo, na localidade madrileña de Villamanta. Un triunfo que se suma ao colleitado pola presidenta do Kennel Den na carreira inaugural da Estrada, e que deixa encamiñado o primeiro posto na clasificación final, que xa ocupara o ano pasado.

Ademais da súa superioridade sobre o terreo, nesta ocasión sobre un circuito de 5.900 metros moi rápido e considerado dos mellores de España, Touriño e o seu compañeiro canino Nepal estánse a beneficiar da ausencia das súas dúas maiores competidoras, que só disputaron unha proba cada unha. Ata o punto de que é a madrileña Susana Marchal, terceira na Estrada e cuarta en Villamanta, a que ocupa a segunda praza na xeral provisional.

«Creo que si. Gañando un triunfo máis penso que me bastaría para o título. Pero non botei contas. Prefiro ir carreira a carreira», declaraba onte a presidenta do Kennel Den.

Segundo trofeo da tempada

De non virárselle as cousas, Mónica Touriño aseguraráse o seu segundo trofeo da tempada 2016/17. Un exercicio que arrincou cun cuarto posto no Campionato de Europa de Terra en Inglaterra, no mes de novembro, un mes antes de facerse co título de campioa de España sobre Terra en ?lvega, Soria. A súa descualificación na segunda das tres probas da Liga Galega disputadas ata hoxe, ao romperlle a corda do arnés e escapárselle o debutante Nepal antes da saída, impedirálle pola contra revalidar o triunfo xeral na Liga Galega de Canicrós pese a ter gañado as outras dúas carreiras xa cubertas a falta da cuarta e última.

A vikinga non é a única deportistas do Kennel Den de Catoira en aparecer nos postos nobres das clasificacións da Copa de España de Canicrós. O vigués ?scar Piñeiro, con Argos, manténse á fronte na categoría sénior masculina logo de finalizar a parella segunda na cita de Madrid. O mesmo posto en Villamanta que o acadado en júnior masculina polo pontecesureño José Miguéns e o seu can Sultán, que tamén avanzan segundos na clasificación da Copa.

O Kennel Den tamén estivo representado o pasado domingo por Noelia Piñeiro con Gala, undécimas en bikejoring, en patín pola propia Mónica Touriño con Caramelo e con Fly, decimosegundos, e polo vilagarcián Gumersindo Martínez con Polo e con Lara, decimocuartos; e en canicrós veteráns, por Gumersido Martínez con Tíbet, undécimos.

A Copa de España de Mushing continuará o 4 e o 5 de febreiro en Lérida, para rematar o 19 do mesmo mes en Covarrubias, Burgos.

La Voz de Galicia

Cocina urgente para un hombre tranquilo.

seaco

Fraguó sin prisas la moción de censura. Porque en la política, como en la cocina, hay que medir los tiempos.

El arroz caldoso con luras y gambas «é fácil de facer e leva pouco tempo. Non é comida de estudante, pero case». La última parte de la afirmación me sorprende. La experiencia me dice que el plato más elaborado que se cocina en un piso universitario son los espaguetis con atún. «Ese era un clásico», reconoce Juan Manuel Vidal Seage. Aprovechamos la puerta al pasado que nos ha abierto nuestro anfitrión y nos colamos por ella. Al otro lado nos lo encontramos con «17 anos, o selectivo aprobado, e tendo que decidir a que quería adicarme, con certa solvencia, durante toda a miña vida».

Primero se imaginó siendo físico, y se matriculó en esa carrera. Pero, pese a su predilección por la materia, la cosa no cuajó. «Entón decidinme por algo tan insulso como a Economía», cuenta. Nunca pensó que en el futuro se iba a convertir en alcalde de Pontecesures. Por aquel entonces, ni siquiera residía en esta localidad, que conocía porque «de pequeno traíanme os meus pais ao pediatra, Don Adolfo».

Juan Manuel Vidal Seage nació en Rois, donde vivió sus primeros años. La suya fue una infancia «de olor a aldea e a vacas, porque por alí había vacas por todos os lados». Iba a una escuela unitaria en la que niños y niñas estaban separados, pero todos, a los cinco añitos, rezaban el Padre Nuestro en latín. ?l aún puede recitarlo de memoria. Nunca tuvo problemas ni con las declinaciones, ni con ninguna otra asignatura. «Era o prototipo do chapón. Saquei todo sobresaíntes, sempre», recuerda.

