A Feira Galega do Automóbil Clásico (FEGACLASIC), celebrarase os días 16 e 17 de maio de 2009 en Pontecesures organizada pola asociación cultural «Mirándolle os dentes».
A feira tratará sobre o automóbil clásico e antigo e tamén sobre motocicletas e repostos. Haberá espazos gratuitos para expositores e vendedores.
Datos da asociación organizadora:
Rúa Novo Núñez, 22 3º E 36640 Pontecesures
Teléfono: 620 198200
Correo electrónico: mirandolleosdentes@hotmail.com