Na xornada de mañán –xoves 12 de novembro– (en horario de tarde) procederáse a un corte na rede de subministro de auga, debido a obras de mantemento.
Este corte afectará as rúas:
– Rúa Ullán
(dende a intersección coa Rúa San Lois ata o Camiño de Infesta).
– Rúa Infesta (ata o Pino Manso).
O tempo aproximado do corte no subministro de auga será dende as 16.00 ás 20.00 horas. Recoméndase a tódolos veciños que fagan acopio de auga para dispoñer da mesma no devandito horario.
Sair na prensa falando dunha obra (Infesta-O Castro) como si estivese rematada, facendo fincapé nas melloras que supoñen para os peóns en canto a movilidade e aparcamento, cando os usuarios do CPI Pontecesures, en plena vaga de contaxios mor da COVID-19, teñen que amorearse á porta do centro por falta de espazo, é dunha desfachatez tremenda. Nin sitio para aparcar nin espazo para os peóns; os usuarios do CPI vense obrigados a agardar no pequeno espazo que queda despois de iniciar, fai quince días, unha intervención no Pino Manso.
No pleno do pasado 28 de setembro, ás preguntas do BNG sobre o reparto de mascarillas almacenadas no Concello, o alcalde respondeu que 400 delas serían entregadas ós alumnos do CPI Pontecesures en breve, feito que a día de hoxe segue sen producirse.
A concelleira de Cultura e o alcalde de Pontecesures (esquerda) xunto aos deputados de Cooperación e Infraestruturas.
O Camiño de Santiago ao seu paso polo centro urbano de Pontecesures transformouse nun espazo seguro grazas ás obras financiadas pola Deputación de Pontevedra nas rúas do Castro e da Infesta, actuación enmarcada dentro do plan provincial DepoRemse. Os traballos foron adxudicados por 187.968 euros e onte foron visitados polos deputados de Cooperación e Infraestruturas, Santos Héctor e Gregorio Agís, acompañados do alcalde, Juan Manuel Vidal, así como da concelleira de Cultura, o de Obras e o arquitecto municipal.
Ambas rúas, de case 1,5 quilómetros, forman parte do trazado do Camiño ao paso pola vila do Ullán e “presentan unha forte densidade de poboación”, sinalan dende o ente provincial. Ademais dos seus valores patrimoniais e urbanísticos, acollen importantes dotacións públicas, como no caso da rúa Infesta, onde se sitúa o pavillón municipal de deportes e o colexio público de Pontecesures, onde están matriculados 360 escolares. Trátase dunha actuación que tanto Santos Héctor como Agís cualificaron de “completamente satisfactoria, que cumpre cos obxectivos marcados, contendo o tráfico, protexendo ao peón e resaltando o patrimonio do Camiño de Santiago”.
Os deputados felicitaron ao Concello por ter elaborado este proxecto e polo resultado final e manifestaron o orgullo da Deputación por colaborar “nas transformacións urbanas a escala humana, como é esta, iniciativas que encaixan nun modelo que apoiamos e defendemos”. O alcalde, Juan Manuel Vidal, suliñou que é de agradecer o papel que está a xogar a Deputación, “por cumprir tan ben o labor de apoio aos concellos pequenos, facendo posibles obras que doutro xeito serían inviables”, explicou.
A reforma das rúas do Castro e da Infesta deseña un ámbito de prioridade peonil cun pavimento continuo de formigón coloreado con bandas de granito. Os camiños contan agora con sinalización axeitada, regulando adecuadamente tanto a circulación rodada como o aparcamento. Ademais, a actuación serviu para renovar todos os servizos de saneamento, abastecemento e pluviais e creou unha canalización de reserva para futuros servizos.
A contorna tamén quedou dotada de bancos, árbores e xardineiras. Con esta actuación, apuntan dende a Deputación, quedaron solucionados os problemas que existían nas dúas rúas, derivados da sección irregular, delimitada polas vivendas e a discontinuidade no deseño dos pavimentos.
FELIZ ANIVERSARIO DO CONCELLO DE PONTECESURES! que o día 9 de outubro cumpriu 95 anos, despois de separarse do concello irmán de Valga….Imaxe do ano 1991,realizada por Moncho Sabin,dende o monte de Lestrove….San Lois de Cesures,Portarraxoi,O Muelle,Infesta,O Castro,Condide,Carreiras,O Couto, A Toxa, A Paxareira, O Rial,Redondo,Porto de Arriba,Porto de Abaixo,A Calera….Arquivo Fundación Barrié.
Motivado pola obra “Mellora da mobilidade e a Seguranza Viaria nas Rúas do Castro e Infesta” dende esta semana a Rúa do Castro (dende os Colexios ata a Rúa do Pilar en San Xulián) permanecerá pechada á circulación de vehículos ata o remate das devanditas obras. Desculpen as molestias
Na xornada de hoxe pola tarde luns -3 de agosto–procederáse a un corte na rede de subministro de auga, debido a obras que se están a executar no Camiño de Santiago.
Este corte afectará a rúa:
Infesta.
O tempo aproximado do corte no subministro de auga será dende as 15.00 ás 19.00 horas. Recoméndase a tódolos veciños que fagan acopio de auga para dispoñer da mesma no devandito horario.