«Creo que antes do verán haberá moción de censura».

O luns, o pleno deixou ben claro o novo escenario político de Cesures: un goberno en minoría e á espera dun desenlace.

Sóbralle carácter, pero nin con todo o seu xenio consigue Cecilia Tarela disimular o enfado por ver abortada a aprobación da nova Relación de postos de traballo do Concello. Ese documento foi a primeira batalla perdida por un goberno que, dende o pasado xoves, está en minoría.

-A RPT non ten nada que ver coa política, son dereitos dos traballadores. Intentaron amañalos no 2003 cun convenio colectivo que tamén foi abaixo. Xa son anos suficientes defendendo os seus dereitos.

-Deu datos no pleno dalgúns salarios moi baixos. Hai quen se pregunta que pasa coa xente que máis cobra…

-A xente que máis cobra… Pois a persoa que máis cobra é a secretaria interventora, que cobra 38.398 euros ao ano. Fixemos comparativas con outros concellos e resulta que é a que menos cobra de toda Galicia. Por non dicir que na maior parte dos Concellos os cargos de interventor e secretario están xa separados, e aquí hai un solo. E que ten responsabilidades penais e civís. Propúñamos que cobrase 54.856 euros, sen que se pase do tope que marca a Ley de Presupuestos. Aquí hai subidas para todos os traballadores porque hai vinte anos que non se tocan os salarios, e a maioría non chega aos 20.000 euros anuais. Pero poño exemplos: a traballadora social, que sempre ten a porta aberta, que vai a xuízos e que nun concello coma este ten moito traballo, cobra 20.260 euros, e os policías locais 14.201 euros ao ano. ¿Que pasen a cobrar 27 e 19 mil respectivamente parécelle moito á oposición? A min non.

-¿E o do reparo da secretaría ao que apelou a oposición?

-O único que podería conlevar este asunto é unha falta administrativa porque a subida supón un aumento da masa salarial. Pero nos últimos anos aprobáronse RPT en moitos concellos, tamén do PP, e todas co mesmo reparo.

-¿A RPT xogou un papel tan determinante como parece na saída de TeGa do tripartito?

-Non. Creo que o problema que hai en TeGa é unha falla de comunicación entre eles. Ángel era sabedor da RPT, estivo na comisión de goberno na que se adxudicou a súa redacción. Se el non llo comunica ao seu grupo… Ángel Souto nunca puxo ningún tipo de interese neste asunto.

-Dixo Ángel Souto que non é o mesmo gobernar con Luís Álvarez Angueira que con Cecilia Tarela…

-Cecilia Tarela está aquí todos os días e mira con lupa todo o que se fai aquí.

-¿E atopou algo mal feito?

-Creo que é suficiente dicir que se mira con lupa todo o que se fai.

-Outra das queixas de TeGa é que se bloquearon algunhas das súas accións de goberno.

-Vou dar datos concretos. Jorge Janeiro cóntanse as veces que veu ao Concello. E Ángel Souto, desde que entramos, estivo de vacacións do un ao 20 de agosto, e de baixa do 9 de outubro ao 17 de decembro.

-Eles queixábanse dos atrancos postos, por exemplo, á ordenanza de participación cidadá.

-Da ordenanza de participación cidadá enterámonos as concelleiras do BNG nun pleno de que xa lle fora presentado un borrador á oposición. Pedímolo e vimos que era unha ordenanza que se metía en asuntos de todas as concellerías, desde a xestión das asociacións culturais, ao regulamento dos locais municipais ou a información aos medios de comunicación. Fixemos unha serie de anotacións sobre o tema, e non nos volveron comentar nada máis do asunto.

-¿E a partir de agora?

-Pois agora imos seguir gobernando en minoría.

-¿En que están traballando?

-O entroido témolo practicamente listo, estamos organizando a Festa da Lamprea e traballando nos orzamentos. Se conseguimos consensualos aprobaranse e, se non, prorrogaranse. Sabemos que non vai ser fácil. Pero haberá que esperar. ? cuestión de tempo que haxa movementos, de feito xa os está habendo.

