O encontro de fútbol 11 en memoria de Ramón Pesado Portas, celebrarase nas instalacións deportivas de Campaña o domingo, 2 de outubro, ás 11 horas. A iniciativa foi da organización do XXXIII Campìonato Futbito Veteranos de Valga.
O Joyería Riveiro xa vai cuarto na liga.
Gañou o equipo cesureño na casa ao Burgo por dous a cero o pásado sábado e agora, con 10 puntos, xa vai cuarto no grupo III da Liga de Fútbol Veterán.
O vindeiro sábado o Joyería Riveiro visita ao Castañal, 15º clasificado.
Este domingo homenaje a “Mon” en Campaña.
Este domingo as instalacións deportivas da parroquia de Campaña serán escenario dun partido de fútbol 11 en memoria do futbolista Ramón Barreiro Portas, Mon. Enfronte, unha selección de xogadores dos dous equipos nos que xogou, o Cafetería Sol y Mar e o Bar Muelle, e un combinado do resto da Liga de Futbito Veterán de Valga.
LA VOZ DE GALICIA, 28/09/11
O Joyería Riveiro gañou en Bueu.
Dentro do grupo 3º da Liga de Fútbol Veterán o equipo cesureño gañou 0-1 en Bueu e agora está nos primeiros postos da táboa.
O Joyería Riveiro obtivo o primeiro punto na nova categoría.
Empatou así 1-1 co Bar Gento a domicilio na segunda xornada dentro do grupo 3º da liga de fútbol veterán.
O Joyería Riveiro encaixa unha goleada na estrea na categoría.
Por 2-5 perderon os cesureños diante do Dena Veteranos, na primeira xornada do grupo 3º do fútbol veterán.