ACP critica ao gobierno por non reparar o cerre do colexio en vacacións.

Hai uns dez días a ACP denunciou una serie de deficiencias no cerre perimetral traseiro do patio do CPI Pontecesures que ocasionan risco para os alumnos. En concreto, facíase referencia ao estado das varillas oxidadas rotas e de punta dunha verxa, a un tramo caído duns tres metros lineais noutra zona (varios bloques do muro e e malla), á maleza que invade unha gran parte do muro traseiro e á rotura dun cristal do ximasio preto de cerre.

Pois ben; pasaron as vacacións de Semana Santa e no día de hoxe no que se reanuda a actividade letiva as cousas continuan como estaban. Sorprende que o goberno local anuncie que se aproveitaron os días de vacacións, sen nenos no recinto, para avaliar os danos e que as actuación íanse facer cando o tempo o permitise. Incrible a xustificación porque ¿que impidiiu facer as valoracións antes con nenos polo patio?, ¿a que ven esta dificultade para colocar nos días da Semana Santa un cristal, uns cantos bloques, un pequeno tramo de malla métalica e una verxa nova?.

Esta pasividade do concelleiro de educación, Roque Araújo, e do goberno local no seu conxunto ocasiona que nestes días de clase teñamos perigo no recinto escolar e malestar por parte de pais e nais de alumnos. Anuncianos o Sr. Araújo con toda a propaganda de cando en vez a simple sustitución de luminarias, a limpeza do patio ou o arranxo ordinario das persianas do colexio (labor de mantemento do concello que se fixo toda a vida no colexio, por obriga legal) e non activa esta reparación tan necesaria. Esperemos que, dunha vez por todas, se arranxen estas deficiencias denunciadas.

Pontecesures, 02/04/13

Luis Ángel Sabariz Rolán
Concelleiro ACP Pontecesures

Entran a roubar na sede do PP de Pontecesures e nunha tenda de informática.

Na madrugada do sábado 6 de outubro ao domingo 7 entraron a roubar no edificio situado na rúa Víctor García nº 24 e Pontecesures. Forzaron a porta do baixo onde se atopa a sede do PP e revolveron caixóns na busca, posiblemente, de diñeiro en efectivo. Ao non hebelo, abandonaron o local sen levarse, aparentemente, nada causando danos materiais (pechadura, cristais, etc..)
No mesmo edificio, entraron na tenda de informática Inforede, e levaron, ao parecer, un teléfono móbil.

Fenosa retirou por fin o poste danado nas Laxes de Porto e ACP celebra a boa nova.

A primeiros de agosto un vehículo causou danos a un poste situado na interseccíon da rúa dos Mariñeiros coa subida a Porto de Arriba (na zona de ancheamento que se gañou coa obra do anterior goberno, preto da taberna de Vieites). Ante o risco de caída a ACP instou ao goberno que foran activados os trámites para que o poste fose retirado canto antes.
Co temporal de vento e choiva do pasado domingo o risco era maior, as queixas dos veciños tamén medraron e así no pleno ordinario do lluns 24 este concelleiro pregou de novo a retirada deste elemento perigoso.
Pois ben, este mércores persoal dependente da empresa eléctrica retirou o poste danado e colocou o substituto nun lugar da zona onde non molesta. Tan só hai que dicir que os operarios deixaron alí o escombro que debe ser retirado con toda celeridade.

A ACP solicita que sexa instalada dunha vez a Cruz de Infesta.

Na tarde do 13/07/12, desplomouse esta cruz causando pequenos danos a un neno que se atopaba xogando na zona e que, ao parecer, xa foron avaliados pola compañía aseguradora da responsabilidade civil do concello.

Os trozos na cruz quedaron espallados no seu día pola zona, e no pleno ordinario do 30 de xullo de 2012, a concelleíra de IP, Flora Ferreirós, solicitou que se colocase de novo a cruz e que, alomenos, foran rertirrándose xa os trozos de pedra ante o perigo que representaban nesta zona de Infesta, bastante concorrida pois por alí pasa o Camiño Portugués da Ruta Xacobea.

Sorprendentemente, o concelleiro de obras, Ángel Manuel Souto Cordo, afimou no pleno que antes de colocar a cruz había que pedir un informe ao técnico municipal por se houbera responsabilidades dos compoñentes do grupo de goberno que tiñan competencias de xestión cando a cruz foi colocada xa que poidera ser que a obra fora mal executada.

Pois ben, hai que dicir que a obra de rahabilitación desta zona de Infesta na que incluía a colocación desta cruz foi executada dentro dun programa LEADER PLUS en 2006 (a cruz en concreto foi colocada en outubro de 2006) sendo presidente da corporación daquela o actual alcalde, Manuel Luis Álvarez Angueira e o técnico municipal é agora o mesmo que dirixiu esta obra en 2006.

Pois ben; solicítase a Souto Cordo que informe á opinión pública das conclusións do informe do técnico municipal e se hai responsabilidades na actuación do alcalde, doutros membros do goberno local de entonces, do técnico, da empresa instaladora, ou de quen sexa. Tamén instase a que, independentemente da investigación do concelleiro de obras, a cruz sexa colocada con toda urxencia. ? certo que os trozos foron retirados logo da pregunta plenaria, pero xa pasaron dous meses e a cruz non foi reposta permanecendo alí só a base. Un dato máis que nos amosa o abandono no que esta sumido o noso municipio con este goberno.

Pontecesures, 19/08/12

Luis Ángel Sabariz Rolán
Concelleiro da ACP Pontecesures

Tres feridos leves en accidente de tráfico na N/550.

Sobre ás 16:45 horas de hoxe, 19 de setembro, o Mercedes 300 8355-BTP foi alcanzado na parte traseira polo camión 7851-FKM de Beade (Rois) que transportaba troncos de madeira. A colisión por alcance tivo lugar no cruce da Estrada (Avda. de Vigo) cando o turismo atopábase detido na espera de que que a luz do semáforo se puxera verde e o camión arrastrouno varios metros logo do contacto. Ámbolos dous vehículos circulaban con dirección a Valga.
Unha ambulancia evacuou aos tres ocupantes do Mercedes (un home, unha muller e unha nena) con lesións aparentemente leves.
Os danos materiais, sobre todo no turismo, foron considerables.