Pontecesures insiste ante la Xunta en solicitar un comedor escolar.

El Concello de Pontecesures insiste en su demanda de un servicio de comedor escolar y lo hace a raíz de la visita que hizo ayer el jefe territorial de Educación, César Augusto Pérez. La alcaldesa, Maribel Castro, el concejal de Relación Institucionais, Luis Ángel Sabariz, y la directora del CPI Pontecesures, Begoña Regueira, tuvieron ocasión de mostrarle al alto cargo de la Xunta las deficiencias que presenta el centro en materia de fontanería y el mal estado de la cubierta del gimnasio así como de argumentar la necesidad de dotar al centro de comerdor.
Acto seguido, el concejal de Relacións Institucionais remitió un escrito al delegado territorial de la Xunta, José Manuel Cores Tourís, con el fin reiterarle la petición que ya le hicieran al propio Tourís en su día, con motivo de su visita institucional al Concello.
Una vez que Pérez se comprometió ayer a plasmar en un proyecto las necesidades de infraestructura, que pasan por construir un edificio de 200 metros cuadrados, desde el Concello apelan a Cores Tourís para que la Xunta habilite una partida económica suficiente para poder ejecutar la obra. Sabariz recuerda que el comedor escolar «é unha petición que se fixo desde a comunidade educativa desde hai moitos anos» pero, pese a los compromisos adquiridos por las distintas administraciones, «sempre se quedaron en boas palabras». «Esperemos que agora o comedor sexa unha realidade e non unha nova declaración de itención sen máis».

LA VOZ DE GALICIA, 25/08/09

Entrevista sobre www.pontecesures.net

Dende hai uns anos temos en Pontecesures una páxina web que nos informa das novas máis importantes do noso concello. Decidimos entrevistar a un dos colaboradores asiduos desta páxina, L.A. Sabariz Rolán.

1. Cando se creou esta páxina web?
Eu creo que foi en novembro de 2005. Mäis ou menos.

2. Quen a creou e con que intención?
Creouna Antonio Cortés que está en Sevilla vivindo. Creouna para dinamizar un pouco as inquedanzas do concello.

3. Que tipo de información mostra a páxina?
El é o administrador, o responsable da páxina, pero voluntariamente a xente vai dando as entradas que lle parecen sobre as novidades do concello: educación, cultura, política, etc. Ademais hai algúns colaboradores. Inténtase facer unha chamada para que todo o mundo poida colaborar e dar novas. Moitas copianse da prensa, e doutras vaste enterando por aí, pola rúa.

4. Con que axudas económicas e humanas conta?
Descoñézoo. Eu creo qeu é unha iniciativa persoal dó de Antonio Cortés. Debe dar algunha cantidade polo servidor. Evidentemente non ten beneficios de ningún tipo, nin sequera ten usos publicitarios.

5. Pódese participar dende fóra algún artigo?
Si, si, naturalmente. Iso sí, haise que inscribir para poñer as entradas e o que queiras. Despois tes un código e podes participar.

6. Como fai para estar ao tanto do que sucede en Pontecesures?
Pola información diaria da prensa, cartas, anuncios nos taboleiros de actuacións e por xente da vila que me informa.

7. Lembra algunha anécdota curiosa relacionada con páxina?
Anécdotas mil, o que pasa é que esta páxina ten unha característica importante que é a participación anónima con cousas sarcásticas, pero non chegamos ao nivel de poñer denuncias porque sabes que cando hai xente anónima sempre pode haber algún tipo de persoas que insultan.

8. Recibiu algunha crítica por esta páxina?
Sí, naturalmente, sobre todo dos ámbitos políticos, porque ás veces din que é “a páxina de Sabariz” pero a páxina non é de Sabariz. Sabariz é un que escribe aí, pero pode escribir quen lle dea a gana, tanto como comentarista como dando entradas. Dicían que ía facer propaganda política, pero eu creo que est á lonxe da miña vontade facer aproveitamento político. A min gústame informar ao cidadán e máis nada. Eu estiven a piques de facer periodismo, fixen dereito ao final. ? un medio que me satisface, por iso o fago.

9. Na páxina web apareceron novas da delincuencia xuvenil en Cesures. Que opinión lle merece isto?
Eu creo que a delincuencia xuvenil, evidentemente, non lle gusta a ninguén. Este tipo de novas sempre son desagradables pero de nada vale tapar a realidade. Non é un problema que se dea en Pontecesures só, vívese en moitos sitios, e tampouco imos falar de que isto sexa un Bronx, non?. Tampouco digo que haxa aquí problemas tódolos días. Hai determinados feitos que se deberían corrixir, pero tampouco imos poñer unha alarma social por isto, eu creo que se dan e o importante é que a xente nova se decate de se pode divertir, pero sen facerlle dano de ningún tipo a ninguén.

Entrevista de Raquel Llerena Morales, Carmen Diz Fernández, Enrique Fernández Vázquez e Yago Baleirón Constantino. 4º ESO A
Revista “Voceiro do Pino Manso” do CPI Pontecesures

Os nosos parabéns para….

Queremos dar os parabéns polas novas instalacións deportivas no CPI Pontecesures, especialmente o novo campo de 3 x 3 que se instalou no patio. Neste campo pódense practicar varios deportes.
Tamén nos gustaría mostrar o noso agradecemento pola instalación de novos farois na rúa S. Lois e a Prazuela, así como na fachada da igrexa parroquial.
Por último, os nosos parabéns para as novas instalacións deportivas feitas no monte de Porto que inclúe céspede artificial no campo de fútbol xa que o antigo non permitía a práctica adecuada deste deporte.

Artigo de Raúl Trasande Silva e de Víctor Sanmarco Suárez. 4º ESO B
Revista “O voceiro do Pino Manso” do CPI Pontecesures.

As nosas criticas para…

Quixera chamar a atención ante a carencia de instalacións deportivas en Pontecesures para a práctica do tenis. Somos moitos os que temos que desprazarnos a concellos limítrofes para poder practicar este deporte, polo que sería interesante fomentalo dende a Concellería de Deportes.
Non resultaría moi custoso facer unha pista de tenis e permitiría organizar dende aquí campionatos galegos, o que serviría para promocionar este Concello. Asi mesmo facilitaría que saísen grandes deportistas deste concello, como pasa con outros deportes.

Artigo de Alfonso Senín Braña. 4º ESO B
Revista “O voceiro do Pino Manso” do CPI Pontecesures.