En los últimos días, se pusieron unos carteles en Pontecesures, por parte de Los Verdes, anunciando un mitin para hoy, día 15 de febrero, a las 18:30 horas en la “Escuela Unitaria”. Obviamente causó extrañeza el local, pues en Pontecesures no hay escuela unitaria alguna.
Pues bien; Los Verdes solicitaron el mitin en la Junta Electoral de Santiago (Pontecesures pertenece a la de Pontevedra y el concello no ofreció el colegio a esta Junta para la celebración de mitines)) y la escuela unitaria en cuestión debe ser la de A Ponte-Padrón, que puede que figure con la dirección de Avda. de Pontecesures. Lo cierto es que un orador de Los Verdes, vino al CPI Pontecesures y, obviamente el local estaba cerrado y no había público alguno. Posteriormente se dirigió al local del municipio vecino para participar en el acto político.
Texto da nota enviada ás vivendas de Pontecesures polo BNG local.
O GOBERNO LOCAL REXEITA EN PLENO AS PROPOSTAS REALIZADAS POLO BNG PARA MELLORAR OS SERVIZOS MUNICIPAIS.
Os veciños e veciñas de Pontecesures lamentan a insensibilildade mostrada polo goberno local de Pontecesures ao desprezar, por unha banda, ás persoas maiores e, pola outra, aos cativos e cativas que acoden ao colexio público, ao rexeitar no pleno da corporación municipal municiipal de decembro as propostas apresentadas polo BNG.
O BNG apresentou tres posibles infraestruturas para seren financiadas con cargo ao Fondo Estatal de Investimento Local, que ten previsto dotar ao noso concello con 555.000 euros e que consisten na construción dun comedor escolar dentro do recinto escolar do CPI Pontecesures, na construción dun centro de día e na construción dun paso elevado peonil sobre a N-550 que comunique o camiño de San Xulián coa rúa do Pilar.
De novo, actos vandálicos no CPI Pontecesures.
Este fin de semana, a pesar de que o patio escolar está pechado, unha ou varias persoas entraron no recinto escolar e ademais de realizar numerosas pintadas no edificio, arrincaron unha chapa dunha ventá e a persiana correspondente.
Os danos foron arranxados por persoal do Concello, e vaise presentar nas próximas horas a denuncia no posto da Garda Civil de Valga.
Mañá charla aos pais/nais dos nenos da ESO, para falar dos programas de prevención de drogodependencias.
Mañá xoves, día 29 de xaneiro, ás 20:00 horas terá lugar na biblioteca do CPI Pontecesures unha charla cos pais/nais dos alumnos da ESO para falar dos programas de educación para a saúde e prevención de drogodependencias, que ten coma obxectivo a promoción da saúde e a prevención do consumo de tabaco, alcohol e outras drogas na pubertade-adolescencia e está organizado polo Concello de Pontecesures coa colaboración do CPI Pontecesures.
Acto de agradecemento aos colaboradores da Cabalgata de Reis de Pontecesures.
O grupo de goberno do Concello de Pontecesures, convidou ás persoas que colaboraron coa organización da Cabalgata de Reis 2009 para que asistan ao Centro Social, hoxe martes, día 20 de xaneiro, ás 20:30 horas, a un acto de agradecemento onde servirá un viño.
Hai unhas 60 persoas convidadas, entre as que se atopa a xente que preparou as carrozas (da A.C. Xarandeira, de A Barcarola, da ANPA do CPI Pontecesures, e particulares de xeito desinteresado) outra que colaborou no desfile, e os membros de Protección Civil e da Policía Local de Pontecesures.
Comeza a obra no paso elevado que une a rúas Miguéns Parrado e “Borobó” por enriba da N-550.
En varias ocasións fue solicitado o arranxo deste paso á Unidade de Estradas do Estado en Pontevedra, xa que o firme da pasarela, tan utilizada por veciños de Infesta e, sobre todo, por alumnos/as do CPI Pontecesures e por pais/nais de nenos/as do colexio e da gardería muniipal, leva tempo en malas condicións co formigón moi gastado e co conseguinte risco de caídas.
Con satisfacción e agradecemento recibimos a nova da reparación desta instalación parte da Unidade de Estradas do Ministerio de Fomento. Vaise arranxar o piso, e a pìntar a baranda que tamén se atopa deteriorada.