A parella pontecesureña formada por Manuel Lorenzo e María Castromán celebrou os seus 50 anos de matrimonio

A igrexa parroquial de Pontecesures albergou este fin de semana un acto moi emotivo. Manuel Lorenzo e a súa esposa, María Castromán, volveron a revivir o día no que ambos se xuraron amor eterno e dixeron o “sí quiero” ante familiares e amigos. Á saída do templo, tíñanlle preparada unha sorpresa con música.

Traducido de: El Correo Gallego

Jacobo Domínguez, do Breogán, é o novo campión de España Máster Cadete C-1

O piragüismo arousán voltou a contar a pasada fin de semana cunha boa nómina de resultados nunha cita de carácter nacional. Nesta ocasión, no Campionato de España Máster para Séniores, Júniores e Cadetes. Un título, doce medallas (tres delas de ouro) e os catro representantes da zona entre os nove primeiros na clasificación por equipos, encabezada polo Breogán-Outón Xunqueiriña, conforman o exitoso balance no encoro asturiano de Santa Cruz de Trasona.
(máis…)

BALONCESTO: SABADO 26 AS 17 H. 1º PARTIDO DAS SEMIFINAIS DA COPA SENIOR

CAMBIO NA HORA DO PARTIDO: PASA A XOGARSE ÁS 17H. MOTIVADO POLA IMPOIBILIDADE DE PODER CONTAR CON ARBITROS NO OUTRO HORARIO. 

Este vindeiro sábado 26 a partires das 17 h. o Extrugasa Rio Ulla xoga o partido de ida das semifinais da Copa Senior Arousana.

O rival é o C. B. Meco de O Grove. Equipo caracterizado pola súa xuventude e rapidez no xogo, frente a un equipo coma o Extrugasa mais veterano e físico. As nosas intencións son coller unha diferencia o mais amplia posible para acudir o seguinte fin de semana ó Grove co resultado ó noso favor, e tratar de acadar o pase á final, inda que vai ser dificil, pois O Meco ben de gañala liga do Grupo A de Arousa.

Por eso dende este medio facemos un chamamento para que os afeccionados acudan a presenciar este partido, este sábado ás 17 h., sendo a entrada, coma sempre, de balde.

Outros horarios dos equipos:

Copa Xunior Femenina->  Sabado as 10 en Marín: BBM – Extrugasa Rio Ulla

Alevin-> Sabado ás 16.30 h. no Grove: O Meco “A” – Extrugasa Rio Ulla  

HORARIOS DOS PARTIDOS DO C.B. RIO ULLA NA FIN DE SEMANA

basket1.jpg

Senior Zonal – Partido de volta de cuartos de final da copa Arousana.

Domingo ás 17 h. en Lalín:        BasketDeza – Extrugasa Rio Ulla

Xunior – Cadete femenino: Partido da liguilla de copa

Sábado ás 12.15 h. en Pontecesures:        Extrugasa Rio Ulla – Arxil de Pontevedra

Infantil Masculino: Cruces de Copa

Sábado ás 18 h. en Cambados:    Extrugasa Rio Ulla – BBC de Vilagarcia

HORARIOS DOS PARTIDOS DO C. B. RIO ULLA DESTA FIN DE SEMANA

Estes son horarios dos partidos que os equipos do noso club van disputar nesta fin de semana.

Infantil Masculino: Sabado as 16.30 h. en Pontecesures

Extrugasa Rio Ulla – B.B.C de Vilagarcia

Senior: Sabado ás 19 h. en Pontecesures

Extrugasa Rio Ulla – BaskeDeza de Lalín

Xunior Masculino: Domingo as 17.30 h. en Pontecesures 

Extrugasa Rio Ulla – B.B.C de Vilagarcia

Alevíns: Domingo ás 11.30 h. no Grove 

C. B. O Grove – Extrugasa Rio Ulla