O Concello de Pontecesures está executando as “Obras de Mellora do camino de Acceso a Grobas”.
Esta actuación consiste nunha actuación integral de mellora do antedito viario, no tramo que se atopa en peor estado, que é o que vai desde o inicio do mesmo na PO-214 ata Grobas.
Actualmente os camiño contan cun pavimento de aglomerado asfáltico e unha sección constante de 5,80 metros, agás no enlace coa PO-214, onde se amplía a sección ata os 10 metros.
O firme presenta un estado batante heteroxéneo, pero atópase en xeral bastante deteriorado polo intenso uso e pola forte pendente, con moitas zonas nas que o pavimento asfáltico está agrietado e desagregado, chegando a formarse fochancas nos puntos máis conflitivos.
O viario necesita, ademais dunha renovación da súa capa de rodadura, dunha limpeza de marxes, tanto por cuestión de seguranza do tráfico (rodado e peonil) como para mellorar a durabilidade do asfalto.
As obras executadas para a mellora da súa pavimentación son as seguintes:
– Limpeza de marxes
– Fresado de 5 cm do aglomerado asfáltico actual nos enlaces
– Varrido do firme actual por medios mecánicos
– Rego de adherencia
– Capa de 6 cm de MBC tipo AC16 surf D-12
– Marca vial continua mediante pintura reflexiva con microesferas de vidro.
Esta obra foi adxudicada á empresa Nemesio Ordóñez S.A. por un importe de 30.960,28€ dos que 25.587,01€ son financiados pola Xunta de Galicia a través do AGADER e 5.373,27€ pola Deputación de Pontevedra a través do Plan Concellos 2021 Liña 1.