O BNG denuncia na Garda Civil que Sabariz persegue ao alcalde

A controversia política en Pontecesures deu lugar a moitos capítulos, a cada cal máis rocambolesco e polémico, pero aínda non entrara no cuartel. Esta situación mudou hai uns días cando o Bloque Nacionalista Galego decidiu poñer en coñecemento da Garda Civil os «comportamentos persecutorios» do líder da Agrupación Cidadá de Pontecesures, Luis Ángel Sabariz, contra o alcalde Manuel Luís Álvarez Angueira.
(más…)

O PP volve atopar no PSOE o escollo para unha moción de censura en Pontecesures

A pantasma dunha moción de censura volve a planear por Pontecesures. O renovación da dirección na agrupación local do Partido Popular e as últimas controversias vividas no Concello, en relación ás facturas do gasóleo ou o parque empresarial, levaron aos grupos da oposición a retomar esta posibilidade con novos pulos. Nos últimos días, o PP volveu petar á porta de ACP e o PSOE pero, unha vez máis, os principais problemas xorden á hora de buscar alianzas co socialista ?scar Gerpe. E non é porque el non queira. Onte era claro á hora de falar do asunto. «A moción de censura sería desexable, pero é moi difícil», sinalou sen querer entrar a máis detalles.
(más…)