Será o venres 30 de novembro ás 17:30 horas no polideportivo municipal co fin de recadar fondos para excursión de remate de curso dos alumnos de 4º da ESO. O prezo da entrada é de 1,50 euros e prégase a colaboración económica a todos.
Haberá un servizo de cantina no pavillón para axudar aos rapaces.
Sin Categoria
Queixas dos condutores dos vehículos que baixan para o Cagaxol pola pista recentemente pavimentada.
Hai uns días executouse en Pontecesures a obra de Medio Rual de pavimentación da rúa do Campo ata a rúa Calera. Pois ben; dende o campo de fútbol «Ramón Diéguez» ata o Cagaxol (xa preto do paso a nivel do ferrocarril Porto-Devesa) a baixada é moi pronunciada. Precisamente na intersección da pista asfaltada coa que vai dende o paso a nivel para a Devesa (Valga), quedou un problema importante. A nova capa de rodadura motiva que os vehículos que baixan contacten en ocasións coas súas defensas no chan.
Dende ACP solicitamos ao goberno local que se realicen xestións urxentes para solucionar esta deficiencia advertindo mentres desta circunstancia mediante a oportuna sinalización na zona.
Sin Categoria
O Joyería Riveiro vai 4º no grupo segundo da liga de fútbol veterán
Goleou por 6-0 na casa ao Soho Coffe o pásado sabado e vai 4º na táboa, despois de 12 encontros, con 24 puntos, a 5 do líder A Lama. Visita o equipo cesureño o día 10 de novembro ao Bar Pasarela que vai clasificado na zona media da táboa
Sin Categoria
Pontecesures y Valga son los concellos de Ulla/Umia menos favorecidos en las subvenciones de AGADER.
La Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (AGADER) ha concedido 603.075,09 euros en subvenciones para once proyector respartidos entre los siete concellos de la comarca Ulla/Umia, según la resolución del 8 de octubre tras el proceso de selección realizado entre las propuestas presentadas.
El concello más beneficado de la comarca es Catoira, que recibirá 150.000 euros para la rehabilitación y ampliación del Club de Piragüismo. Caldas recibirá 122.186,50 euros para la construcción de dos pozas termales en A Tafona. Portas recibirá 99.127,96 euros para acondicionar un local de uso cultural en el edificio de la Azucreira. Cuntis percibirá 93.216,85 euros para crear un espacio recreativo y de ocio en el ámbito fluvial del río Gallo (55.438 euros) y para humanizar la plaza de la capilla de Santa Magdalena en Meira 37,778,80 euros). Moraña recibirá 83,597,91 euros para otras dos inciativas que son la urbanización de la plaza de O Buelo (31.057 euros) y una ruta biosaludable (el resto).
A Pontecesures le corresponden 34.887 euros en total para paneles solares en el Club Náutico y en el campo de fútbol y también para el aula TIC en el semisótano de la Casa Consitorial (tres proyectos). y a Valga 20.058 euros para un aula de naturaleza en Vilarello.
Concello
Proxectos concedidos polo AGADER a Pontecesures
O Diario Oficial de Galicia fai público hoxe o resultado da convocatoria da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (AGADER) do proceso de selección da convocatoria para subvencións a proxectos dinamizadores das áreas rurais de Galicia, promovidos polos concellos e mancomunidades de concellos para o ano 2012.
O Concello de Pontecesures obtén subvencións para tres dos proxectos presentados, como son a instalación de paneis de enerxía solar térmica para auga quente sanitaria (AQS) no campo de fútbol municipal, instalación de paneis de enerxía solar térmica para AQS no Club Náutico de Pontecesures e o proxecto integral de sala multiusos dixital (aula TIC).
O goberno municipal de Pontecesures congratúlase das inversións acadadas para o concello, fruto da xestións feitas meses atrás.
Sin Categoria
A ACP solicita ao concello a inclusión de varios investimentos no Plan aprobado pola Deputación.
Presentouse no concello o seguinte escrito:
«SR. ALCALDE DE PONTECESURES
No día de hoxe, a Deputación de Pontevedra aprobou un plan de investimentos para os concellos da provincia, no que sabemos que se van a investir en Pontecesures algo máis de 150.000 euros por parte do ente provincial. As actuación débenas elixir os concellos aínda que tamén pode destinarse esta cantidade a gastos correntes.
A ACP, que está na oposición, na súa obriga de realizar popostas en función das necesidades municipais, comunica unha serie de investimentos, solicitando que se teña en conta a relación á hora de realizar a petición. Son os seguintes:
-Ampliación lateral do pavillón polideportivo ocupando un terreo municipal totalmente inutilizado e abandonado do antigo patio escolar. O pavillón úsase moito e precísase un maior espazo.
-Pavimentado do lateral do campo de fútbol «Ramón Diéguez» dende a entrada ata a tribuna. Esta é unha actuación moi demandada por deportistas e directivos dos clubes.
-Acondicionamento do semisoto da biblioteca muncipal para arquivo e outros usos. Este local foi recuperado polo goberno anterior pero necesítase agora a realización das obras interiores.
-Subministro de aparellos ximnásticos para o local anexo ao pavillón, construido polo goberno anterior, con dotación de canastras de mini basket para o recinto escolar da zona.
-Recollida de augas pluviais na intersección da pista da Barosa co acceso ao lugar de Carreiras con mellora do pavimento e colocación doutra marquesina na zona para o transporte escolar dos nenos de Toxa/Carreiras.
-Arranxo do saneamento que vai ao descoberto en Condide e que parte da pista do Regadío ata a rúa Torrelavega polo interior.
-Reparación da pista das Cortinallas en Infesta, sobre todo na intersección desta coa estrada autonómica Pontecesures-Baloira.
-Acondicionamento da contorna da zona de esparcemento no Camiño dos Acevedos de San Xulián construído polo goberno anterior e colocación dos xogos.
-Saneamento e acondicionamento do pavimento en Porto unindo a rúa Caldeirón de Abaixo coa rúa dos Mariñeiros e completando as actuacións que tiveron lugar no pasado.
-Ancheamento e pavimentación da rúa Miguéns Parrado, preto do adro da igrexa parroquial e do parque infantil Vicente Moure. ? unha zona moi concorrida que precisa unha actuación por razóns de seguridade para as persoas.
Pontecesures, 29/09/12
Luis Ángel Sabariz Rolán
Concelleiro da ACP de Ponteceures»