-Parece que está preparada para unha moción de censura.

-Si. Non é que estea preparada, e que a estou esperando. Creo que vai haber moción de censura e que será pronto. De feito, atreveríame a dicir que vai ser antes do verán.

-¿? posible reconducir a situación co grupo de TeGa?

-Non

-¿Non é moi contundente?

-A reconciliación é imposible desde que o xoves presentan o escrito de renuncia no rexistro do concello sen dar máis explicacións que as que saíron nos medios de comunicación. Pero, en fin, isto pásanos con aliarnos con quen non debemos.

-Pero no mandato anterior a fórmula funcionou.

-Pero dende aquela cambiaron as cousas.

-¿A alianza BNG-PSOE está ben de saúde?

-Eu creo que si.

-¿E na dirección do seu partido que lle din?

-Que teño todo o seu apoio, claro, en Pontevedra e na Nacional.

-Así que antes do verán vese na oposición.

-Tempo ao tempo. Irémonos á oposición, a traballar dende alí o que queda de mandato. Xa estiven e xa sei o que é, non me vai coller de novas. Pero cando chegue ese momento, haberá que mirar se o PP cumpre todo o que dixo en campaña e se veñen todos traballar aquí gratuitamente.

La Voz de Galicia

ENTROIDO 2016 PONTECESURES.

CARTEL entroido 2016web

O Concello de Pontecesures invita a maiores e pequenos a participar no Concurso de Disfraces que terá lugar o Domingo 7 de febreiro de 2016.

As 16.30 horas todos os participantes deberán estar na rúa Portarraxoi (esquina Rúa Ullán), dende onde sairá ás 17.30 h. O Desfile de Entroido, pasará pola rúa San Lois, Travesía da Estación, rúa Rosalía de Castro, rúa Sagasta e rematará na Prazuela. O Xurado acompañará o desfile para ter tempo de valorar ós participantes. O percorrido poderá sufrir modificacións, notificándollo antes da saída ós participantes.

Bases

 1.- As inscricións de grupos/comparsas poderán realizarse ata as 14.00 horas do venres 5 de febreiro nas Oficinas do Concello (986 564 410 / 986 564 403  / e-mail: xuventude@pontecesures.org ). No caso das categorías individual e parellas tamén poderán  formalizarse as inscricións o mesmo día do concurso, das 16 h. ata as 17 h. A partir das 17 h. péchase o prazo de inscrición. NO CASO DE INSCRICI?NS QUE NON SE FAGAN DIRECTAMENTE NAS OFICINAS DO CONCELLO: DESCARGAR O FORMULARIO DE INSCRICI?N, CUBRILO E LOGO DE ASINALO E ENVIALO POR CORREO ELECTR?NICO (recomendase confirmar a inscrición por teléfono).

 2.- Como condición indispensable, todos os participantes no concurso deberán desfilar no pasarrúas.

3.- Os inscritos só poderán participar nunha categoría e só terán opción a un premio.

4.- Todos os inscritos aceptan as condicións establecidas nas presentes bases.

5.- Establécense tres categorías principais:

  • Infantil. Parellas e individuais de 0 a 14 anos.
  • Adulto. Parellas e individuais de 15 anos en diante.
  • Grupos. Tres ou máis persoas de calquera idade.

6.- Os disfraces gañadores de anos pasados non poderán volver a competir.

7.- A entrega de premios farase na Plazuela ao remate do desfile. Os que resulten gañadores do concurso deberán recoller eles mesmos o premio ataviados co disfraz que lles valeu o devandito premio, e no momento da entrega un adulto que se identificará cun DNI orixinal os acompañará para firmar o recibín correspondente. O fallo do xurado será inapelable e poderá declarar premios desertos se o considera oportuno.

8.- A participación no desfile e concurso supón a aceptación destas bases.

9.- En caso de choiva o Desfile e Concurso de Entroido trasladarase ao Pavillón Municipal de Deportes.

