Xa é coñecida a crítica desta agrupación porque a gardería municipal leva pechada dende o 1 de agosto pola nefasta xestión do goberno local ao demorarse a nova adxudicación do servizo á empresa adxudicataria logo de rematar as tarefas a empresa anterior. Había uns 17 nenos/as que ían a acudir en agosto á escola infantil e os seus pais con decepción tiveron que atoparr unha solución de emerxencia para coidar aos seus fillos xa que o anuncio do peche por parte do concello foi só dous días antes de producirse (o 30 de xullo). Houbo numerosas queixas porque se isto é o que fai o goberno para conciliar a vida laboral e familliar como continuamente anuncia, apaga e ímonos.
Pero é que o día 1 de agosto, a concelleira Cecilia Tarela manifestou, con motivo da entrega das chaves da gardería por parte da antiga empresa, que a escola ía abrir o 19 de agosto, pero con sorpresa desagradable para todos isto non vai ser así, porque dende o concello se está a chamar aos pais para dicirlle que a apertura será o 26 de agosto no mellor dos casos. Agora non son cuestións burocráticas como dícia o noso goberno, agora é, ao parecer, que hai humidades no edificio que afectan ás paredes é que hai que corrixir.
A indignación de varios pais/nais vai en aumento, e ninguén entende porque nestes días de agosto estivo o edificio pechado e sen actividade e descobran agora o problema das humidades.
A ACP considera lamentable todo o que está a suceder neste tema da escola infantil e así manifesta:
1. Que non sabemos a que ven este obscurantismo na xestión e porque non se lle explica á oposición o que está a suceder. Só somos convocados para actos protocolarios sen máis.
2. Que demandamos información do que está a suceder coa subrogación dos contratos das traballadoras que pasan da antiga empresa á nova con todos os dereitos e quen vai abonar ás traballadoras a nómina de agosto coa gardería pechada.
En fin; que estamos cun goberno totalmente inoperante cun alcalde practicamente invisible, cun concelleiro de educación e servicios sociais desaparecido nesta tema da escola infantil, e coa concelleira Cecilia Tarela que non é quen de solucionar este lío no que meteu ao concello.
Entre reunións de traballadoras e sindicatos na Casa do Concello, entre recursos de empresas presentados nas oficinas municipais e entre informes e consellos das asesorias pasamos este mes de agosto e mentres tanto a gardería continua pechada. Dos nenos e dos seus pais parece que ninguén se lembra. E son os grandes prexudicados.
Pontecesures, 14/08/08
Luis Ángel Sabariz Rolán
Concelleiro da ACP Pontecesures