Denunciou por escrito no concello hai días a voceira do BNG de Pontecesures, Cecilia Tarela, una serie actuacións no lugar e dixo no pleno ordinario do luns pasado que a contestación do alcalde fora vergoñenta e que como é posible que un sábado pola noite a escuras uns particulares, instalando focos pola súa conta, realizasen movementos de terras na zona, ocupasen un terreo municipal e trasladasen tres postes de Unión Fenosa sen que o alcalde sobera nada. Siguiu dicindo que non houbo nos traballos nin persoal da compañía eléctrica nin do concello. Criticou estas actuacións irregulares sen permiso algún e preguntouse que ía pasar co terreo municipal ocupado.
Sin Categoria
Roubo nunha vivenda da rúa Ullán.
A semana pasada na rúa Ullán nº 52 (xa na parte alta de Infesta), sobre o mediodía, unha muller con acento extranxeiro entrou, a través do cuberto, nunha vivenda e levouse xoias e cartos a pesar da presenza de persoas moi maiores no inmoble. Tentou despois a mesma persoa entrar na vivenda colindante pero cando estaba no patio a titular preguntoulle que facía alí, respostando a muller que estaba a pedir para manter tres fillos. Deste xeito marchouse e ao parecer entrou nun vehículo no que alguén a estaba esperando. Foi presentada a denuncia diante da Garda Civil de Valga que instrúe dilixencias.
Hai que ter moitas precaucións para evitar este tipo de accións que parece que están a repetirse noutras zonas do municipio.
Sin Categoria
Morreu María del Carmen Portas Cascallar.
Aos 80 anos de idade morreu esta veciña de Infesta, viúva de José Carril Santiago. O velorio está instalado no Tanatorio Iria Flavia de Padrón. Mañá 3 de xaneiro, ás 12 horas, terá lugar a misa funeral na Igrexa de Pontecesures. De seguido os restos mortais recibirán sepultura no Cemiterio Parroquial de San Xulián.
Descanse en paz.
Sin Categoria
PREMIOS DO I CONCURSO DE DECORACI?N NADAL EN PONTECESURES.
O pasado venres día 15 de decembro o xurado do ??I Concurso de decoración NADAL EN PONTECESURES? visitou os distintos establecementos e asociacións participantes nesta primeira edición.
O xurado estivo composto por tres membros con coñecementos en distintas áreas como deseño gráfico, decoración, escaparatismo, etc. os cales desenvolven a súa actividade nos concellos de Ames, Santiago e Teo.
O xurado estivo composto por:
- Xan Carlos Portos.- Empresario da industria do deseño gráfico e impresión no municipio de Teo.
- Beatriz Barbeito.- Responsable de organización de eventos no municipio de Ames.
- Patricia Maquieira.- Formadora en Visual Merchandiser, escaparatismo e paquetería creativano municipio de Santiago de Compostela.
Os gañadores do ??I Concurso de decoración NADAL EN PONTECESURES? proclamados por este xurado son os seguintes:
Asociacións e particulares
1º premio: GEDA ?? PRAZA DOS VALEIROS
2º premio: JOS? MANUEL MOREIRAS EITOR (VECI?OS DE CARREIRAS) ?? PARQUE DE CARREIRAS
3º premio: ASOCIACI?N CULTURAL SANTA LUCÍA DE INFESTA ?? R?A ULLÁN.
Establecementos comerciais
1º premio: VICENTE IGLESIAS LLA?EZA ?? ESTANCO
2º premio: MARIAN RANZ FROIS ?? ELECTRODOM?STICOS FROIS
3º premio: RITA MARÍA LAFUENTE LEST?N ?? BELBELLITA
O xurado valorou positivamente a calidade dos traballos presentados e louvou o ambiente de cooperación entre os veciños, propio do tempo de Nadal.
Sin Categoria
Festa de Santa Lucía 2017 en Infesta-Pontecesures.
Será o sábado 16 de decembro co seguinte programa:
-Pola mañá gran disparo de foguetes anunciando a festa.
-De seguido pasarrúas a cargo da banda Unión Musical de Meaño acompañada dos cabezudos.
-Ás 12:30 horas, Misa Solemne cantada pola Coral Polifonica Pontecesures.
-Ao remate Poxa de Ramos no campo da festa e concerto da banda de música.
-Ás 16:39 horas, gran festa infantil con colchonetas, inchables, touro mecánico, etc..
-Pola noite gran verbena coas orquestras NEW YORK e UNI?N Y FUERZA.
-De madrugada servirase chocolate e rosca de balde para todos.
A novena comezou onte, 8 de decembro. ás 19:30 na Igrexa de Pontecesures.
A Comisión de Festas quere agradecer a colaboración das casas comerciais, veciños, Deputación de Pontevedra e Concello de Pontecesures.