Empezó en política bastante joven, en las Novas Xeracións del Partido Popular. Pero siempre fue un militante «de infantería, de pegar carteis, de megafonía e de loxística». Por eso en 2010, cuando le propusieron ser candidato del PP en Pontecesures, tardó en creérselo. «Eu tiña o meu traballo e estaba en varios colectivos, porque sempre me gustou o asociacionismo», explica. Pero, ¿presentarse a alcalde? ¿Encajaba eso en su vida? Decidió probar. Pese a los riesgos. «A fin de contas, era un pobo no que non nacera», insiste. ¿Y tan importante es eso? «Aquí a xente dálle moita importancia ao do RH, e iso que este pobo é un crisol de outros moitos», dice Seage esbozando una sonrisa. Cuando fue designado candidato, un militante le dijo que «preferiría a alguén nacido aquí». A él, más que eso, le preocupaba que en Pontecesures, «non me ían dar ningún premio á popularidade. Levaba aquí dende 1999, pero ninguén me coñecía». Aún así, consiguió formar lista y logró mantener al PP con dos concejales en la corporación. Durante los cuatro años de Angueira «fixemos unha oposición sensata. Non me gusta o ruído, e menos na política». En las elecciones de 2015 el PP se convirtió en la fuerza más votada y Seage se encontró con la posibilidad de encabezar un gobierno si lograba sumar los votos de Maribel Castro (IP) y Ángel Souto (TeGa). Dos enemigos irreconciliables que no querían ni verse en pintura.

Seage aplicó entonces a la política ese principio de pensamiento crítico que intenta inculcar a sus pupilos de catequesis. Tras analizar la situación, llegó la hora de desempolvar los conocimientos de Física. Dejó macerar la situación, se tomó su tiempo. Luego, cuando se rompió el gobierno de Cecilia Tarela, empezó a trabajar la fusión de tres grupos de derechas separados por una fuerza centrífuga difícil de controlar. Así logró formar gobierno, convertirse en alcalde y quien sabe si encauzar la reunificación de la derecha cesureña tras largos años de fractura.

En estos momentos, la verdad, hay otros asuntos que le preocupan más. Darle a Pontecesures la vuelta que sus votantes esperan. Tender puentes hacia los trabajadores del Concello, con los que las relaciones están tensas aún -estando en la oposición, el actual gobierno tumbó la relación de puestos de trabajo pactada entre el anterior gobierno y los trabajadores-. Reconducir esa situación costará lo suyo. Pero Seage está dispuesto a hacerlo siguiendo, de nuevo, la estrategia del fuego lento, la única que garantiza «que o arroz de abaixo non quede pegado á pota, mentres que o de arriba segue cru».

La Voz de Galicia

«Desandar os erros de corporacións pasadas non se fai dun día para outro».

alcs

O novo alcalde de Pontecesures, Juan Manuel Vidal Seage (PP) pasou a mañá de onte no seu novo despacho, cos seus novos compañeiros de goberno, descubrindo o Concello dende a perspectiva de quen, dende o luns, leva o timón de mando.

-Dixo Cecilia Tarela que lles queda feito o traballo de aquí a final de ano…

-Eu, de momento, non cheguei á mesma conclusión, se ben é certo que este é o primeiro día de escola para min aquí. Sería desexable que a corporación saínte fixese un traspaso ordenado de poderes, que informase de como está a situación.

-Véxoo difícil, porque non houbo nin traspaso do bastón de mando.

-? certo. Parece que esta situación coiuntural, que está tutelada por lei -non fixemos ningún asalto ao poder nin ningunha cousa estraña- non lle debeu sentar ben [á exalcaldesa] porque si que o do luns foi un pleno traumático.

-Nel, o voceiro do PSOE, Roque Araújo, preguntoulle que vai facer coa RPT, coa Variante e se vai promover a fusión con Valga. Trasládolle esas cuestións.

