Rouban uns 70 metros lineais do peche da madeira do antigo vertedoiro de lixo de Pontecesures.

En 2003 selouse o vertedoiro de lixo de Pontecesures situado no paraxe de Galiñeiro (monte municipal) e construeuse un vistoso valado de madeira de pouca altura en todo o perímetro do antigo vertedoiro. Dentro do mesmo foron plantadas diversas especies árboreas, incluso polos nenos/as do CPI Pontecesures no día da árbore coma actividade formativa. Tamén nunha zona próxima foi rehabilitado, hai uns tres anos, o miradoiro do Galiñeiro que ten un importante interese paisaxístico.

Pois ben; na mañá de hoxe persoal municipal comprobou que faltaban uns 70 metros dos madeiros horizontais do peche. Sorprendentemente o descoñocido ou descoñecidos cortaron cunha motoserra os tramos de 2 ou 2,50 metros e leváronnos do lugar nalgún medio de transporte. Deixaron os apoios verticais, tamén de madeira, e as unións destes cos madeiros horizontais.

Os feitos foron postos en coñecemento da Garda Civil de Valga esta mañá e nas vindeiras horas vaise presentar a correspondente denuncia logo de facer a valoración exacta do dano causado á institución municipal. Faise un chamamento a calquera veciño que poida facilitar algún dato ou pista sobre os autores do roubo, que se poña en contacto co concello.

Reunión da ANPA Infesta do CPI Pontecesures.

A Directiva da ANPA convoca a tódos os pais/nais asociados a unha reunión ordinaria que terá lugar o 12 de febreiro ás 20:15 horas en única convocatoria coa seguinte orde do día:

1. Lectura e aprobación do acta anterior
2. Presentación do estado de contas
3. Informes da presidencia
4. Certame Letras Galegas 2010
5. Renovación da directiva da ANPA
6. Rogos e preguntas

Proposta do grupo de goberno de Pontecesures ao pleno sobre o albergue de peregrinos.

CESI?N Á S.A. DE XESTI?N DO PLAN XACOBEO DE PARCELA NA R?A AVELINO POUSA ANTELO CON DESTINO A CONSTRUCCI?N DUN ALBERGUE DE PEREGRINOS

Con data 13/11/09 tivo entrada neste Concello co nº 2.256 un escrito do Xerente da S.A. de Xestión do Plan Xacobeo de data 12/11/09 e con nº de saída 233, no que se solicita a cesión gratuita dun terreo situado na rúa Avelino Pousa Antelo de Pontecesures, a carón do Camiño Portugués e onde se atopan as antigas vivendas de mestres do CPI Pontecesures xa desafectadas, a dita sociedade para a súa dedicación a albergue integrándose na rede de albergues.

Así, logo de tramitarse as agregacións e segregacións nunha parcela municipal de carácter patrimonial, con data 21/12/09, acordouse a incoación deste expediente de cesión da propiedade, abríndose un período de información pública, coa inserción dun anuncio do BOP nº 245, do 22 de decembro de 2009, sen que nos quince días concedidos se presentasen alegacións ou reclamacións.

Analizados os artigos 109 e 110 do Regulamento de bens das corporacións locais (R.D. 1.372/1986, de 13 de xuño), as características da institución cesionaria integrada por capital público en canto ao obxecto social da mesma, e valorando que é moi positivo para este municipio que se constrúa un albergue de peregrinos dende o punto de vista económico, cultural, asistencial e turístico, proponse ao pleno a adopción do seguinte acordo:

1-Ceder gratuitamente á Sociedade Anónima de Xestión do Plan Xacobeo, para adicar a albergue de peregrinos, integrado na Rede de Albergues, o seguinte ben:
Parcela de 721,97 m2 cos seguintes lindeiros: norte, terreo municipal e nave municipal da escola obradoiro; sur, rúa Avelino Pousa Antelo; leste, nave municipal da da escola obradoiro e terreo municipal, e oeste, terreo municipal. Do total da superficie, 191,97 m2 pertencen ás antigas escolas de mestres do CPI Pontecesures. Está inscrita no Rexistro da Propiedade de Caldas de Reis no tomo 788, libro 32, folio 157, finca 3.591 é non ten carga algunha. Catastralmente está integrada na parcela de referencia 89020001NH2380S0001YH.

2-Remitir certificación deste acordo á S.A de Xestión do Plan Xacobeo aos efectos oportunos, facultando á alcaldía para a sinatura e aprobación dos documentos correspondentes para tramitar esta cesión e para que se constrúa o albergue de peregrinos coa maior celeridade.

Pontecesures, 13 de xaneiro de 2009

Cabalgata de Reis 2010 en Pontecesures.

Sus Majestades inician la Cabalgata en el CPI Pontecesures, situado en la calle Pousa Antelo,, para avanzar por la calle Ullán, Avda. de Vigo, Praza de Pontevedra, calles Portarraxoi, San Lois, Sagasta, Víctor García, Novo Núñez, Eugenio Escuredo.
A su llegada a la Plazuela recientemente acondicionada, los Magos se van a entregar regalos a todos los niños presentes.

FARO DE VIGO, 05/01/10

Comezaron as obras de reparación da fontanería do CPI Pontecesures.

Despois da visita ao centro do Xefe Territorial de Educación, César Augusto Pérez Ares, o 24 de agosto pasado, cúmprese o segundo dos compromisos asumidos pola Consellería de Educación en dita visita (o primeiro foi o arranxo da cuberta do ximnasio que tiña pingueiras), pois a principios de semana comezou esta obra tan demandada pola comunidade educativa e polo concello durante tanto tempo. A actuación é moi necesaria pois a excesiva presión de auga e as deficiencias varias nas tubarías provocaba ata agora contínuos asolagamentos en algunhas dependencias do colexio. Por exemplo, os sanitarios dos aseos de educación infantil practicamente non se podían usar, pois ao facelo o auga desbordaba ditos sanitarios provocando problemas de todo tipo. Esta previsto que as obras rematen antes do 11 de xaneiro, día no que se reanudan as clases.

O goberno local quere agradecer esta actuación e lémbralle á consellería os outros dous compromisos pendentes:

  1. Reparación de pequenas zonas do solo do ximnasio afectadas polas pingueiras que houbo.
  2. Redacción do proxecto de edificio no patio escolar para situar o comedor escolar, para que logo a Xunta acometa esta mellora fundamental para o CPI Pontecesures.

Luis Ángel Sabariz Rolán
Concelleiro de relacións institucionais de Pontecesures.