A Casa da Cultura de Bertamiráns acolle este sábado a actuación da coral Polifónica de Padrón.

A programación musical de Outono comeza este sábado 27 de outubro, ás 20:00 horas, coa actuación da coral polifónica de Padrón. Este evento está organizado pola Asociación Cultural Pedra do Fuso, en colaboración co Concello de Ames, e desenvolverase na Casa da Cultura de Bertamiráns. A coral de Padrón está formada por trinta e oito membros e da dirección encárgase Don Santiago López Blanco. Esta actuación encádrase dentro da programación anual que realiza a Asociación Cultural Pedra do Fuso ao longo do ano. O vindeiro sábado 17 de novembro celebrarán o Magosto. Ademais, todos os anos organizan unha festa de Entroido e unha ruta polo contorno ambiental do municipio.

A Coral Polifónica Padronesa fundouse a comezos do ano 1987, como unha actividade da Sociedade Cultural Padronesa por mor da inquietude dun grupo de socios que compartían a afección do canto. Dende a súa fundación, este grupo de amigos actuaron en concertos, misas e vodas de diversas parroquias, vilas e cidades de Galicia, Asturias, León, Madrid e Portugal. Ademais, esta Coral ven organizando unha serie de eventos ao longo do ano como son o festival de polifonía e panxoliñas Vila de Padrón, o festival de Santa Icía, e dende o ano 1.997 organizan o festival «Cantando a Rosalía», que se realiza a semana das Letras Galegas.

A coral polifónica de Padrón está formada por trinta e oito membros e da dirección encárgase Don Santiago López Blanco. O seu repertorio abrangue diversos xéneros de música: clásica, relixiosa, popular, habaneras e un amplo abano de obras galegas, entre elas varios temas de Rosalía de Castro.

Esta coral pode presumir de dispor varios premios e recoñecementos. En abril de 1999, a Irmandade Fillos e Amigos de Padrón, fíxolle un homenaxe á Coral, concedéndolle a Medalla de Ouro e o diploma acreditativo. Por outra banda, a Real Academia Galega de Belas Artes Nosa Señora do Rosario da Coruña, concedeulle a varios dos seus compoñentes a Medalla de Prata ?Premio Marcial del Adalid?. Por último, co gallo do XV aniversario da súa fundación, gravaron un CD con 20 obras escollidas do seu repertorio. Ademais, este ano con motivo de tal aniversario o Concello de Padrón e a sociedade cultural Padronesa obsequiou aos membros desta coral cunhas placas conmemorativas.

EL CORREO GALLEGO, 27/10/12

A comparsa ??Natación desincronizada? gaña o maior premio no Entroido valgués.

A comparsa ??Natación desincronizada? conseguiu o domingo o premio máis cuantioso (600 euros) no desfile de Entroido de Valga, clasificándose en primeiro lugar na categoría de grupos de adultos. A segunda praza foi para ??Jolgorio de payasos? y la tercera para ??A Troula dos ratos?. En parellas de adultos ganaron ??Sargadelos en Café? e en disfraces individuais a maior puntuación recaeu en ??Robotica-millo-naria?.
No que respecta aos rapaces, o primeiro premio de grupos e comparsas infantís conseguírono os integrantes de ??Corvilandia?, seguidos na segunda praza por ??A cesta de caramelos?.. En parellas gañaron ??Ardillas de cartón sobre rodas? e en individual a mellor valoración por parte do xurado doi para ??Arco Iris?.

Foron un total de 16 os premios que se repartiron entre os participantes no desfile, que tivo lugar nos arredores do Auditorio Municipal. Entre todos estes galardóns, un deles entregouse ao mellor disfraz do municipio. O premio, de cen euros en metálico, foi para ??Os oficios de Xesús Ferro Couselo?.

DIARIO DE AROUSA, 28/02/12

En Vilagarcía las comparsas de Carnaval con concejales del gobierno no pudieron optar a los premios. En Pontecesures sí.

Vilagarcía olvidó este Carnaval sus vínculos ingleses para rendirse al encanto de pueblos y culturas mucho más distantes. Una animada tribu africana y una manada de animales de la jungla fueron los mejores grupos de un desfile de Entroido en el que la pincelada más polémica, pero no por ello menos entretenida, la puso una carroza que recordó la demandada ampliación del Hospital Comarcal do Salnés.
En medio de una frenética actividad, sobre una carroza la peña vilagarciana La Junquera se afanaba en las tareas propias de un quirófano, al que casi en volandas tuvo que subir el mismo alcalde de Vilagarcía. Tomás Fole, que presenciaba el desfile entre la multitud, se vio arrastrado a la camilla de una sala de intervenciones que, pese a hacerse con el favor del público, y también del jurado, por su excelente puesta en escena, no pudo optar a concurso. Fue debido a que entre el «equipo médico» se encontraba Ángel Benito Pérez Dorgambide, concejal de Seguridad Ciudadana.

