O Joyería Riveiro vai 6º na liga de fútbol veterán.

Asentouse no seu posto de privilexio, neste caso no Grupo 3, o Fortuna San Martín, cun 3-0 sobre o Boa Vila Barrantes. Outros resultados: Cafetería Vilariño 2-0 A Lama, Joyería Riveiro 3-1 Meaño, Dena 2-1 Samieira, Bar Gento Abalo 1-2 Chorigal, e Castrelo 5-0 Bora Comesano. O San Martín é segundo cos mesmos 22 puntos co Castañal, terceiro, e só un por debaixo do Chorigal, primeiro. O J. Riveiro figura sexto con 19 puntos, o Bar Gento e o Meaño sucédeno na táboa con 17, o Dena é décimo con 15, polos 14 do Boa Vila e do C. Vilariño, duodécimo e decimocuarto, co Castrelo penúltimo con 6 puntos en descenso.

LA VOZ DE GALICIA, 09/11/11

Participación dos equipos de fútbol de base de Pontecesures na II Liga de Fútbol Sá do Concello de Dodro.

Os equipos de base da Escola Municipal de fútbol  de Pontecesures participarán na II LIGA DE F?TBOL SÁ DO CONCELLO DE DODRO. Concretamente Pontecesures estará representado nesta liga por 3 equipos: 2 (A e B) na categoría de prebenxamíns (6-7 anos) e un na de benxamíns (8-9 anos).

Esta liga disputaráse no Pavillón Polideportivo Municipal de Dodro, sendo a primeira xornada o 4 de novembro e a derradeira o 2 de marzo.ç

No seguinte enlace pódense descargar o calendario e as bases desta liga:

http://pontecesures.org/recursos/II_LIGA_FUTBOL_SALA_CONCELLO_DE_DODRO_2011_2012.pdf