Atractivos encontros de fútbol entre solteiros/as e casados/as nas Festas de Porto.

Mañá sabado día 18 de agosto ás 18,00 comeza no Campo de Fútbol «Ramón Diéguez» o primeiro dos partidos enfrontándose as solteiras contra as casadas. Ambolos dous equipos estiveron preparándose nestes días conn fortes sesións de adestramento para chegaren con bó tono físico ó encontro. Incluso preparáronse tácticas e estratexias para as xogadas a balón parado.

Rematado este partido saltarán ao terreno de xogo os equipos de homes de solteiros e casados que tamén tiveron os seus adestramentos.

Hai unha gran expectación, tanto en Porto como en toda a comarca, por presenciar os encontros esperándose unha magnífica entrada no recinto deportivo. Pola calidade dos equipos e pola rivalidade o espectáculo esta garantido.

Faise un chamamento ás persoas que teñan novas sobre a previa dos partidos (posibles alineacións, árbitros, etc..) para que faciliten información neste medio. Asi mesmo, sería moi interesante que alguén publicase logo fotografías destes importantes eventos deportivos para coñecemento xeral.