Extracto de la nota del FARO DE VIGO, 22/02/12

O Entroido sabe a orellas de Cordeiro.

A que sabe o Entroido?. A filloas, o orellas, a flores, a bandullo…Os doces clásicos desta época do ano sempre saben mellor se a calidade dos produtos está fóra de toda dúbida.
Así o aprenderon os alumnos do CEP Xesús Ferro Couselo, que o pasado venres, antes de gozar dunhas minivacacións de Entroido, asistiron a unha clase de cociña maxistral. na iniciativa, enmarcada nos Encontros Interxeracionais que vén organizando o Concello de Valga dende hai uns anos, varias socias do colectivo de maiores (Axentiva) e de mozos (A Eira) desprazáronse ata o centro educativo para elaborar as deliciosas orellas con fariña de trigo procedente da colleita deste ano (que novoa e vellos axudaron a sementar e recoletar nunha leira da parroquia) e ensinarlle aos cativos que cos produtos naturais se obteñen os mellores doces.
Asemade, no CEIP de Baño, a cuxos responsables se lles fixo entrega da fariña, foron as cociñeiras do comedor escolar as encargadas de elaborar este típico doce de Entroido para a alumnado do centro. Os escolares aproveitaron a ocasión para vestirse como verdadeiros chefs de categoría e a algunha rapaza non lle faltou nin o bigote.

DIARIO DE PONTEVEDRA, 22/02/12

Mércores de cinza.

Columna «Devagar», Por Xavier Senín (Escritor).

UN ANO os rapaces formárona boa no entroido. Polo menos, a maioría da xente apuxéralles a eles aquela entroidada. A tarde do martes de entroido apareceu un grupo de choqueiros, que así era como se chamaba alí a xente que se disfrazaba. Ían todos vestidos de farrapos, con pezas de roupa vella de muller que colleran pola casa nos baúis dalgún fallado. A cara levábana tapada con caretas de cartón que deberan comprar na tenda da Luzdivina, por máis que despois ela asegurase que non eran das que ela tiña a vender. Todos eran homes, polo empeño que poñían en disimular as súas voces verdadeiras falando de falsete. Con todo, víase que procuraban falar o menos posible e non levaban reloxos no pulso nin calquera outra cousa que puidese identificalos. Paseaban xuntos pola rúa e íanse metendo coa xente coa que se cruzaban, facendo referencias a pequenas cousas que demostraban que eran bos coñecedores do que se cocía na vila. Algunha xente asustárase e andaba cos nervios á beira de todo porque quen máis quen menos tiña algo que rañar e non quería que se soubese. Unha das persoas máis afectadas foi a Manuela, que liscou coma un foguete para a casa, logo de lle cuscubiñaren dous deles algo que só ela escoitou. Ninguén sospeita o que podía ocultar a muller, pero debía ser asunto serio pola reacción que tivo. O grupiño aquel esvaeuse con tanto misterio como aparecera e nunca máis se soubo, por máis que houbo quen tentou identificar aqueles entremetidos.

Ao día seguinte era mércores de cinza e aínda que non existía obriga de asistir á misa coma nos días de precepto, nalgunhas casas mandaron a xente nova á cerimonia. Na misa o cura foilles marcando na fronte unha cruz coa cinza mentres pronunciaba aquelas palabras en latín que parecían máxicas, sobre todo aquilo de «… et in pulverem reverteris». O abade, mentres cumpría o rito, fitaba os mozos un a un para tentar adiviñar quen foran os responsables do que pasara o día anterior. Ningún deixou traslucir nada e, por certo, a Manuela aquel día non pisou a igrexa.

EL CORREO GALLEGO, 20/02/12

Escritor

Entroido no CPI Pontecesures

Este venres 17 de febreiro de 2012, a partir das 11h30, o CPI PONTECESURES celebra o Entroido. Trátase dunha actividade común a todo o centro e a ela están convidados as familias dos alumnos e alumnas.

Este ano o tema escollido é o das Olimpiadas. Os diferentes grupos de nenos e nenas desde educación infantil até educación secundaria obrigatoria, pasando por educación primaria desfilarán no pavillón municipal de Pontecesures ante os seus familiares caracterizados de diferentes maneiras alusivas ao deporte olímpico e realizando diferentes bailes.

Tendo en conta os tempos que corren, cheos de negros presaxios, nada mellor que a suspensión que nos permite o Entroido para divertirnos e rirnos e así liberarnos das tensións. Por iso, animamos a todas as familias a que se acheguen ao pavillón municipal de Pontecesures para dar acubillo á ilusión dos nenos e nenas.