El Bloque pide que ancheen la vía cesureña hasta Fenteira.

El BNG de Pontecesures reclama que se empleen los fondos del PEIM o los del PIR 2010 para anchear el vial que une Grobas y Fenteira, complementando la dotación con fondos propios, si es necesario. La moción fue aceptada, con la abstención del grupo de gobierno (que prevé varias inversiones en los núcleos antes mencionados) en la comisión del pasado día 21.

Según apuntan los nacionalistas, «este vial é de apenas 3,5 metros de ancho e ao longo do mesmo forma importantes estreitamentos contando, ademáis, con tres ou catro curvas moi pechadas na Fenteira. Estas características fan que na actualidade a pista non sexa apta para circular camións ou autobuses».

EL CORREO GALLEGO, 23/01/10

O goberno local de Pontecesures non se pronuncia en comisión sobre o ancheamento da pista Grobas-Fenteira.

Na sesión da Comisión Informativa de Obras, Urbanismo e Servizos de Pontecesures, celebrada no día de hoxe, á que asistiron a alcaldesa, Maribel Castro, Jesús Rey (PP), Luis Sabariz (non adscrito), Cecilia Tarela (BNG) e Manuel L. Álvarez Angueira (BNG), tratouse esta moción presentada polo BNG de Pontecesures.
Os dous representantes nacionalistas apoiaron a moción, mentres os outros tres membros abstíveronse co cal o texto foi informado favorablemente.
O goberno local anunciou que se ía facer un importante investimento en Grobas e Fenteira, e como non se coñecía nin o custo do ancheamento nin o importe do PEIM nin do PIR para Pontecesures, ía pronunciarse no pleno os compoñentes sobre a súa posición argumentada.

El BNG insta al tripartito a ensanchar el vial que comunica Grobas y Fenteira.

El BNG de Pontecesures propondará en el próximo Pleno ordinario, que está previsto para el día 25 de enero, que se acometa el ensanche de la carretera que une las aldeas de Grobas y Fenteira. Actualmente, este vial apenas cuenta con 3,5 metros de ancho, lo que provoca problemas de circulación. A esto se añade, según los nacionalistas, que ??ao longo da pista fórmanse importantes estreitamentos contando, asimesmo, con tres ou catro curvas moi pechadas na Fenteira?.
Estas características provocan que, en la actualidad, esta carretera sólo sea apta para la circulación y tránsito de automóviles pequeños y tractores, pero ??non para camións nin autobuses?, por lo que los vecinos se ven en ??situación de deficiencias en servizos básicos?, alegan desde el Bloque Nacionalista Galego.

Por ejemplo, el autobús escolar una vez que llega al lugar de Grobas no puede continuar circulando hasta Fenteira ante el estrechamiento del vial, por lo que ??ten que dar a volta e tomar a estrada autonómica Pontecesures-Baloira?. Esto significa que el transporte ??non pode acceder directamente? a la aldea de Fenteira, ??como sería o lóxico e desexable?.

Circunstancia parecida se da para el acceso de ??camións, para construccións ou para abastecementos en xeral?. Servicios como el butano, los bomberos u otros no pueden llegar a Fenteira desde Grobas, ni tampoco al contrario. Asimismo, tampoco se puede prestar ??debidamente? el servicio de recogida de basura.

En la moción que ayer registró el BNG en el Concello para su tratamiento en Pleno, el grupo nacionalista propone al gobierno tripartito que establezca convenios con la Consellería de Medio Rural para acometer el ensache de esta pista, ya sea con cargo al Proxecto Estratéxico de Infraestruturas do Medio Rural (PEIM) o a través del Plan de Infraestruturas Rurais (PIR).

El Bloque considera que la mejora de este vial es ??importante e necesaria para ofertar unha maior calidade de vida e un maior desenvolvemento socioeconómico aos veciños destes núcleos de población de Pontecesures?. La formación nacionalista cree incluso que el Concello debería poner fondos de las arcas municipales en caso de que la financiación que aporte la Xunta no fuese necesario para ejecutar estas obras de ensanche.

DIARIO DE AROUSA, 17/01/10

Moción do BNG para ampliación da pista Grobas-Fenteira.

