Marco Vázquez Aido e Andrés Campaña Otero foron elixidos por votación dos alumnos/as para formar parte do Consello Escolar do CPI Pontecesures, con 38 e 23 votos, respectivamente.
Coma representante do persoal adiministrativo de servicios, resultou elixido Elías Sanmarco Enrique que foi o único candidato que se presentou.
Manuela Barreiro, Teresa Gil e Ana Portas, candidatas para o Consello Escolar do CPI Pontecesures.
Rematou hoxe pola mañá o prazo para presentar candidaturas e recibíronse as seguintes:
Manuela Barreiro Castro
Mª Teresa Gil García
Ana Portas Potel.
As votacións terán lugar o día 27 de novembro, de 12:00 a 18:00 horas e vaise elixir unha representante deste colectivo de pais/nais.
Lémbrase que os pais/nais teñén tres representantes no Consello Escolar. Un/ha é designado pola ANPA (así forma parte a presidenta, Yolanda Vieites dos Santos segundo acordo da asociación). ?s outros postos son de elección directa en votación. Permanece no consello, Mª Isabel Rey García, que foi elixida hai dous anos, e renóvase o outro posto que ata agora estaba ocupada por Mª Teresa Gil García, que volta a presentarse.
Oito profesores/as presentáronse para seren membros do Consello Escolar do CPI Pontecesures.
Son os seguintes:
?scar Cepeda Romero
Rosa Mª Delgado Fontáns
Ricardo Lijó Davila
Mercedes Pazo Paniagua
Alicia Pérez López
Antonio Rodríguez Otero
Amalia Rodríguez Otero
Sara Rozas Gaudeoso
A votación será nun claustro a celebrar o día 26 de novembro, ás 18:30 horas. Débense elixir tres represntantes deste colectivo.
Elías Sanmarco, único candidato do persoal de administración e servizos para o Consello Escolar.
Rematado hoxe o prazo, Elías Sanmarco Enrique foi o único candidato presentado, e vai representar do novo a este colectivo no Consello Escolar do CPI Pontecesures, como o veu a facer nos últimos anos.
A votación será o día 25 de novembro de 10:00 a 12:00 horas.
Mañá na biblioteca do Concello de Pontecesures obra de animación para fomentar a lectura.
A partir das 10:30 horas da mañá luns, día 10 de novembro, terá lugar unha representación dunha obra de animación na biblioteca do Concello de Pontecesures para nenos/as de primaria do CPI Pontecesures dentro dunha campaña de animación á lectura promocionada polas editoriais Anaya e Xerais, o CPI Pontecesures e o Concello.
A xunta directiva da ANPA do CPI Pontecesures, pide desculpas por problemas no comezo da actividade de natación.
Dita xunta directiva ven de facer pública dirixida ós socios/as solicitando desculpas aos pais/nais dos nenos/as que participan na actividade de natación na piscina de Padrón polo “mal entendido” do primeiro día cos pagos da mensualidade. Aproveitan a nota para lembrar que os pagos débense facer trimestralmente na propia piscina nos 15 primeiros días do trimestre. De non facelo así, os nenos/as causarán baixa automática.