Nesta mañá de choiva disputáronse as dúas semifinais no campo de fútbol Ramón Diéguez de Pontecesures cos seguintes resultados:
Sol y Mar 4, A Palmeira 1
Valdeza/Bar Juan 3, Bar Muelle 1.
De seguido disputouse a final, que gañou o Valdeza/Bar Juan ao Sol y Mar por 2-1.
Rematada a final deste memorial en lembranza de Victoriano Trenco, que foi organizado polo «Joyería Riveiro» de fútbol veterano e pola Asociación Cultural «A Estornela» de Pontecesures, a viúva de Victoriano, Josefa Diz, que asistiu á final coa compaña dunha filla, entregou o trofeo ao equipo gañador.
Antes, a organización do torneo agasallou aos familiares do que fora alcalde de Pontecesures cunha placa conmemorativa e un ramo de flores.
O equipo gañador, quixo que a viúva de Victoriano conservara o trofeo como lembranza do memorial e, entre unha forte ovación, entregou de novo o trofeo a Josefa Diz con ese fin.