-Isto é unha repetición do que pasou antes das eleccións do ano pasado. Parece ser que hai un interese por levantar este tipo de cortinas de fume, non sei ben con que obxectivo. ¿Que vai pasar coa RPT? Nós estamos de acordo en que hai que facer unha relación de postos de traballo consensuada, analizando caso por caso, e paulatina, periodificada no tempo. O que non podemos facer é metelo todo nun bombo, darlle a volta, e para ti tanto e para ti tanto outro. Non é sensato, e máis cun informe contrario da Intervención. En canto ao tema da variante… Pasar da oposición ao goberno non supón ter memoria selectiva. A xente reclámanos coherencia. Aquí houbo un pleno no que se aprobou por unanimidade que a opción menos prexudicial para o pobo era a que circulaba pola marxe esquerda da autoestrada, dirección Norte-Sur. Non moito tempo despois empezaron as pancartas. E en canto ao tema da fusión co Concello de Valga… Pois chove sobre mollado. Non hai ningún acordo, non está nin falado, non sei a que ven semellante desvarío. Ningún dos que está aquí expuxo isto, nin creo que sexa necesario prantexalo. ? un auténtico bulo.

-¿Polo menos mellorará a relación co Concello veciño?

-Nós con Valga, a nivel administrativo, tiñamos un contacto mínimo, baseado no famoso terreo que ten Valga no porto.

-Por certo, ¿vai intentar recuperalo?

-Que haxa que recuperalo é innecesario. Somos usufrutuarios e levamos séndoo durante moito tempo… O que si imos intentar é que estea nas mellores condicións posibles. Pero non considero unha prioridade recuperalo.

-Hai veciños que din que Pontecesures está morrendo. ¿Que vai facer para cambiar iso?

-Si se palpa esa atonía na vida cesureña. Houbo dous feitos que foron decisivos. Un, que o comercio e os supermercados que antes abrían en domingo despois deixaron de facelo, co cal xente que viña de Valga e Padrón, deixou de vir. E o tema da dirección única: antes había una capacidade bidireccional de entrar e saír coches e autobuses, nos que viña xente ao banco, ou de compras. Imos tratar de reverter esas dúas cuestións. As aperturas en domingo dependen dunha lei de comercio, a ver ata que punto se lle pode dar a volta a iso. E o cambio da dirección… Creo que paulatinamente se pode recuperar. Pode ser urbanística e tecnicamente complexo, pero cando menos debemos intentalo. Temos gañas de traballar, temos tres anos por diante, pero non temos unha variña máxica. Desandar os erros de corporacións pasadas non se fai dun día para outro.

-¿Como lle gustaría chegar ás vindeiras eleccións?

-A miña máxima é que a xente perciba e palpe que Pontecesures está mellor que cando se presentou aquela moción de censura tan bronca. E que o que parecía unha cousa insólita, foi o bálsamo de Fierabrás, que puxo un pouco couto e orde na maltreita estampa cesureña.

Juan manuel Vidal seage alcalde de pontecesures
«A moción de censura non se fixo coa idea de aglutinar as forzas de dereitas»

Saneamento, mellora do pavillón deportivo, construción dun centro social e reforma do porto son algunhas das obras que figuran no pacto de goberno.

-Iso deu pé a que dixeran que esta é unha moción de censura baseada no formigón. Non é certo. Estas son eternas demandas, infraestruturas que poden crear sinerxias para o desenvolvemento económico da vila.

-O pacto coceuse sen presa…

-De nada valía facer unha pirueta para ter un goberno collido con pinzas. Evidentemente, non son alleo a que a pesar de compartir unha sensibilidade política, cada un ten as súas diferenzas persoais. Conseguimos superalas, e agora non impiden sentarse a unha mesa e chegar a un acordo.

-¿Por que dividíu en dúas a concellaría de Obras e Urbanismo?.

-Nunca pensei que se lle fose dar tantas voltas a este asunto. Obras e Urbanismo acoutan cousas distintas. Poden coexistir nunha soa concellería, pero poden estar desdobradas. ? público e notorio que o tema das obras era uno dos núcleos da discusión, pero é que era un problema de concepto. Ao final, cada un tiña claro que era o que quería, e non era incompatible.

-¿Este é o primeiro paso para a reunificación do PP?

-Haio que partir de que, efectivamente, compartimos un tronco común, en canto a sensibilidade política, porque todos vimos das forzas de dereitas. ¿Que pode pasar de aquí a tres anos? Nós non botamos as contas pensando en aglutinar forzas políticas. Descoñezo se IP vai seguir presentándose. E Ángel Souto xa me ten dito que non entra nos seus plans o integrarse no PP, para nada. A moción de censura non se fixo coa idea de aglutinar forzas de dereitas. Pero é evidente que compartir un tronco común programático facilita as cousas á hora de chegar a acordos.

La Voz de Galicia