Pontecesures solicita que se pinten líneas de cebra en un vial para mejorar la circulación.

El concejal de Relacións Institucionais de Pontecesures recordó ayer que el Concello ya solicitó en varias ocasiones que se pintaran unas líneas de cebra en la PO-214, en las proximidades de la intersección con la N-550, con el fin de que los vehículos que esperan con el semáforo cerrado en el vial de carácter autonómica para incorporarse a la nacional dejen un espacio libre que permita subir por la calle Raimundo García Borobó hasta la zona de los colegios en tanto el semáforo no se abre al tráfico. El Concello ha hecho esta petición teniendo en cuenta que «cos semáforos no cruce hai moita acumulación de vehículos que se dirixen ao CPI Pontecesures e a un grande establecemento comercial que está a carón da estrada autonómica».
A pesar de que la petición se cursó hace ya mucho tiempo, todavía no se ha pintando la carretera, por lo que Sabariz se ha dirigido de nuevo al Servizo Provincial de Estradas para que lo tengan en cuenta.

LA VOZ DE GALICIA, 11/01/09

Espectacular éxito da Cabalgata de Reis de Pontecesures.

Máis de 1.200 persoas asistiron hoxe a presenciar a Cabalgata de Reis de Pontecesures. Desfilaron seis vistosas carrozas preparadas por asociacións (Xarandeira, A Barcarola e a ANPA do CPI Pontecesures) e outros grupos de persoas, desinteresadamente. Houbo fogos artificiais e foron repartidos case 600 agasallos aos nenos/as polos Reis Magos, despois de que estes foran recibidos pola alcaldesa, o concelleiro de cultura e o párroco da vila.
Segundo a opinión de moitos dos asistentes, esta edición da cabalgata foi moi exitosa, salientandose que houbo moitísimo público e tamén moitos nenos/as nas carrozas e na comitiva.
Hai que agradecer o labor realizado polas asociacións anteditas, polas persoas voluntarias que colaboraron na organización, cos traballadores do concello, cos conductores das carrozas, cos donos dos coches que levaron as mesmas, cos voluntarios de Protección Civil de Pontecesures e coa Policía Local. Sen o seu traballo sería imposible a celebración dun evento que se consolida ano tras ano en Pontecesures.

“Non queren nin comedor escolar nin Centro de Día”. Nota íntegra do BNG de Pontecesures

O BNG de Pontecesures lamenta a insensibilidade mostrada polo “equipo de desgoberno” de Pontecesures cos maiores e cativos ao rechazar no pleno celebrado o luns día 22 as propostas apresentadas polo Grupo Municipal do BNG.

O Grupo Municpal apresentou tres posibles infraestructuras para seren financiadas con cargo ao Fondo Estatal de Inversión Local, que ten previsto dotar ao noso concello con 555.000 ? e que consisten na construción dun comedor escolar dentro do recinto escolar do CPI Pontecesures, na construcción dun centro de día e na construcción dun paso elevado peonil sobre a N-550 que comunique o camiño de San Xulián coa rúa do Pilar.

No pleno cadanseu grupo politico esgrimíu diferentes argumentos para votar en contra das propostas feitas polo BNG, desde a incompetencia do concello para acometer as obras con cargo a este fondo, pasando porque a premura das mesmas era incompatibel coa solicitude de permisos a outras administracións, porque as obras propostas as poden facer outras administracións, ou, simplemente, como rematou asegurando Sr. Randulfe porque “nós temos pensado outras e son estas a que se van facer e punto”.

O BNG maniféstase contrario a que a Consellaría de Educación coloque no recinto escolar un comedor prefabricado, argumentado falla de orzamento para un comedor de características similares ás que contan a gran maioría dos comedores escolares de Galiza e non comprende como desde o actual desgoberno municipal se acepta un comedor deste tipo para o que ainda propón poñer fondos propios. A comunidade educativa de Pontecesures, sobre todo os pais e nais representados pola ANPA tamén manifestaron ao concello e ao delegado provincial a súa oposición a este tipo de instalación. Así pois dende O BNG propoñemos que con cargo a estes fondos se acometa a construcción un comedor escolar de calidade, que en calquera caso será con fondos públicos estatais e non con fondos propios do concello.

Ao negarse a que esta obra se inclúa no plan non só se está a votar en contra do BNG local senón que se está a dar nas narices dos pais e nais, presentes e futuros, que verán como nun futuro próximo non contarán cun servizo educativo complementario da calidade que merecen.

No caso do Centro de Día lamentamos o desinterese que amosou e amosa o tripartito por esta infraestrutura, ao noso xuízo, necesaria e cada vez máis demandada polos nosos veciños, que xa na actualidade teñen que usar o servizo que ofrece o centro do concello de Valga (nestes momentos acolle xa a catro usuarios de Pontecesures e non acceden máis porque xa está completo). O BNG puxo de manifesto na sesión plenaria que chegando case á metade da lexislatura o goberno municipal non tivera realizado ningunha xestión diante do Consorcio para que o Centro de Día fose unha realidade canto antes, feito que recoñeceu o tripartito poñendo peros a esta infraestrutura polo seu custo de construcción e incluso do posterior mantemento.

O perigo que supón o paso diario de peóns entre o centro do pobo e San Xulián eliminarase totalmente coa instalación dun paso elevado a xuízo do BNG, e así tamén foi recoñocido polo tránsfuga Sabariz. A administración de carreteras non acomete esta infraestructura porque o Sr. Sabariz non a quere, porque di que lle molesta preto da súa vivenda. Resulta bochornoso, coa cómplicidade dos seus socios de desgoberno, que se antepoñan os intereses particulares do Sr. Sabariz á seguranza dunha gran parte de veciños que teñen que facer diariamente este camiño.

Ao xuízo do BNG calquera destas obras pode ser incluida no Fondo Estatal de Inversión Local se o tripartito mostrase interese por elo, pero teñen demostrado que non lle interesan e non queren levar a cabo infraestructuras que propoña o BNG por moi necearias que estas sexan.

BNG de Pontecesures

Esta pasada noite houbo actos vandálicos no CPI Pontecesures.

Apareceron así rotos varios paneis de metacrilato do patio do edificio dos nenos/as de Educación Infantil. Tamén, cun obxecto punzante, romperon os gamberros un cristal doble do propio edificio e tentaron forzar a porta de emerxencia para entrar no mesmo.
Por outra banda, tamén resultaron danados varias árbores da zona de xogos dos nenos/as de infantil. Xa fóra do recinto escola, apareceron varias plantas arrincadas nas proximidades da Casa do Concello.
O Concello, tras a inspección ocular realizada pola Garda de Civil de Valga e pola Policía Local de Pontecesures, está a presentar arestora a correspondente denuncia. Tamén estanse a avaliar os danos para presentar a documentación na aseguradora que ten a Consellería de Educación para garantir estes sinistros.
O goberno local quere condenar unha vez máis estes ataques ao patrimonio de todos. Resulta realmente repugnante que se ocasionen destrozos en edificios adicados á educación dos nosos fillos/as, e solicitamos a axuda cidadán para tratar de identificar aos causantes dos mesmos.