Recordase que o prazo para inscrición neste obradoiro remata este venres 30 de novembro ás 14.00 horas.
Obradoiro interxeneracional: “RISOS EN FAMILIA: OBRADOIRO DE RISA E MOVEMENTO”. Neste obradoiro as familias realizarán actividades con dinámicas e exercicios de risoterapia. Con este obradoiro peséguese mellorar o estado xeral dos asistentes, mellorando o seu estado de ánimo e favorecendo as súas condicións físicas.
O obradoiro desenvolverase nos meses de decembro e xaneiro, cunha duración total de 16 horas. As datas e horarios das sesións serán os seguintes: Dende o 26 ata o 28 de decembro, e do 3 ata o 4 de xaneiro de 11.00 a 14.00 horas, no CENTRO SOCIAL DE PONTECESURES (mércores 26, xoves 27, venres 28, xoves 3 e venres 4 -de 10.00 a 14.00 horas-).
As prazas son limitadas (máximo de 30) polo que se atenderá á orde de presentación das inscricións no Rexistro Xeral do Concello de Pontecesures.
Persoas beneficiarias e requisitos: |
O obradoiro ten como destinatarias as familias de Pontecesures.
No programa poden participar persoas de 6 ata 99 anos, terán preferencia aquelas que se anoten xuntas e pertenzan a diferentes xeracións (netas/os, avoas/avós, fillas/os; nais/pais…).
As nenas e nenos de entre 12 e 17 anos (ambos inclusive) que queiran acudir sós deberán achegar o consentimento da nai ou pai ou da titora ou titor.
As nenas e nenos de menos de 12 anos deberán acudir sempre acompañados dunha persoa adulta; en ningún caso poderán participar menores de 12 anos non acompañados.
Tamén poderán ser beneficiarias do programa persoas doutros concellos cando non se cubran a totalidade das prazas ofertadas, sempre que presenten a correspondente solicitude no Rexistro do concello.
Documentación: |
Coa solicitude deberá achegarse a seguinte documentación:
— Fotocopia do DNI (das persoas participantes que se recollan na solicitude)
— Autorización/Compromiso de responsabilidade (só necesario para as e os menores de 12 a 17 anos que acudan sós aos obradoiros).
— Volante de empadroamento.
No caso de querer participar en diferentes concellos, deberase cubrir unha solicitude para cada un e achegar, en cada caso, a documentación correspondente, nos prazos de inscrición de cada concello.
Prazo de inscrición: Dende o 1 ata 30 de novembro de 2018 incluído |
Para máis información e presentación de solicitudes poden dirixirse á OMIX (Oficina Municipal de Información Xuvenil) na web http://www.pontecesures.org
Impreso de solicitude TECENDO LAZOS 2018 Autorización menores 12 a 17 anos TECENDO LAZOS 2018 |