Proposta do grupo de goberno de Pontecesures ao pleno sobre o albergue de peregrinos.

CESI?N Á S.A. DE XESTI?N DO PLAN XACOBEO DE PARCELA NA R?A AVELINO POUSA ANTELO CON DESTINO A CONSTRUCCI?N DUN ALBERGUE DE PEREGRINOS

Con data 13/11/09 tivo entrada neste Concello co nº 2.256 un escrito do Xerente da S.A. de Xestión do Plan Xacobeo de data 12/11/09 e con nº de saída 233, no que se solicita a cesión gratuita dun terreo situado na rúa Avelino Pousa Antelo de Pontecesures, a carón do Camiño Portugués e onde se atopan as antigas vivendas de mestres do CPI Pontecesures xa desafectadas, a dita sociedade para a súa dedicación a albergue integrándose na rede de albergues.

Así, logo de tramitarse as agregacións e segregacións nunha parcela municipal de carácter patrimonial, con data 21/12/09, acordouse a incoación deste expediente de cesión da propiedade, abríndose un período de información pública, coa inserción dun anuncio do BOP nº 245, do 22 de decembro de 2009, sen que nos quince días concedidos se presentasen alegacións ou reclamacións.

Analizados os artigos 109 e 110 do Regulamento de bens das corporacións locais (R.D. 1.372/1986, de 13 de xuño), as características da institución cesionaria integrada por capital público en canto ao obxecto social da mesma, e valorando que é moi positivo para este municipio que se constrúa un albergue de peregrinos dende o punto de vista económico, cultural, asistencial e turístico, proponse ao pleno a adopción do seguinte acordo:

1-Ceder gratuitamente á Sociedade Anónima de Xestión do Plan Xacobeo, para adicar a albergue de peregrinos, integrado na Rede de Albergues, o seguinte ben:
Parcela de 721,97 m2 cos seguintes lindeiros: norte, terreo municipal e nave municipal da escola obradoiro; sur, rúa Avelino Pousa Antelo; leste, nave municipal da da escola obradoiro e terreo municipal, e oeste, terreo municipal. Do total da superficie, 191,97 m2 pertencen ás antigas escolas de mestres do CPI Pontecesures. Está inscrita no Rexistro da Propiedade de Caldas de Reis no tomo 788, libro 32, folio 157, finca 3.591 é non ten carga algunha. Catastralmente está integrada na parcela de referencia 89020001NH2380S0001YH.

2-Remitir certificación deste acordo á S.A de Xestión do Plan Xacobeo aos efectos oportunos, facultando á alcaldía para a sinatura e aprobación dos documentos correspondentes para tramitar esta cesión e para que se constrúa o albergue de peregrinos coa maior celeridade.

Pontecesures, 13 de xaneiro de 2009

Cabalgata de Reis 2010 en Pontecesures.

Sus Majestades inician la Cabalgata en el CPI Pontecesures, situado en la calle Pousa Antelo,, para avanzar por la calle Ullán, Avda. de Vigo, Praza de Pontevedra, calles Portarraxoi, San Lois, Sagasta, Víctor García, Novo Núñez, Eugenio Escuredo.
A su llegada a la Plazuela recientemente acondicionada, los Magos se van a entregar regalos a todos los niños presentes.

FARO DE VIGO, 05/01/10

Comezaron as obras de reparación da fontanería do CPI Pontecesures.

Despois da visita ao centro do Xefe Territorial de Educación, César Augusto Pérez Ares, o 24 de agosto pasado, cúmprese o segundo dos compromisos asumidos pola Consellería de Educación en dita visita (o primeiro foi o arranxo da cuberta do ximnasio que tiña pingueiras), pois a principios de semana comezou esta obra tan demandada pola comunidade educativa e polo concello durante tanto tempo. A actuación é moi necesaria pois a excesiva presión de auga e as deficiencias varias nas tubarías provocaba ata agora contínuos asolagamentos en algunhas dependencias do colexio. Por exemplo, os sanitarios dos aseos de educación infantil practicamente non se podían usar, pois ao facelo o auga desbordaba ditos sanitarios provocando problemas de todo tipo. Esta previsto que as obras rematen antes do 11 de xaneiro, día no que se reanudan as clases.

O goberno local quere agradecer esta actuación e lémbralle á consellería os outros dous compromisos pendentes:

  1. Reparación de pequenas zonas do solo do ximnasio afectadas polas pingueiras que houbo.
  2. Redacción do proxecto de edificio no patio escolar para situar o comedor escolar, para que logo a Xunta acometa esta mellora fundamental para o CPI Pontecesures.

Luis Ángel Sabariz Rolán
Concelleiro de relacións institucionais de Pontecesures.

Mañá luns, 21 de decembro, pleno extraordinario e urxente en Pontecesures.