Formulario de inscrición ENTROIDO 2016 PONTECESURES

Premios ENTROIDO 2016 PONTECESURES

Fotografías do Entroido 2015 en Pontecesures.

IMG_3255 (Copiar)

O Espantallo, 3º premio infantil individual.

IMG_3277 (Copiar)

Doraemon, 2º premio infantil individual acompañado do Mimo, 1º premio infantil individual.

IMG_3288 (Copiar)

Os Piratas, 3º premio infantil parellas.

IMG_3232 (Copiar)

O País das Maravillas, 2º premio infantil parellas.

IMG_3252 (Copiar)

«Sabuesos tras la pista», 1º premio infantil parellas.

IMG_3228 (Copiar)

Effie de «Juegos del hambre», 1º premio individual adulto.

IMG_3259 (Copiar)

Metamorfosis, 1º premio parellas adulto.

IMG_3271 (Copiar)

Os paiasos da Tele, 3º premio comparsas.

IMG_3295 (Copiar)

IMG_3275 (Copiar)

«La pandilla de autos de choque»,  2º premio comparsas.

IMG_3298 (Copiar)

IMG_3276 (Copiar)

A estravagante familia Potato, 1º premio comparsas.

IMG_3299 (Copiar)

O Resto da galería de fotos do Entroido 2015 en Pontecesures pode verse no seguinte enlace:

http://www.pontecesures.org/galeria.asp?cat=58

 

O concurso de disfraces do Entroido de Pontecesures baixo mínimos.

O pasado domingo de Entroido, celebrouse o concurso de disfraces en Pontecesures con desfile polas rúas centrais. De longo foi a edición máis deslucida, con menos público e coa más baixa participación de sempre, onde, incluso, quedaron catro premios desertos por falla de disfraces.
O certame apenas foi publicitado (o cartel que o anunciaba nin levaba a hora de comezo dos actos), non houbo actuación musical no palco instalado na Plazuela, a megafonía apenas se escoitaba e a falla de iluminación no propio palco foi evidente.
Enésimo fracaso do goberno local. Outro evento que ía a máis cos gobernos anteriores, onde participaban diferentes colectivos, e que, agora, está completamente devaluado. Non hai ideas nin ilusión no equipo de goberno que se limita a organizar un concurso de disfraces no Entroido como quen ten que facer un trámite sen máis. E iso con tres concelleiros percibindo un salario por adicación exclusiva non ten explicación.

Luis Ángel Sabariz Rolán
Concelleiro de ACP Pontecesures

ENTROIDO 2015 PONTECESURES

CARTEL entroido 2015REDUX

O Concello de Pontecesures invita a maiores e pequenos a participar no Concurso de Disfraces que terá lugar o domingo 15 de febreiro de 2015. As 16.30 horas todos os participantes deberán estar na rúa Portarraxoi (esquina Rúa Ullán), dende onde sairá ás 17.30 h. o Desfile de Entroido, que pasará pola rúa San Lois, Travesía da Estación, rúa Rosalía de Castro, rúa Sagasta e rematará na Prazuela.

O Xurado acompañará o desfile para ter tempo de valorar ós participantes. O percorrido poderá sufrir modificacións, notificándollo antes da saída ós participantes.

En caso de choiva o Desfile e Concurso de Entroido trasladarase ao Pavillón Municipal de Deportes.

Bases:

As inscricións de grupos poderán realizarse ata as 14.00 horas do venres 13 de febreiro nas Oficinas do Concello. O resto de participantes poderá anotarse tamén no mesmo día do concurso, das 16 h. ata as 17 h. A partir das 17 h. péchase o prazo de inscrición.

Este ano o Concello de Pontecesures repartirá un total de 1.290 ? en premios. O grupo ou comparsa gañadora levará un premio de 400 ?.

No seguinte enlace pódense descargar as bases do desfile do ENTROIDO 2015 PONTECESURES:

http://www.pontecesures.org/vernoticia.asp?id=706