Unhas 80 persoas participaron o pasado sábado na festa «?nete á volta» celebrada polo Concello de Pontecesures co patrocinio de Deputación.
Nenos e maiores subiron en triciclos e bicicletas (con oou sen «rodíns»), para percorrer unha ruta de once quilómetros por todo o municipio. Sairon da Plazuela e continuaron polo barrio de Porto, cruzaron a estrada cara a Redondo, e seguiron pola pista da Barosa ata San Xulián, onde fixron un descanso para rematar o percorrido no centro da vila pasando por Infesta, Regadio e a Paxareira.
De volta na Plazuela tivo lugar o sorteo de agasallos. Case ninguén quedou sen premio. A maioría dos participantes levou un lote composto por camiseta, bidón e un comic de Mexi/llón, a mascota de Vuelta Ciclista a España. A maiores tamén se sortearon culotes, maillots, mochilas, bidóns, unhas botas de ciclista e, os máis agardados, un casco e unha bicicleta.
O concelleiro delegado de Deportes, Roque Araújo, comentou que «aínda que puido haber máis xente, estamos contentos coa participación», que se viu mermada pola celebración de un torneo de fútbol en Cordeiro (Valga) e «porque había moito deporte televisado a esa hora»
DIARIO DE PONTEVEDRA, 19/09/13