Os socialistas cesureños consideran insólita a proposta da festa romana.

Recibimos a insólita proposta do equipo de goberno de Pontecesures de levar a cabo un mercado romano denominado «Pons Caesaris»» no mes de xuño, e para tal cometido vén de solicitar unha subvención de 20.715 €. Máis aló do resultado turístico que poida ter esta proposta, creemos que sería máis lóxico invertir noutras actividades propias, como a Festa da Lamprea, a Feira do Automóbil ou algunha competición náutica no río, propostas con máis historia ou arraigo en Pontecesures.

Socialistas de Pontecesures