Dna. Margarita C. García Castro, Dna. Cecilia Tarela Barreiro, D. Manuel Luis Álvarez Angueira, D. Xosó Antonio Baliñas Pazos e D. Arturo Ferro González; membros da corporación e pertencentes ao BNG,

EXPO?EN:

Os núcleos de poboación de Grobas e Fenteira están unidos por un vial que os comunica entre sí. No obstante, este vial é de apenas 3,5 metros de ancho e ao longo do mesmo forma importantes estreitamentos contando, ademáis, con tres ou catro curvas moi pechadas en Fenteira. Estas características fan que na actualidade a pista só sexa apta para a circulación e tránsito de automóbiles pequenos e tractores, pero non podendo circular por ela nin camións nin autobuses.
Así os veciños de Grobas e Fenteira se atopan con situacións de deficiencias en servizos básicos que se deben corrixir.
O autobús escolar, tras a súa chegada escolar non pode continuar ata Fenteira polo estreitamento do vial e ten que dar a volta e retomar a estrada autonómica Pontecesures-Baloira, non podendo pois acceder directamente como sería o lóxico e desexable.
Esta misma circunstancia se da para o acceso de camións, para construccións ou para abastecementos en xeral, servizo de butano, bombeiros, etc…, non podendo chegar a Fenteira dende Grobas nin a Grobas dende Fenteira. Tamén xurden dificultades se se quere ofertar debidamente o servizo de recollida de lixo.
Ao noso entender, a mellora deste vial é importante e necesaria para ofertar unha maior calidade de vida e un mellor desenvolvemento socioeconómico dos veciños e veciñas destes núcleos de poboación do Concello de Pontecesures, polo que o concello debe establecer convenios coa administración autonómica (Consellería do Medio Rural) para que a través do PIM e/ou do PIR se acometa o ancheamento desta pista.

Por todo o exposto, solicitamos do Pleno da Corporación o seguinte acordo:
Que se destinen os fondos do PEIM 2010 e/ou do PIR 2010, complementándooos, se fose necesarios, con fondos propios, para o ancheamento do vial que une Grobas con Fenteira.

Pontecesures, a 15 de xaneiro de 2010

Contestación aos socialistas cesureños sobre as obras do Plan E.

Adiantando que o goberno local non inaugurou obra algunha, quero puntualizar o seguinte:

1. Con satisfacción recibimos as impresións practicamente unánimes de veciños que consideran que a obra realizada na Plazuela quedou realmente ben e que era moi necesaria polo estado de deterioro que presentaba.
2. Penso que o novo alumeado público da Plazuela, por certo colocado en función do convenio Deputación de Pontevedra-Concello de Pontecesures e non polo plan E, é suficiente. En breve será substituída a farola danada por maquinaria da adxudicataria ao realizar a obra.
3. Tamén en breve será colocada a caixa co cadro eléctrico na Plazuela. Quedou soterrrado o cable e agora, nunha actuación allea a obra do plan E, un instalador eléctrico colocará o novo cadro con todas as garantías.
4. Colocáronse xa as catro novas papeleiras. As xardiñeiras, tres, serán colocados en canto estean pintadas polos obreiros municipais nos lugares onde estaban. Por certo, tamén vaise recuperar na zona a fonte de San Lázaro (pasouse unha tubaría soterrada pola Plazuela) e vanse colocar xardiñeiras novas no adro da Igrexa que está enriba da praza.
5. ? certo que está a presentar problemas o rebaixe para o paso de peóns e houbo algunha que outra caída por despistes. Imos ver cos técnicos cal é a solución a adoptar.
6. En canto as outras obras do Plan E, temos que dicir, que nos vindeiros días serán retiradas as casetas de obra das beirarrúa da rúa San Lois, e que en canto veña bo tempo será botado o asfalto nas gabias onde está colocado formigón. Tamén dicimos que nas rúas Portarraxoi, San Lois, Sagasta e Victor García, quedan o triple de sumideiros dos que tiña antes, aínda que pode facerse algún máis de seren necesario.
7. Sobre as necesidades que expoñen os socialistas hai que dicir que practicamente nos relatan o relación de lugares do municipio sen máis concreción. Naturalmente todas as obras son necesarias e o concello xa ten previsto varias no plan da Deputación e noutros plans (na Fontaiña, nas rúas Patifas, San Lois, Otero Acevedo, Novo Núñez, Carlos Maside, na Toxa, en San Xulián, en Infesta, en Grobas, en Carreiras, etc..) como foi anunciado oportunamente.
8. Por último, hai que dicir que este goberno fixo notables investimentos en materia de saneamentos. En concreto a zona do Telleiro foi moi mellorada conducindo, no posible, as augas a unha depuradora que por fin funciona. Agora ben quedan deficiencias: as augas fecais veñen en moitos casos mesturadas coas pluviais e precísase un saneamento integral para liberar os regatos que temos das augas fecais que verten neles dende hai tantos anos. E neste tema esperemos que Augas de Galicia acometa estas actuacións para o estricto cumprimento da Lei de calidade das augas das rías galegas.

Pontecesures, 2 de xaneiro de 2010

Luis Ángel Sabariz Rolán
Concelleiro de relacións institucionais