Esta semana só xogan 2 equipos, ó coincidir parón en varias categorias, e non ter ningún partido aprazado.
SENIOR: Sabado ás 19 h. en Pontecesures, contra o Meco de O Grove.
Nova oportunidade para os senior de acadar unha victoria ante un equipo que empezou mal a temporada, pero que en anos pasados era o aspirante a desbancar Laxe Marin actual campión estes anos atrás. Os do Grove gañaron precisamente na 1ª xornada ó Laxe, perdendo a continuación os seus seguintes 3 partidos. Igual bagaxe leva o Extrugasa, que gañou na 1ª xornada ó Demarpa Grove, perdendo a continuación os seus 3 partidos. Pode ser un partido disputado e entretido o que teñamos mañá en Pontecesures.
INFANTIL MASCULINO: Sábado as 12 en Pontecesures, contra Estudiantes de Pontevedra.
Nun principio son favoritos os visitantes, pero non é tanta a diferencia que separa ós nosos, polo que a priori, pode pasar calquera cousa.