Dous dos principais recursos turísticos de Valga, o Museo da Historia e o Belén Artesanal, son os protagonistas dunha iniciativa de carácter benéfico impulsada pola axencia Compos Tours e coa colaboración do Concello para recadar fondos para a investigación do cancro infantil. A actividade terá lugar o vindeiro domingo, e consiste en visitas guiadas a estes dous enclaves de interese turístico. O punto de encontro será o Museo da Historia, no que os asistentes poderán adentrarse durante aproximadamente hora e media para coñecer o patrimonio da vila. A continuación, os participantes trasladaranse ao Belén Artesanal, unha composición declarada de Interese Turístico de Galicia.
As aportacións de quen se sume a esta actividade serán voluntarias e destinaranse a investigación co cancro infantil a través do colectivo Nico.
La Voz de Galicia