Os nenos dan vida ao monte Galiñeiro.

O monte Galiñeiro de Pontecesures ten hoxe un pouco máis de vida, a que lle deron os alumnos da escola infantil municipal, que acudiron esta fin de semana a prantar varias especies de árbores para poñer o seu grao de area na rexeneración da zona, na que hai anos se emprazou o basureiro da localidade, clausurado e selado despois pola Xunta de Galicia.
Foron arredor dunha trintena os rapaces que subiron ata o monte na mañá do sábado para participar nesta actividade de carácter ambiental e educativo, que ven repetíndose nos últimos anos como un xeito de concienciar aos máis pequenos sobre a necesidade de coidar a natureza.

Como non podía ser doutro xeito, tamén os pais deron exemplo e acompañaron aos seus fillos para axudarlles a prantar as árbores, entre as que había diferentes especies como acebos, carballos, bidueiros, castiñeiros, piñeiros… Os nenos amosáronse do máis ilusionados e puxéronlle moitas gañas á prantación, na que utilizaron ??ferramentas? que lles son moi familiares: pás, cubos e regadeiras de xoguete. Agora só lles queda esperar a que, coa próxima entrada da primavera, as súas árbores comecen a medrar e en anos vindeiros poidan acudir de novo ao Galiñeiro a facerlles unha visita e a coidalos.

Os pequerrechos da gardería cesureña foron obsequiados, logo de contribuír á mellora ambiental do municipio, cun libro por parte dos responsables do centro infantil e tamén cun CD co que, a bo seguro, pasarán momentos moi divertidos xa que contén actuacións do ??Show dos Paiasos?. Este último detalle correu a cargo do Concello, que tamén estivo representado na prantación coa alcaldesa, Maribel Castro, e o concelleiro de Relacións Institucionais, Luis Sabariz Rolán.

A media mañá estaba tamén previsto celebrar un almorzo no recinto do Mirador do Galiñeiro, aínda que a choiva fixo acto de presencia e iso obrigou a trasladar a comilona á escola infantil, para que os nenos estivesen a bo recaudo e non se mollasen.

DIARIO DE AROUSA, 15/03/10

Unha mañá diferente.

Esta actividade, que ademáis de carácter educativo temén serviu para a concienciación ambiental, permitiu aos nenos cesureños disfrutar dunha mañá diferente.
Os nenos da gardería non estiveron sós na prantación. Ademais dos monitores da escola infantil, tamén subiro ao monte Galiñeiro pais e outros familiares que se encargaron de colocar as árbores nos buracos para que os pequenos botasen terra ata cubrir por completo a raíz. Os raparigos estiveron moi atentos ás explicacións que lles daban os maiores.
Á hora de prantar as súas respectivas árbores, os alumnos da gardería municipal contaron con ferramentas do máis axeitado para a súa idade: pás de prástico que tan ben coñecen da praia, como tamén cubos e regadeiras.

DIARIO DE AROUSA, 15/03/10

A alcaldesa tamén acudiu co seu neto.

A alcaldesa de Pontecesures, Marible Castro, non só participou no acto como representante do concello (que aportou 35 árbores para a prantación no Galiñeiro) senón que tamén exerceu á perfección como avoa. Axudou ao seu neto a prantar unha árbore, que no seu caso era un acebo. Explicoulle ao pequeno os pasos que tiña que seguir para que a raíz quedara ben agarrada na terra e, para rematr, lembroulle a importancia de regala para que medre rápido e vigoroso durante a primavera.

DIARIO DE AROUSA, 15/03/10

Los niños de la guardería plantaron esta mañana árboles en el Galiñeiro.

Más de treinta niños y niñas de la Escola Infantil de Pontecesures plantaron hoy árboles en el Galiñeiro, en un entrañable acto educativo que se viene celebrando desde hace varios años, por estas fechas.
Niños y papás colocaron las plantas y, luego, los pequeños fueron obsequiados con un libro por parte de los responsables de la guardería y con un CD del grupo cesureño «El Show de los Payasos» por parte del concello.
Como al final de la entrega comenzó a llover, no se pudo celebrar en el Mirador do Galiñeiro el almuerzo previsto que tuvo que ser trasladado a las dependencias de la escuela infantil

Mañana, 13 de marzo, los niños/as de la guardería plantarán árboles en el Galiñeiro.

Como en los pasados años, los alumnos/as de la Escuela Infantil Municipal de Pontecesures plantarán, acompañados de sus monitores, árboles en el monte do Galiñeiro, como una actividad formativa. El espacio elegido son los terrenos donde estaba ubicado el antiguo vertedero que fue sellado hace varios años. La plantación tendrá lugar a las 11:00 horas.

A case 4.000 euros ascende o custo da colocación da varanda roubada no Galiñeiro.

No día de hoxe realizouse a valoración do dano no peche perimetral do antigo vertedeiro de lixo no Galiñeiro. Foron en realidade 120 metros lineais os substraidos e o orzamento da colocación dos madeiros ascende a 3.975 euros.
O módulo de xardiñería forestal do obradoiro «Pontecesures II» xa tiña previsto dentro do plan de formación dos alumnos o acondicionamento e conservación de toda a zona do Galiñeiro (miradoiro e zona que ocupaba o antigo vertedoiro). Unha vez executados estes traballos que consistirán na limpeza, conservación das árbores existentes e plantación de outras, acometerase a colocación dos madeiros substraídos. Non se ten nova algunha sobre o autor ou autores do roubo, e seguen as investigacións por parte da Garda Civil de Valga.