Será ás 20:45 horos, coa seguinte orde do día:

1. Ratificación da urxencia da sesión.

2. Moción do grupo municipal do BNG: Centro de Día para maiores nas antigas casas dos mestres.

3. Proposta do equipo de goberno: Ampliación dos usos en zona de equipamento docente prevista no PXOM en Infesta.

4. Proposta do equipo de goberno: Desafectación das antigas vivendas de mestres do CPI Pontecesures.

5. Proposta do equipo de goberno: Agregación e segregación de parcela municipal na rúa Avelino Pousa Antelo de Pontecesures.

Faise un chamamento aos veciños para que asistan ao pleno. Vanse tratar asuntos importantes para o noso municipio.

Proposta do goberno local sobre desafectación das antigas vivendas dos mestres do CPI Pontecesures.

DESAFECTACI?N DAS ANTIGAS VIVENDAS DE MESTRES DO CPI PONTECESURES.

Logo da solicitude por parte do Concello, con data 28/11/06 a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria autorizou a desafectación dun bloque de catro vivendas dos mestres do CPI Pontecesures situadas na rúa Avelino Pousa Antelo, que foron construídas en 1965. Xa non se utilizan estes bens municipais dende hai moitos anos e están, na actualidade, moi deteriorados.

Con data 09/11/09, foi incoado un expediente de desafectación deste bloque de antigas vivendas, co fin de que deixasen de ser un ben de dominio público afecto a un servizo público para converterse nun ben patrimonial. No Boletín Oficial da Provincia nº 220 do 13 de novembro de 2009 aparece reflectido o anuncio de exposición pública do expediente que tamén se colocou no taboleiro de anuncios da Casa do Concello. De acordo coa normativa vixente, concedeuse un prazo dun mes para reclamacións ou suxestións, e non se presentou ningunha.

Analizado o expediente, o feito de que as instalación deixaron de destinarse ao uso público dende hai tempo, e o artigo 8 do R.D. 1.372/1986, de 13 de xuño, que aproba o Regulamento de bens das corporacións locais, proponse ao pleno a adopoción do seguinte acordo:

-Desafectar as catro antigas vivendas de mestres do CPI Pontecesures, situadas na rúa Avelino Pousa Antelo, que teñen unha superficie de 191,97 m2, en total (edificios de planta baixa e piso) que lindan en norte, sur, leste e oeste con terreos municipais, que están inscritas no inventario municipal de bens, e que están tamén inscritas no Rexistro da Propiedade de Caldas de Reis, como parte da finca do libro 1º, folio 186, finca 136, inscrición 1ª, e forman parte da parcela de referencia catastral 8902001NH2380S00011YW, pasando a formar parte dos bens patrimoniais da entidade.

Pontecesures, 18 de decembro de 2009

Proposta do equipo de goberno sobre agregación e segregación de parcela na rúa Pousa Antelo.

AGREGACI?N E SEGREGACI?N DE PARCELA MUNICIPAL NA R?A AVELINO POUSA ANTELO DE PONTECESURES.

No libro 1º, folio 186, finca 136, inscrición 1ª do Rexistro da Propiedade de Caldas de Reis, está inscrita unha parcela municipal de 4.244,51 m2. Nesta parcela, que ten a referencia catastral única 89020001NH2380S0001YH, o concello pleno acordou a desafectación e, polo tanto, a conversión en ben patrimonial, do espazo de terreo que ocupan as antigas vivendas de mestres do CPI Pontecesures, de 191,97 m2 de superficie.

? convinte para os intereses municipais, agrupar a ditos 191,97 m2, outros 530 m2, tamén pertencentes á finca matriz, de terreo circundante para formar unha única parcela de 721,97 m2 de superficie, tendo en conta que son bens patrimoniais na súa integridade tras a citada desafectación.

Analizado o expediente, proponse ao pleno a adopción do seguinte acordo:

1. Formar unha soa parcela de titularidade municipal de 721,97 m2 cos seguintes lindeiros: norte, terreo municipal e nave municipal da escola obradoiro: sur, rúa Avelino Pousa Antelo; leste nave municipal da escola obradoiro e terreo municipal, e oeste, terreo municipal.

2. Segregar da totalidade da parcela inscrita no libro 1º, folio 186, finca 136, inscrición 1ª de Caldas de Reis e referencia catastral 89020001NH2380S0001YH 1º , a parcela de 721,97 m2 reflectida no punto anterior, que pasa a formar parte como finca independiente da finca matriz dentro dos bens patrimoniais do Concello de Pontecesures.

3. Remitir certificación da presente ao Rexistro da Propiedade de Caldas de Reis aos efectos oportunos.

Pontecesures, 18 de decembro de 2009