Estación Norte é un dos locais da movida xuvenil de Pontecesures. Despois de máis dun ano pechado, reabriu días atrás as súas portas baixo a dirección de Daniel Ferreiro e José Ángel Tarrío. E o fai ofrecendo, como principal novidade, música en directo. Esta noite é a estrea coa actuación de Los hijos bastardos de Peter Lorre (23 horas), con entrada gratuíta, e Daniel Ferreiro anuncia unha chea de concertos para os vindeiros meses.
¿Con que oferta volve Estación Norte?
Imos traer grupos da zona, de Santiago, Cambados, Vilagarcía e a ver se podemos traer a algún grupo importante. A principios de ano empezamos, tamén, un ciclo de monólogos. Este é un local con moita historia aquí en Pontecesures, no que fixemos unha remodelación. Pero a principal diferenza é a música, a que ofrecemos en directo e a que pinchamos, que é música dos anos oitenta e noventa, Tamén temos unha sala exclusiva para ver os partidos de fútbol.
A movida en Pontecesures perdeu folgos nos últimos anos ¿que pasou?
Hubo un cambio xeracional, faltaron investimentos e logo Tráfico tamén meteu moita caña. A ver se conseguimos agora arrincar outra vez a movida, facendo un circuito de locais, aproveitando que xa abriu Chanteclair. Estmos niso. O pasado fin de semana abriu un novo local.
«A pie de calle». LA VOZ DE GALICIA, 24/10/09